VI Xornada de Onomástica Galega

Data: 
sábado, 16 de outubro de 2021
Lugar: 
Pontevedra

A VI Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes dos lugares no Camiño de Santiago.

O encontro, coorganizado pola Real Academia Galega, a Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, achegará diversas contribucións arredor da toponimia do primeiro Itinerario Cultural Europeo cadrando coa celebración do Ano Santo Compostelán. 

As persoas interesadas en participar presencialmente poden inscribirse na xornada a través do correo electrónico publicacions@academia.gal.

As sesións emitiranse en directo a través de academia.gal.

Data: 16 de outubro de 2021

Lugar: Edificio Castelao do museo provincial de Pontevedra

PROGRAMA

Máis información