Olimpíada Matemática Galega
A Olimpíada Matemática Galega é unha competición entre estudiantes de Galicia que ten como obxectivo fundamental estimular o estudo das matemáticas e desenvolver o gusto pola resolución de problemas.
Este concurso constitúe a Fase Autonómica Galega da Olimpiada Matemática Española que convoca anualmente a Real Sociedad Matemática Española.
As probas, organizadas pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, celebraranse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, o día 21 de xaneiro de 2022, ás 16:00h, e nelas seleccionaranse ata 3 estudiantes que representarán a Galicia na Fase Nacional.
Esta primeira fase consistirá nunha única sesión de resolución de problemas de Matemáticas, que non requiren uns coñecementos especiais desta materia, senón que buscan a capacidade de raciocinio e a orixinalidade e creatividade do pensamento.
Pode participar na olimpíada calquera estudante de Bacharelato que curse os seus estudios nun centro galego; excepcionalmente poderán participar estudantes da última etapa da ESO que acrediten especiais aptitudes, así como integrantes do proxecto EsTalMat-Galicia.