Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Levarase a acabo unha avaliación continua do plan cada trimestre do curso 2025-2026 onde se irá comprobando que as accións e os procesos propostos estanse a realizar nas datas marcadas previamente e no caso de non ser así será preciso realizar variacións que permitan que as propostas de mellora se materialicen.
No mes de Setembro faise o traslado de datos do PD 24/25 ao 25/26 e péchase para a súa revisión.
No mes de Novembro concertanse citas para os días 28 de Novembro e 5 de Decembro para realizar dúas formación dirixidas ao alumnado relacionadas coa ciberseguridade impartidas por Cibervoluntarios.
Os docentes melloran e actualizan as súas competencias dixitais realizando diversas formacións.
O 25 de Novembro de 2025 concertase cita para realizar o curso de Ciberseguridade, acoso e ciberacoso do plan director para o vindeiro 15 de Xaneiro.
Reunión co equipo de dinamización do plan dixital do Centro na última semana de clases do mes de Decembro.
O 19 de Decembro de 2025 actualizouse o inventario TIC do Centro e reuniuse o Claustro de profesores acordando non facer unha previsión de adquisión de equipamento dixital, xa que non saiu publicada ningunha subvención para tal fin e os docentes consideraron que non é preciso facer compra algunha de xeito inminente. De tódolos xeitos o Centro incorporou ao seu inventario un portátil.
Os docentes melloran e actualizan as súas competencias dixitais realizando diversas formacións.
O 15 de Xaneiro de 2026 todo o alumnado realiza o curso de Ciberseguridade, acoso e ciberacoso do plan director.
O 24 de Marzo de 2026 as coordinadoras das probas de Competencia dixital do alumnado reciben unha formación online para aclarar dúbidas con respecto á proba que o noso alumnado dos Ciclos Formativos de Graos Medios van realizar.
Sete alumnos foron inscritos para realizar a proba de certificación de competencias dixitais dos Ciclos Formativos de Grao Medio, pero só 5 están convocados para realizala o 14 de Abril, xa que os outros dous inscritos están realizando a formación en empresa fóra de España.
O 14 de Abril estaban inscritos 7 alumnos/as na proba de certificación de competencias dixitais dos Ciclos Formativos de Grao Medio, soamente puideron realizar a proba 5 alumnos xa que os outros dous inscritos estaban realizando a formación en empresa fóra de España. Obtiveron a acreditacion de Competencias dixitais de nivel intermedio 4 alumnos/as dos 5 que se presentaron.
O 25 de Xuño realizaron a proba de certificación de competencias dixitais dos Ciclos Formativos de Grao Medio os dous alumnos que faltaban, obtendo a certificación un deles.
O 26 de Xuño a coordinadora do Plan dixital do Centro presenta á comunidade educativa os resultados acadados no ano académico 2025-2026. Emprazando aos presentes ao mes de Setembro para aprobar o Plan dixital do Centro educativo para o curso 2026-2027
Avaliación
Ao finalizar o curso escolar farase unha avaliación final onde se poderá comprobar que os obxectivos foron acadados e no caso de non ser así tratarase de buscar unha nova solución para seguir acadando máis logros a nivel dixital nos seguintes cursos. Para facer esta avaliación analizaranse os resultados obtidos no seguimento dos Obxectivos plantexados o que nos permitirá tamén verificar se houbo avances no caso das propias competencias dixitais do profesorado sempre e cando sexa a cualificación superior á obtida con anterioridade, valorarase tanto a nivel xeral do centro como individual.
Para valorar este documento vamos analizar os resultados obtidos no seguimento dos Obxectivos plantexados.
En relación ao obxectivo O01PD Conseguir mellor calidade de conexión a internet indicar que continuamos a ter o obxectivo pendente, xa que as institucións non realizaron as obras pertinentes para poder acadalo.
Con respecto ao obxectivo O02PD Seguir mellorando o nivel de competencias dixitais do profesorado relacionadas cos módulos de cada Ciclo Formativo non foi acadado, xa que só 46,15% do profesorado participou en formacións dixitais, debido a que algúns docentes cambiaron de Centro Educativo, algún estivo de baixa e varios docentes solicitaron diferentes cursos pero non foron aceptados e quedaron sempre en reserva.
En relación ao obxectivo O03PD Fomentar o comportamento seguro e respectuoso do alumnado en internet temos que salientar que o 76% do noso alumnado participou na formación ofrecida polo Centro educativo.
O obxectivo O04PD Continuar mellorando o nivel de competencias dixitais do alumnado foi tamén acadado xa que o 80% dos estudantes empregaron os foros para consultar ou resolver dúbidas na aula virtual do módulo de IPE I e tamén foi utilizada en outros módulos tales como IPE II, Dixitalización aplicada ao sector productivo, Inglés profesional, Habilidades comunicativas en lingua extranxeira...
Con respecto ao obxectivo O05PD Modernización os dispositivos dixitais para o aprendizaxe, indicar que o Centro educativo fixo un esforzo para adquirir novos equipamentos (11/13), xa que dende a Administración non se convocou ningunha axuda ou subvención para este fin á que puidera acceder o noso Centro.
O obxectivo 1: Conseguir mellor calidade de conexión a internet propónse para o vindeiro curso xa que neste non fomos quen de acadalo.
O obxectivo 2: Seguir mellorando o nivel de competencias dixitais do profesorado relacionadas cos módulos de cada Ciclo Formativo propónse para o vindeiro curso xa que neste non foi acadado, debido a que houbo varios docentes que cambiaron de Centro Educativo, tamén houbo algunha baixa médica e outros docentes solicitaron varios cursos ao longo do curso en non foron admitidos, quedando sempre en resersva.
Comunicación e difusión
Ao comezo do curso o plan dixital do Centro será prensentado á comunidade educativa e será aprobado polo claustro e o consello escolar.
Este plan estará a disposición de toda a comunidade educativa na páxina EduCalidade e na web do Centro (https://fundacionbelarminofernandez.com/formacion/#PlanDigital)