Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento do plan farase trimestralmente, en función das informacións trasladadas dende a coordinación Tics (a través das reunións coa área de calidade) e as reunións cos membros do Equipo Dixital.
O seguimento do Plan Dixital realizarase a través dos obxectivos, das accións dentro de cada obxectivo e engadindo revisións se fose preciso. A maiores, cada trimestre realizaremos unha valoración sobre o grao de cumprimento das metas previstas para
ese período. Comprobarase, por tanto, ao final de cada trimestre, se foron executadas as accións planificadas, valoraranse os resultados e, de ser necesario, faranse os axustes necesarios e propostas de mellora.
Realizáronse as distintas actividades conforme ao programado
Realizáronse as distintas actividades conforme ao programado
Avaliación
Mensualmente, a coordinación tics recollerá nun informe información recadada a través da mentoría dixital e trasladarallo á coordinadora do Plan. O cumprimento dos obxectivos propostos e accións desenvolver valorarase de forma trimestral, a través da información proporcionada pola coordinación tics, a coordinación de formación, así como outra que poida dispor a Xefatura da Área de Calidade.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital difúndese mediante a súa exposición no Claustro e é público para consulta no aplicativo Educalidade, Aula virtual e páxina web.
Ademais, o equipo de dinamización informará puntualmente ao claustro das accións que se vaian realizando.