Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Visitas mensuais do asesor ADIX e reunións trimestrais do grupo TiC.
O equipo de coordinación reuniuse o 15/1/2025 para ver a evolución do plan. Nesta reunión analizamos o avance dos obxectivos do plan.
Obxectivo 1: Feitas as accións unha e dúas do obxectivo.Agora o profesorado está a realizar ou á espera de facer cursos en Fprofe.
Obxectivo 2: Feitas as accións unha e dúas do obxectivo.
Obxectivo 3: Feitas as accións unha e dúas (parcialmente). Agora estamos á espera de recibir a formación.
Obxectivo 4: Feita a acción 1 do obxectivo.
O equipo de coordinación reuniuse o 9/4/2025 para ver a evolución do plan. Nesta reunión analizamos o avance dos obxectivos do plan.
Obxectivo 1: O profesorado fixo o está a facer cursos en Fprofe.
Obxectivo 2: Dámolo por rematado.
Obxectivo 3: Formación polos creativos feita. Recibímola os días 12 e 26 de marzo de 17:45 a 20:45..
Obxectivo 4: Decídese pasar directamente á acción 4 por unha cuestión de rentabilidade.
O equipo de coordinación reuniuse o 11/06/2025 para ver a evolución do plan.Nesta reunión analizamos o avance dos
obxectivos do plan.
Obxetivo 1: Como algúns profesores non terminaron ata de maio a formación, déixase as accións 4 e 5 para o curso 25-26.
Obxetivo 2: Dámolo por rematado.
Obxetivo 3: Como non se entregou todo o material dos polos creativos deixamos as accións 4 e 5 para o curso 25-26.
Obxetivo 4: Dámolo por rematado.Aínda que consideramos que este obxectivo é difícil de rematalo, porque sempre haberá que renovar equipos.
Avaliación
Co fin de estruturar e facilitar a avaliación, para cada unha das áreas consideradas proponse revisar:
- Accións realizadas
- Logros
- Áreas de mellora
- Propostas de mellora
No punto de accións realizadas propoñemos incluír as accións concretas anteriores que dalgunha maneira contribúen a lograr o obxectivo final da área avaliada. Pódese dar a situación de que algunhas accións contribúan en varias áreas e deberían citarse por tanto en todas elas.Consideramos logros os resultados obtidos coas accións realizadas e que nos acercan á situación final desexada na área que estamos avaliando.En áreas de mellora proponse incluír aqueles aspectos nos que se percibe que é preciso avanzar de maneira prioritaria para achegarnos á situación final desexada na área que estamos avaliando.Por último, no punto de propostas de mellora a proposta é incluír accións concretas que nos permitan avanzar nas áreas de mellora incluídas no punto anterior. A idea é incluír neste punto todas as accións posibles que xurdan durante a avaliación, deixando a priorización e a selección para unha etapa posterior de programación.
Unha vez reunida a comisión TIC para avaliar o plan dixital consideramos que este ano, a diferenza do curso anterior, eliximos uns obxectivos máis reais. Isto axudounos a cumprir o noso plan dixital nunha porcentaxe moi alta. A diferenza do curso pasado non cambiamos ningún obxectivo. No obxectivo 1 (acreditación competencia dixital nivel B2) non alcanzamos niveis máis altos porque non todos os profesores foron admitidos nos cursos de formación de fprofe. O obxectivo que nos quedou máis incompleto foi o obxectivo 3 (formación en polos creativos) e é debido a que non se nos administrou o material por parte da administración.A conclusión da comisión é que para o vindeiro curso hai que continuar con obxectivos fáciles de acadar, de xeito que consigamos acadar unha porcentaxe supeior ao 90% dos obxectivos programados inicialmente
Como propostas de mellora incluimos:
- Continuar con obxectivos máis homoxéneos e de fácil consecución.
- Consideramos que hai que seguir animando ao profesorado a que siga solicitando formación en fprofe para alcanzar a acreditación dixital B2.
- Consideramos que cando recibamos o material dos polos creativos, habería que facer unhas xornadas de formación para lembrar o realizado este curso.
- Consideramos que sería unha boa opción impartir formación e reciclaxe para o correcto uso dos paneis interactivos instalados no centro.
Comunicación e difusión
1-Comunicación:
O Plan Dixital foi presentado ao profesorado no primeiro claustro xeral do curso.E despois foi levado ao consello escolar para a súa aprobación.
2-Difusión:
Será competencia do grupo TIC a difusión do Plan dixital á Comunidade Educativa polos medios que coide oportunos, sempre en coordinación co Equipo directivo. As comunicacións de tipo presencial ao persoal do Centro poderán ser por etapas, xerais…. O centro será o responsable último de asegurar que este documento non sofre alteracións de ningún tipo e mantén o seu formato e contidos iniciais sen engadidos nin recortes adicionais máis alá dos requiridos para a súa implementación.Ó longo do curso escolar, os membros do grupo TIC deberán establecer canles de comunicación cos membros da Comunidade Educativa para recibir tódalas achegas que sexan oportunas e engadan valor ó Plan dixital.O enlace ao plan dende a páxina Web do centro é: https://ciamariavigo.org/es/el-colegio/documentos