Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento do plan farase a través da análise trimestral de cada acción prevista para a consecución de cada obxectivo proposto. Cada obxectivo xa conta cuns indicadores específicos que axudarán a determinar se este foi acadado ou se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. Este consistirá en realizar unha valoración da acción e a declaración do estado da mesma. Os indicadores de avaliación do plan anualmente serán:
-
Eficacia ou utilidade do plan nos distintos ámbitos.
-
Estrutura organizativa para a elaboración e implementación do plan.
Ao remate do primeiro trimestre o estado de cada un dos obxectivos propostos é o seguinte:
- O01PD Potenciar a difusión das diferentes oportunidades que presenta a FP a través das redes sociais do centro: Este obxectivo está parcialmente acadado. Até o último día lectivo do primeiro trimestre realizáronse un total de 28 publicacións nas contas de Facebook e Instagram do centro empregando a etiqueta #FPGalicia.Neste primeiro trimestre mantívose unha publicación periódica e continuada de contidos en ambas redes sociais, difundindo información relevante sobre a oferta formativa, actividades complementarias, proxectos de innovación e experiencias do alumnado, o que contribúe de maneira efectiva á visibilización da FP e das oportunidades que ofrece.
- O02PD Mellorar a capacidade dixital do centro con repercusión no alumnado mediante o uso de simuladores de realidade virtual nas aulas: Este obxectivo está acadado ao haber 44 estudantes que empregaron simuladores de realidade virtual en varios módulos. Neste trimestre usaron simuladores un total de 24 alumnas/os dos ciclos formativos da familia de Comercio e Márketing e 20 alumnos/as da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos.
- O03PD Potenciar as competencias dixitais e pedagóxicas do profesorado mediante accións formativas específicas sobre o uso de simuladores de realidade virtual: Este obxectivo está acadado, xa que 14 membros do claustro participaron en dúas accións formativas. A primeira delas “Crear, xestionar e usar contidos de realidade virtual da plataforma VIROO” (30 h) contou con 5 participantes, mentres que a segunda consistiu nun webinar de dúas horas de duración sobre “Como usar os contidos de realidade virtual da plataforma VIROO” na que se inscribiron 9 docentes. Ademais, solicitáronse e foron aprobados dous Proxectos de Formación para Profesorado de FP sobre a “Aplicación da realidade virtual na aula de comercio” de 40 horas de duración e “Incorporación da realidade virtual no mecanizado con torno e fresa”, de 50 horas, que está previsto que se leven a cabo nos vindeiros trimestres.
- O04PD Actualizar a base de datos á disposición do alumnado de provedores de formación práctica en empresas: Obxectivo non acadado. A primeira actualización da base de datos está prevista para xaneiro, polo que este obxectivo aínda non está iniciado ao remate do primeiro trimestre.
Ao remate do segundo trimestre o estado de cada un dos obxectivos propostos é o seguinte:
- O01PD Potenciar a difusión das diferentes oportunidades que presenta a FP a través das redes sociais do centro: Obxectivo parcialmente acadado. Durante este período realizáronse un total de 41 novas publicacións nas redes sociais oficiais do centro empregando a etiqueta #FPGalicia. Sumadas ás 28 do primeiro trimestre, o valor acadado ao remate deste trimestre é de 69 publicacións.
- O02PD Mellorar a capacidade dixital do centro con repercusión no alumnado mediante o uso de simuladores de realidade virtual nas aulas: Obxectivo acadado. Neste trimestre usaron simuladores un total de 43 alumnas/os dos ciclos formativos da familia de Comercio e Márketing e 10 alumnos/as da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos. Xunto aos/ás 44 do período anterior, fan un total de 97 estudantes que fixeron uso destas ferramentas.
- O03PD Potenciar as competencias dixitais e pedagóxicas do profesorado mediante accións formativas específicas sobre o uso de simuladores de realidade virtual: Obxectivo acadado. Neste trimestre comezáronse a desenvolver os dous Proxectos de Formación para o Profesorado (PFFP) previstos: "Aplicación da realidade virtual na aula de comercio" e "Incorporación da realidade virtual no mecanizado con torno e fresa", que está previsto que se rematen no vindeiro trimestre.
- O04PD Actualizar a base de datos á disposición do alumnado de provedores de formación práctica en empresas: Obxectivo parcialmente acadado. En xaneiro realizouse a primeira actualización semestral da base de datos, incorporando as empresas colaboradoras do período extraordinario de FCT (setembro-decembro).
Ao remate do terceiro trimestre o estado de cada un dos obxectivos propostos é o seguinte:
- O01PD Potenciar a difusión das diferentes oportunidades que presenta a FP a través das redes sociais do centro: Obxectivo acadado. Publicáronse 31 publicacións nas redes sociais do centro (Facebook e Instagram), que sumadas ás dos períodos anteriores fan un total de 100 durante todo o curso.
- O02PD Mellorar a capacidade dixital do centro con repercusión no alumnado mediante o uso de simuladores de realidade virtual nas aulas: Obxectivo acadado. Neste trimestre non se rexistraron novos grupos que empregasen os simuladores de realidade virtual, consolidándose o seu emprego nos que xa os usaron con anterioridade. En total, neste curso usaron simuladores de RV 97 alumnas/os dos ciclos formativos da familia de Comercio e Márketing (67 estudantes) e da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos (30 estudantes).
- O03PD Potenciar as competencias dixitais e pedagóxicas do profesorado mediante accións formativas específicas sobre o uso de simuladores de realidade virtual: Obxectivo acadado. Neste trimestre completáronse os Proxectos de Formación para o Profesorado (PFFP) iniciados no período anterior. Coa finalización destes proxectos, culmináronse un total de 4 accións formativas sobre realidade virtual e levouse a cabo o acompañamento na aula e a avaliación do impacto do uso destes simuladores nas prácticas docentes.
- O04PD Actualizar a base de datos á disposición do alumnado de provedores de formación práctica en empresas: Obxectivo acadado. Durante o 3º trimestre executouse a segunda actualización semestral prevista para a base de datos de empresas colaboradoras na formación práctica en empresas. Tras a revisión e incorporación dos novos provedores e datos actualizados, procedeuse á súa publicación na páxina web do centro, quedando á disposición de consulta para toda a comunidade educativa.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos levarase a cabo a través dunha avaliación trimestral (procesual) e unha avaliación final.
- No contexto da avaliación procesual, realizarase unha valoración unha vez por trimestre. Valorarase o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final, realizarase unha valoración unha vez ao curso. Valorarase o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
O plan desenvolvese na súa totalidade, concluíndo co logro dos catro obxectivos marcados para este curso, que foron:
- O01PD Potenciar a difusión das diferentes oportunidades que presenta a FP a través das redes sociais do centro.
- O02PD Mellorar a capacidade dixital do centro con repercusión no alumnado mediante o uso de simuladores de realidade virtual nas aulas.
- O03PD Potenciar as competencias dixitais e pedagóxicas do profesorado mediante accións formativas específicas sobre o uso de simuladores de realidade virtual.
- O04PD Actualizar a base de datos á disposición do alumnado de provedores de formación práctica en empresas.
Para o vindeiro curso, cómpre continuar coa proxección exterior da Formación Profesional optimizando as canles de comunicación dixitais e as redes sociais institucionais, impulsar a capacidade dixital do centro mediante a integración de recursos tecnolóxicos avanzados nas aulas, e canalizar novos servizos e recursos virtuais destinados a reforzar o apoio tecnolóxico e a equidade do alumnado no seu proceso de aprendizaxe; liñas de actuación que se concretarán en accións, indicadores e prazos específicos na programación e Plan Dixital do vindeiro curso académico.
Comunicación e difusión
A difusión do Plan Dixital do centro entre a comunidade educativa realizarase a través da plataforma Educalidade, de acceso público a toda a comunidade educativa.
A maiores, poderán levarse a cabo accións de comunicación / difusión a través doutras canles de uso habitual no CIFP:
-
A páxina web corporativa.
-
As redes sociais do centro.
-
Abalar Móbil