Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento para a revisión do seguimento dos obxectivos do Plan Dixital 2024-25 será levado a cabo nas reunións correspondentes á Área de Calidade e Promoción das Ensinanzas. Así mesmo, toda a información relacionada co Plan Dixital estará publicada na plataforma de Educalidade. Ademáis da plataforma, o Plan Dixital será comunicado ao profesorado en reunións do claustro, garantindo así a súa correcta difusión e comprensión entre os membros do equipo docente, onde a comunidade docente terá a oportunidade de facer propostas e ou peticións, ademais das reunións informais ou comunicacións a través de mail.
O.1. Mellorar as competencias dixitais do profesorado do centro en materia do uso de software específico de deseño
- Formación do profesorado:
- Coordinacion do curso de formación para o profesorado:
- Relator: Resolto
- Contidos: Resolto
- Datas para o desenvolvemento: Rematada a parte presencial (Parcialmente resolto)
- Coordinacion do curso de formación para o profesorado:
O.2. Informar e asesorar sobre o acceso á rede WIFI da Xunta para o alumnado de estudos profesionais (novo) e continuar coa información e asesoramiento ao alumnado de graos
- A Xunta envia as instrucións para que o alumnado das ensinanzas profesionais poidan ter acceso por primeira vez á wifi da Xunta. Iniciarase nos próximos días a difusión entre o alumnado. Resolto
O.3. Mellorar e actualizar o equipamiento informático do centro
- Estado dos equipos informáticos:
- Revisión dos equipos (os PC da 203 necesitan actualizar a tarxeta gráfica)
- Solicitude de tabletas gráficas
- Actualización na xestión dos equipos de préstamo para o alumnado
- Revisión dos equipos (os PC da 203 necesitan actualizar a tarxeta gráfica)
- Estado da actualización do software:
- Actualización do software existente (os equipos da Aula 203 xa non soportan máis actualizacións de Adobe Photoshop)
- Instalación dos drivers das tabletas gráficas na 203: Resolto
- Ampliación e solicitude de software específico para Ilustración: Resolto
O.1. Mellorar as competencias dixitais do profesorado do centro en materia do uso de software específico de deseño
- Formación do profesorado:
- Coordinacion do curso de formación para o profesorado:
- Relator: Resolto
- Contidos: Resolto
- Datas para o desenvolvemento: Resolto
- Coordinacion do curso de formación para o profesorado:
O.2. Informar e asesorar sobre o acceso á rede WIFI da Xunta para o alumnado de estudos profesionais (novo) e continuar coa información e asesoramiento ao alumnado de graos
- A Xunta envia as instrucións para que o alumnado das ensinanzas profesionais poidan ter acceso por primeira vez á wifi da Xunta. Iniciarase nos próximos días a difusión entre o alumnado. Resolto
O.3. Mellorar e actualizar o equipamiento informático do centro
- Estado dos equipos informáticos:
- Revisión dos equipos (os PC da 203 necesitan actualizar a tarxeta gráfica)
- Solicitude de tabletas gráficas
- Actualización na xestión dos equipos de préstamo para o alumnado
- Revisión dos equipos (os PC da 203 necesitan actualizar a tarxeta gráfica)
- Estado da actualización do software:
- Actualización do software existente (os equipos da Aula 203 xa non soportan máis actualizacións de Adobe Photoshop)
- Instalación dos drivers das tabletas gráficas na 203: Resolto
- Ampliación e solicitude de software específico para Ilustración: Resolto
Os obxectivos foron acadados nos 2 primeiros trimestrees. Neste 3º trimestre proponse crear un espazo maker para fomentar a colaboración do alumnado entre as diferentes disciplinas que se imparten na escola. Dado que é un proxecto moi ambicioso aproveitamos o terceiro trimestre para plantexar a idea e poder desenvolvelo durante o seguinte curso.
Durante este trimestre fanse labores de asesoramento e revision de equipos para analizar as necesidades de cara o curso que ven.
Avaliación
O procedemento para a avaliación do Plan Dixital consiste en revisar o cumprimento dos obxectivos nas reunións de área. Dita avaliación considérase positiva se cumpre máis do 50% do obxectivo.
Ao longo do presente curso académico, o desenvolvemento do Plan Dixital do centro avanzou de xeito positivo, acadando os obxectivos marcados inicialmente.
O.1. Mellora das competencias dixitais do profesorado en software de deseño
Este obxectivo foi cumprido satisfactoriamente grazas á realización dun curso específico de formación. A coordinación do mesmo desenvolveuse sen incidencias, contando cun relator especializado e uns contidos axeitados ás necesidades do profesorado. As datas establecidas permitiron unha boa participación, e os docentes manifestaron un alto grao de satisfacción coa formación recibida.
O.2. Información e asesoramento sobre o acceso á rede WIFI da Xunta
Neste aspecto, o centro ampliou o seu labor informativo ao alumnado das ensinanzas profesionais, grazas ás recentes instrucións remitidas pola Xunta. A difusión da información asegura que todo o alumnado dispoña dos recursos para conectarse á rede. Ao mesmo tempo, mantívose o acompañamento ao alumnado dos graos.
O.3. Mellora e actualización do equipamento informático
Levouse a cabo unha revisión do estado dos equipos informáticos do centro, identificando necesidades concretas como a actualización dos equipos na aula 203. Realizáronse solicitudes de tabletas gráficas e mellorouse a xestión do equipamento de préstamo para o alumnado. En canto ao software, resolvéronse diversas cuestións: instaláronse os drivers necesarios, solicitouse software específico para a área de Ilustración e detectáronse limitacións nos equipos da aula 203 respecto á compatibilidade coas últimas versións de Adobe Photoshop, o que supón un punto de mellora a ter en conta para o próximo curso.
Pode dicirse que o balance global do plan é positivo. O profesorado mellorou as súas competencias dixitais, o alumnado tivo maior acceso aos recursos tecnolóxicos, e avanzouse na ampliación do equipamento, detectando ademais áreas que permiten unha planificación de renovación a medio prazo.
Para o próximo curso proponsela as seguintes melloras:
1. Formación continua do profesorado. Obxectivo: Ampliar as competencias dixitais do profesorado con enfoque práctico e interdisciplinar.
2. Creación dun Espazo Maker no centro. Obxectivo: Ofrecer un lugar polivalente, accesible e creativo para alumnado e profesorado de todas as disciplinas. que ademasi sirva de apoio a iniciativas do alumnado fóra do horario lectivo e fomente actividades de aprendizaxe inclusiva con metodoloxía activa (learning by doing).
3. Inclusividade no acceso aos recursos dixitais. Obxectivo: Substituír termos como "alumno" e "profesor" por "alumnado" e "profesorado", apostando por linguaxe inclusiva e neutra.
Continuar co sistema de préstamo de equipos e garantir a igualdade de oportunidades no uso das ferramentas dixitais para o alumnado.
4. Consolidación e actualización do equipamento. Obxectivo: Dar continuidade á mellora técnica do centro, atendendo ás limitacións detectadas.
Esta proposta aposta por un plan dixital máis inclusivo e innovador, que fomente a creatividade, a igualdade e a aprendizaxe práctica. A creación dun espazo maker, xunto coa mellora da formación docente e a equidade no acceso aos recursos, situaría ao centro como referente no desenvolvemento das competencias dixitais e na integración tecnolóxica real na educación.
Comunicación e difusión
O presente Plan Dixital de Centro faise público entre a comunidade educativa para o seu coñecemento.
A estratexia de publicitación e difusión do Plan Dixital entre a comunidade educativa, será tanto mediante a activacion de sistemas de información na Aula Virtual coma mediante documentos en liña ou na nube para compartir incidencias.