Esta Caza do Tesouro está ideada para alumnos e alumnas de 4º da ESO e Bacharelato nas áreas de Relixión, Ciencias Sociais e Educación Plástica e Visual.
Nela estudamos o termo latino de "Vanitas" e un percorrido polas artes.
MiniQuest ideada para alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO nas áreas de Relixión e Ciencias Sociais.
Nela trabállase a figura de Pablo de Tarso: a súa biografía, as Cartas Paulinas,...
Esta WebQuest está ideada para alumnas e alumnos de 4º da ESO e Bacharelato nas áreas de Relixión, Ciencias Sociais e Educación Plástica e Visual.
Coa webquest intentamos respostar á pregunta: "Que papel xoga a igrexa de Santa María de Cambre na arte románica?".
Sitio web onde atopar información sobre a celebración do Nadal como un feito social e cultural. Contén información sobre esta celebración en Galicia e noutros lugares do mundo, e incluso información sobre outras celebracións que coinciden no tempo co Nadal pero que pertencen a outras culturas.