Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
A avaliación farase en diferentes momentos ao longo do curso:
- Avaliación procesual: Cada trimestre farase avaliación por parte do Claustro, para valorar o estado das accións previstas para dito trimestre, na que se decidirán as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora, de ser o caso.
- Avaliación final: A finais de curso, para incluír na memoria e poder definir os obxectivos e accións do seguinte Plan Dixital, realizaremos unha avaliación recollendo a valoración das distintas accións previstas así como o seu estado.
En canto ao obxectivo "dar a coñecer información precisa sobre as licenzas e dereitos de autor", ao longo do primeiro trimestre, a Xefatura de estudos, coa colaboración de outros profesores, realiza unha labor de recopilación e clasificación de información sobre o tema.
No que respecta á creación dunha nova web do CMUS en drupal, desde a Dirección do Centro realízase a solicitude á Consellería, que contesta que ao noso Centro, ao ser non dependente, non lle corresponde o acceso a Drupal.
No tocante ao obxectivo "colaborar con algunha institución allea ao CMUS", ao comezo do curso contáctase con Radio Estrada e planifícase o contido de todas as colaboracións que se realizarán ao longo do curso, así como as datas en que se levarán a cabo. Ao longo do primeiro trimestre, realízanse con normalidade as colaboracións programadas.
Ao longo do segundo trimestre, desde a Dirección do Centro fanse novas solicitudes á Consellería, instando a que permita o acceso a Drupal para proceder á creación da páxina web do CMUS. Ata o momento, non hai contestación positiva.
Durante este trimestre continúan con normalidade as colaboracións con Radio Estrada.
Neste trimestre, solicitarase de novo á Consellería o acceso a Drupal, así como tamén ao Inspector, aproveitando a súa próxima visita ao Centro.
Durante este trimestre continúan con normalidade as colaboracións con Radio Estrada.
Avaliación
A avaliación farase en diferentes momentos ao longo do curso:
- Avaliación procesual: Cada trimestre farase avaliación por parte do Claustro, para valorar o estado das accións previstas para dito trimestre, na que se decidirán as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora, de ser o caso.
- Avaliación final: A finais de curso, para incluír na memoria e poder definir os obxectivos e accións do seguinte Plan Dixital, realizaremos unha avaliación recollendo a valoración das distintas accións previstas así como o seu estado.
Rematado o curso, compre facer unha valoración do logro dos obxectivos propostos para este curso. Dos tres obxectivos acadouse plenamente un deles, outro de maneira parcial e non foi posible acadar o terceiro por motivos alleos ao Centro.
- Obxectivo acadado: "Colaborar con algunha institución allea ao CMUS". A colaboración con Radio Estrada levouse a cabo cumplindo o plan proposto para todo o curso, contou coa total aceptación e participación do profesorado e alumnado e pódese considerar unha actuación claramente exitosa e con moitas posibilidades de continuidade en sucesivos cursos.
- Obxectivo parcialmente acadado: "Dar a coñecer información precisa sobre as licenzas e dereitos de autor". Realizouse ao comezo do curso unha primeira recopilación e clasificación da información, sen embargo finalmente non se levou a cabo o paso final que era dar a coñecela, xa que non se atopou a forma más axeitada, en parte debido á non consecución do terceiro obxectivo (a creación da nosa páxina web).
- Obxectivo non acadado: "Crear unha nova web do CMUS en drupal (webs dinámicas)". Pese a todos os intentos por parte da Dirección, a Consellería non permite ao noso Centro o acceso a Drupal.
De cara ao próximo curso, acadarase o obxectivo parcialmente realizado neste ("dar a coñecer información precisa sobre as licenzas e dereitos de autor") utilizando a aula virtual do Centro e a páxina web da que dispoñemos actualmente, se continuase sen ser posible a súa migración ao sistema de webs dinámicas da Consellería.
Comunicación e difusión
Unha vez coñecido polo Claustro e aprobado no Consello Escolar, este plan publicaráse na páxina web do centro. Comunicarase a súa publicación a toda a Comunidade Educativa a través das canles habituais.