Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
A longo do curso escolar determinaranse reunións trimestrais, coincidindo coas sesions de avaliación, para analizar a situación dixital do centro e avaliar a consecución dos obxectivos.
No obxectivo 6, estanse a realizar as accións trimestralmente para acadar satisfactoriamente os obxectivos.
No obxectivo 7, estase a realizar unha análise das palabras relevantes do sitio web.
No obxectivo 8, enviáronse os correspondentes avisos para a realización de cursos de formación, e estanse a realizar as accións trimestralmente para acadar satisfactoriamente os obxectivos.
No obxectivo 9, non se realizou ningunha acción, quedando pendente ata o final do curso.
No obxectivo 10, estanse a empregar as ferramentas dixitais interactivas por parte do profesorado e do alumnado.
No obxectivo 6, estanse a realizar as accións trimestralmente para acadar satisfactoriamente os obxectivos.
No obxectivo 7, estase a realizar unha análise das palabras relevantes do sitio web.
No obxectivo 8, enviáronse os correspondentes avisos para a realización de cursos de formación, e estanse a realizar as accións trimestralmente para acadar satisfactoriamente os obxectivos.
No obxectivo 9, non se realizou ningunha acción, quedando pendente ata o final do curso.
No obxectivo 10, estanse a empregar as ferramentas dixitais interactivas por parte do profesorado e do alumnado.
No obxectivo 6, aumentouse lixeiramente o número de seguidores na plataforma LinkedIn e Instagram, aínda que non se completase plenamente o obxectivo proposto ao inicio do curso, polo que se propón para o vindeiro curso a creación dun calendario que defina claramente as métricas de seguimento, alcance e interacción dos usuarios nas distintas plataformas.
No obxectivo 7, este ano contouse cunha estratexia SEO mellorada e proponse para o próximo ano concertar unha auditoría gratuíta con Google para alcanzar o obxectivo proposto.
No obxectivo 8, o profesorado realizou os cursos aos que se lles permitiu o acceso por parte dos organismos públicos. Establécese para o próximo curso unha formación continua mellorada.
No obxectivo 9, planificaranse protocolos internos para ampliar os usos do correo electrónico e facilitar a comunicación do centro co resto dos axentes educativos (alumnado, familias, profesorado, empresas, institucións públicas, etc).
No obxectivo 10, obxectivo acadado, aínda que se seguen a ter en conta os novos retos que ofrecen a dixitalización, o uso da Itelixencia Artificial e a adaptación dos procedementos de traballo á sustentabilidade.
Avaliación
Ao finalizar cada trimestre ou a finalizar a temporalización de cada obxectivo reunirase o equipo de competencias dixitais para analizar o seu cumprimiento ou analizar as causas polas que non se cumpriron nos prazos previstos e así tomar as medidas oportunas para corrixilos e establecer prazos novos que nos leven á súa completa realización. Tamén servirá como guía para establecer obxectivos para o seguinte curso.
Ao mesmo tempo, determinaranse reunións trimestrais para analizar a situación dixital do centro e avaliar a consecución dos obxectivos.
Finalmente, ao rematar o curso escolar, o equipo de competencias dixitais elaborará unha memoria das actuacións realizadas e dos obxectivos cumpridos.
O equipo do Plan Dixital traballou para poder acadar os obxectivos propostos, resaltando a implicación de todo o profesorado para mellorar as competencias dixitais tanto propias coma do alumnado.
O Plan Dixital do Centro amosa un avance progresivo na integración das tecnoloxías dixitais no ensino-aprendizaxe, así como na xestión e comunicación interna e externa. Ao longo do curso, observouse unha mellora na competencia dixital do profesorado e unha maior dispoñibilidade de ferramentas tecnolóxicas para o alumnado.
Logo de reunirse o equipo don plan dixital, estas son as propostas de mellora que nos gustaría acadar no futuro:
-
Formación continua e personalizada
-
Crear itinerarios formativos adaptados aos distintos niveis de competencia dixital docente.
-
Potenciar talleres prácticos internos entre compañeiros/as (microformación docente).
-
-
Seguimento e avaliación do plan
-
Establecer indicadores claros e medibles (ex. uso de ferramentas, participación en formación, impacto no rendemento).
-
Recoller enquisas de satisfacción e necesidades dixitais do profesorado, alumnado e familias.
-
-
Integración metodolóxica real
-
Fomentar o uso de metodoloxías activas apoiadas nas TIC, como proxectos colaborativos dixitais ou retos gamificados.
-
Crear un repositorio común de boas prácticas dixitais do centro.
-
-
Implicación do alumnado e familias
-
Promover espazos de participación do alumnado no deseño de contidos dixitais ou proxectos tecnolóxicos.
-
Formar ás familias en seguridade dixital, uso das plataformas e acompañamento en liña.
-
-
Inclusión e equidade dixital
-
Garantir que todo o alumnado teña acceso aos dispositivos e conectividade, tanto no centro como fóra del.
-
-
Visibilidade e comunicación
-
Potenciar o uso coordinado de redes sociais e páxina web como escaparate do uso das TIC.
-
Comunicación e difusión
A estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do Plan Dixital no noso centro será a súa publicación na paxina web https://www.cebem.net/index.php/es/quienes-somos/plan-dixital para darlle visibilidade, así como enviar copia do mesmo ás autoridades ou institucións educativas que así o soliciten.