Este proxecto xurde como consecuencia da concesión pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade a tres dos camiños de Santiago que atravesan Galicia: o Francés, o do Norte e o Camiño Primitivo. O seu obxectivo fundamental é dar a coñecer a importancia destes bens patrimoniais, así como conciencialo da necesidade da súa intervención activa para a conservación e protección do patrimonio.