Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Farase un control de cada un dos obxetivos e das accións programadas.
O04PD Capacitar o alumnado para que utilice as tecnoloxías dixitais de forma responsable e ética, xestionando a súa identidade dixital, a súa pegada dixital e a súa reputación dixital. (B3)
6 de novembro de 2024:INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E ÁS RR. SS.. Realizada para o alumnado de 1º e 2º ESO
15 novembro de 2024: Violentómetro e 10 formas de violencia de xénero dixital. Realizada para 3º e 4º ESO.
8 e 9 de outubro a policía deu unhas charlas sobre Resiliencia e seguridade viaria aos 4 cursos da ESO
O04PDCapacitar o alumnado para que utilice as tecnoloxías dixitais de forma responsable e ética, xestionando a súa identidade dixital, a súa pegada dixital e a súa reputación dixital. (B3)
- 21/01/2025: Charla:"Onde está e para que se usa a túa información cando vai "á nube", Impartida para 3º e 4º ESO
- 25/02/2025: 4º - Chocolate, wifi e buracos negros. - EET UVigo 1º e 2º - Como funciona a Internet? - EET e Optare Solutions.
No terceiro trimestre continuamos coas accións para conseguir os obxetivos planificados para este curso:
O01PDCoñecer a importancia de compartir contidos dixitais respectando ás normas de propiedade intelectual e os dereitos de autoría. (Profesorado).
(D3) O02PDUtilizar as tecnoloxías emerxentes de forma ética para explorar experiencias e contidos de aprendizaxe novos. (E3).
O03PDReflexionar sobre a propia práctica profesional e a colectiva en canto ao uso das tecnoloxías dixitais. (D3)
O04PDCapacitar o alumnado para que utilice as tecnoloxías dixitais de forma responsable e ética, xestionando a súa identidade dixital, a súa pegada dixital e a súa reputación dixital. (B3)
O05PDPromover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro (A2)
Avaliación
Procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:
No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoro positivamente as accións levadas a cabo durante todo o curso para conseguir os obxetivos fixados.
A valoración xeral do plan dixital foi moi positiva, fomos quen de valorar as nosas dificultades dixitales e de protección de datos, coñecer novos sistemas máis seguros para o seu uso educativo para poder continuar medrando como profesionais na rama educativa dixital. Seguimos prooprcionando información e recursos ao equipo de profesores do centro e o uso de abalar forma parte do noso día a día como medio de comunicación coas familias. As porcentaxes postas nos obxetivos foron acadadas.
Fomar durante o 1º e 2º trimestre do curso 24-25 ao profesorado para o uso da ferramenta AGUEIRO
Empregar de xeito ético e conforme a lexislación durante o curso 25-26, as tecnoloxías dixitais en canto á seguridade na rede e a protección de datos.
Seguir compartindo recursos entre o profesorado unha aula virtual creada para este fin.
Informar e formar ás familias de nova incorporación durante o curso 25-26 sobre o uso da ferramenta ABALAR PRO, é seguir apoiando as familias que xa a utilizan, resolvendo as dúbidas e os problemas que poidar xurdir.
Comunicación e difusión
Será presentado para a súa aprobación do Consello Escolar e tamén será compartido no derradeiro Claustro ordinario do curso escolar 2024-2025, facendo partícipe deste xeito á toda a comunidade educativa. A maiores o plan será avaliado cada trimestre co claustro de profesores, Consello escolar e a AFA.
https://colexioandersen.es/plan-dixital/