
O programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía-Ministerio de Economía e Competitividade, recibe a Sir Anthony James Legget, galardoado co Premio Nobel de Física 2003 polas súas "contribucións pioneiras á teoría dos supercondutores e superfluídos".
En 1972, o Profesor Leggett proporcionou o marco teórico para a comprensión do fenómeno da superfluidez no Helio-3, un dos dous sistemas superfluídos coñecidos ata o momento.
Ademais desta contribución fundamental, a actividade do profesor Leggett abrangueu un rango particularmente amplo de temáticas da física da materia condensada. Conta ademais cunha notable formación humanística e interesouse profundamente por aspectos dos fundamentos das teorías físicas, tales como a completitude da mecánica cuántica na súa formulación actual.
O título da conferencia é "Por que non pode ir o tempo cara atrás?" e terá lugar no Auditorio de Novagalicia Banco (Rúa Preguntoiro, 23) o xoves 7 de marzo ás 20:00 h. A entrada será libre, con tradución simultánea.
Accede AQUÍ [1] á web do Programa