Esperando ao amencer
Título: Esperando ao amencer
Autor/a: Fabiola Anchorena
Editorial: Kalandraka
Ano: 2022
Páxinas: 40
Contido:
O sol, a lúa e a chuvia levan semanas sen deixarse ver pola selva e todo está envolto nunha longa noite. Os animais do bosque amazónico emprenden unha viaxe para descubrir por que non amence. O texto poético e o emotivo tratamento da cor en “Esperando o amencer” son as ferramentas das que se serve Fabiola Anchorena para desenvolver esta necesaria chamada de atención ante a explotación e destrución que a Amazonia sofre desde hai décadas. Un álbum que tamén nos invita a reflexionar sobre os incendios forestais, un fenómeno que se acelerou nos últimos anos polos efectos do cambio climático e que desgraciadamente se converte en noticia cada verán.