Data:
Desde sábado, 13 de xaneiro de 2018 ata sábado, 27 de xaneiro de 2018
Lugar:
Vigo (Pontevedra)

Anllar, Asociación Galega de Promoción da Formación Permanente, organiza en Vigo as XIV Xornadas "Disciplina positiva" destinadas a docentes de educación infantil, primaria e secundaria. A través de conferencias e obradoiros preténdese acadar os seguintes obxectivos:
- Coñecer a disciplina positiva.
- Adquirir estratexias e técnicas de disciplina positiva.
- Coñecer os principios de mindfulness e a súa aplicación na aula.
As datas de celebración serán os días 13, 20 e 27 de xaneiro de 2018. A actividade está homologada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con 15 horas de formación.
Arquivos adxuntos: