Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

  • IES A Xunqueira 1
  • Dirección: Rúa Alexandre Bóveda. 36005 Pontevedra
  • Teléfono: 886159721
  • ies.xunqueira.1@edu.xunta.es
  • http://www.iesxunqueira1.com
  • Etapas educativas: ESO, Bacharelato e Ciclo Formativo de Laboratorio
  • 687 alumnos/as
  • 58 profesores/as

Contextualización do Plan Dixital

  • Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro: Polas súas características xeográficas e sociais, pode incluírse na categoría de “centros de carácter periférico mixto”, é dicir, está situado nun ensanche escolar da cidade próximo ao mundo rural circundante. Na súa orixe, estaba destinado a dar abeiro ao excedente de poboación escolar de bacharelato dos últimos anos setenta e, coa súa creación, rompeuse a dicotomía tradicional representada polos institutos “masculino” e  “feminino”  da cidade. Co paso do tempo, adquiriu un carácter “rural-urbano” polas características do seu alumnado, procedente 
  • nun sesenta por cento das parroquias rurais do municipio e das áreas rurais da periferia;
  • nun trinta por cento, da área suburbana de Pontevedra
  • nun dez por cento, das áreas residenciais da cidade, que posúen un nivel socioeconómico distinto ao das áreas anteriores.

Proceso de elaboración

O proceso de elaboración do Plan Dixital do noso centro é o resultado de reunións periódicas de profesores/as de diferentes materias e implicados coas Tecnoloxías. Ditas reunións cabe destacar que se fixeron nos recreos.

Consideramos que é moi importante a pertenza a diferentes materias e a diferentes formas de pensar, porque desta forma o aporte de ideas é maior e máis enriquecedor.

Realizamos “choiva de ideas” ou brainstorming.

Analizamos os diferentes obxectivos propostos para o Plan de Accións de forma minuciosa e detallada.

En case todas as reunións de Claustro, que se fixeron neste curso escolar 2024-2025, o equipo TIC informou ao resto do profesorado das diferentes fases deste Plan Dixital.

 
 
 
 
 
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE.

Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade As competencias dixitais do alumnado son deficientes. O alumnado non aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais (H8) Alumnado Si
Debilidade O alumnado non aprende a crear contidos dixitais (H7) Alumnado Si
Debilidade O alumnado non emprega a tecnoloxía en diferentes materias (H10) Alumnado Si
Debilidade A infraestrutura dixital é obsoleta e non está actualizada (C1) Infraestruturas Si
Debilidade Carecemos de espazos físicos que faciliten o ensino con tecnoloxías dixitais (C14) Infraestruturas Non
Debilidade A asistencia técnica e insuficiente (C5) Infraestruturas Non
Debilidade Non hai dispositivos portátiles para o alumnado (C10) Infraestruturas Non
Debilidade Non existe colaboración con outros centros (B4) Organización de centro Non
Debilidade Non existe unha estratexia dixital (A1) Organización de centro Si
Debilidade Non hai unha avaliación con tecnoloxías dixitais (B1) Organización de centro Non
Debilidade Falta de tempo para explorar o ensino con tecnoloxías dixitais (A4) Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais (H8) Alumnado Non
Fortaleza O alumnado considera que o seu comportamento é seguro en Internet (H1) Alumnado Non
Fortaleza Bo acceso a Internet (C3) Infraestruturas Non
Fortaleza Existencia de Dispositivos Dixitais para o profesorado (C2) Infraestruturas Non
Fortaleza O Equipo Directivo apoia ao profesorado a explorar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais (A3) Organización de centro Non
Fortaleza Sí se empregan recursos dixitais abertos (E5) Persoal docente Non
Fortaleza Suficiente participación do profesorado no DPC (D2) Persoal docente Non
Fortaleza Suficiente busca do profesorado de recursos en Internet (E1) Persoal docente Non
Fortaleza A comunidade educativa emprega tecnoloxías dixitais (E4) Persoal docente Si
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A administración non aporta equipamento informático novo. Administración educativa Non
Ameaza Achegas económicas insuficientes que recibe o centro. Administración educativa Non
Ameaza Mal acceso do alumnado a equipos fóra do centro educativo. ANPA Non
Ameaza Inexistencia dunha lexislación que nos dote dunha infraestrutura dixital axeitada e modernizada. Lexislación Non
Oportunidade Financiamento europeo Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA dalle importancia e considera unha necesidade a renovación de equipos informáticos moi obsoletos no centro. ANPA Non
Oportunidade As nais e pais están preocupados pola formación dixital dos seus fillos e fillas. ANPA Non
Oportunidade Modificacións na lexislación Lexislación Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OPD_01 Mellorar a comunicación entre os titores, o profesorado (e o instituto) e as familias mediante o uso da ferramente Espazo Abalar.
OPD_02 Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital
OPD_03 Formar ao profesorado sobre dixitalización para mellorar a súa competencia.
OPD_04 Manter e actualizar os distintos recursos dixitais do centro.
OPD_05 Mellorar a formación dixital do alumnado.
OPD_06 Facer o inventario do Centro
Cargando os indicadores...

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a  valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
1º Trimestre

O OPD_01 estase acadando. A maioría dos titores(80%) emprega Abalar para a comunicación co profesorado e as familias.

O OPD_02 está acadado con charlas impartidas del Plan Director.

O OPD_03 está acadado. Realizáronse microformacións ó inicio do curso sobre paneis dixitais, edixgal e abalar.

O OPD_04 está parcialmente acadado. A nova páxina web do centro está en continuas revisións e actualizacións.

O OPD_05 aínda non está acadado.

O OPD_06 aínda non está acadado.

 

 

 
 
 
 
 
 
2º Trimestre

O OPD_01 está acadado.

O OPD_02 está acadado.

O OPD_03 está acadado.

O OPD_04  está acadado.

O OPD_05 acadado. O alumnado fixo varias entrevistas a escritoras e a unha directoa de cine.

O OPD_06 está parcialmente acadado. Fíxose inventario de todos os ordeadores e das pizarras dixitais.

 

 

 

3º Trimestre

Os obxectivos OPD_01, OPD_02, OPD_03, OPD_04 e OPD_ 05 están acadados. O obxectivo OPD_ 06 está parcialmente acadado, falta o inventario de Polos Creativos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a

 valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións
 das accións e as propostas de mellora.

  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar

 incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Consideramos que en xeral acadamos moitos dos obxectivos propostos no Plan Dixital

Este curso incorporouse Edixgal en 2º ESO

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital foi presentado no Claustro

Na web do instituto se pode descargar o documento do Plan Dixital: 

http://www.iesxunqueira1.com/documentos/plan_dixital.pdf

Na Aula Virtual tamén exste un curso que se denomina Banco de documentos donde o profesorado tamen pode acceder ao Plan Dixital

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesxunqueira1/aulavirtual/course/view.php?id=848

Contrasinal convidados: Xunqueira2023

 

Procederase a difundir o Plan Dixital entre o profesorado nas diferentes  reunións de Claustro que se farán ao longo do curso escolar.