Abalar: Como habilitar as contas de alumnado para acceso á WIFI Educativa
A) Activación da conta
Para activar a túa conta segue estes pasos:
1. Entra na páxina web www.edu.xunta.es/contausuario
2. Preme en Conta e logo en Activar.
3. Selecciona a opción A wifi do centro e preme en Continuar.
4. Copia o usuario e o PIN da túa etiqueta tal e como indican as frechas da seguinte captura de pantalla e preme en Continuar.
5. Escribe o contrasinal, tendo en conta as seguintes normas:
- O contrasinal debe ter polo menos 6 letras.
- NON podes poñer o teu nome, nin os teus apelidos e tampouco o nome da conta que vas crear.
Tes que escribila dúas veces. Unha vez na CAIXA 1 e outra vez na CAIXA 2:
Preme en Continuar.
6. E para terminar preme en Confirmar e a túa conta xa estará creada!
De xeito xeral, esta conta estará operativa ao longo do curso escolar.
Importante: debes lembrar o contrasinal que puxeches. En caso de esquecelo deberás acceder a Contausuario empregando a túa conta de usuario e o PIN (os pasos están explicados no punto D).
B) Configuración do dispositivo
Cada dispositivo ten uns menús específicos de configuración da WiFi, polo que en caso de dúbidas é recomendable acudir á información do fabricante. Para poder empregar a WiFi do centro deberás empregar estes datos:
- Nome da rede: edu.xunta.es
- Nome de usuario: alXXXXXX (é dicir, o teu nome de conta específico, por exemplo al125003)
- Contrasinal: O que escribiches en Contausuario
Conexión á rede Wifi edu.xunta.es
C) Normas de uso da WiFi
- O acceso á WiFi ten unha finalidade pedagóxica e educativa. Tes que empregalo con responsabilidade.
- Non compartas o teu contrasinal con ninguén. É individual.
- Procura non empregar indiscriminadamente servizos que consuman moito ancho de banda (streaming, YouTube, etc). Se o fas estarás reducindo o ancho de banda para o resto de usuarios.
- Non empregues a conexión para calquera uso non autorizado ou ilegal, hacking, etc.
D) Cambiar o contrasinal da conta
Necesitas o nome da conta e o PIN. Se non te acordas cal é o PIN, debes solicitar no teu centro que cho volvan entregar.
Para cambiar o contrasinal segue estes pasos:
1. Entra na páxina web www.edu.xunta.es/contausuario
2. Preme en Contrasinal e logo en Modificar.
3. Introduce os datos:
1. Nome da conta
2. PIN
3. Na caixa 1 introduce o contrasinal unha vez
4. Na caixa 2 volve a introducir de novo o contrasinal
Preme en Continuar e o teu contrasinal xa estará cambiado.