Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O presente Plan Dixital, está elaborado polo Equipo Dinamizador que para o efecto se creou neste centro educativo.

O noso PDC ten en conta todas as particularidades referidas á súa contorna, conectando coa realidade e incluíndo os aspectos máis relevantes e integradores para a consecución do propósito último de implementación da competencia dixital co apoio dos diversos programas e actividades que no centro se desenvolvan. Isto reflectirase no Proxecto Educativo de Centro (PEC) de maneira explícita, dando conta da relevancia que ten o feito do uso das TIC, dada a alta implantación a nivel social como uso lúdico, para tentar levar ao eido educativo a súa utilización con destreza para unha formación integral das persoas de xeito complementario a outras actuacións, comezando unha alfabetización dixital, tan necesaria para que a sociedade avance axeitadamente e non quedar relegados nun mundo cada vez máis tecnificado.

A inclusión na PXA de forma máis evidente da utlización de ferramentas corporativas e un uso máis habitual das mesmas en calquera das áreas curriculares, de xeito que resulte algo cotiá para o profesorado e o alumnado. Así mesmo, todo o desenvolto ao longo do curso aparecerá reflectido na memoria final que se redactará en cada nivel, actividade ou programa a desenvolver, sendo estes dous últimos aspectos a decidir en claustro e que aparecen reflectidos na PXA.

A idea é potenciar o desenvolvemento profesional continuo de todo o profesorado implicado no proceso de ensino e aprendizaxe do centro, dándolles a coñecer os obxectivos expostos neste PDC a todo o claustro, dado o cambio de persoal e a revisión que deste Plan se está a desenvolver.

As pegadas que identifican ao noso centro son:

  • Enderezo, rúa Antonio Fernández Pérez, s/n, 32600 Verín
  • Alumnado, 182, con 29 mestras e mestres e un auxiliar de conversa.

Para a elaboración do PDC, tivéranse en conta as disposicións ditadas desde a Administración, para seguir unhas consignas comúns en toda a Comunidade Autónoma e conseguir unha coherencia de criterios á hora de obter un produto final o máis axeitado á realidade, tendo en conta as características propias do centro e adoptando as medidas necesarias para que aparezan reflectidas no mesmo:

  • Art. 111 bis, da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. “Tecnoloxías da Información e a Comunicación”

  • Art. 121 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. “Proxecto educativo

  • Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. “Competencias do director ou director”

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022. “Plan dixital de centro”

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022. “Plan dixital de centro”

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Seguindo as directrices marcadas pola normativa, anteriormente descrita, no CEIP Princesa de España creouse un Equipo de Dinamización para a elaboración do Plan Dixital de Centro, integrado por 6 persoas, coa colaboración do resto do claustro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Nos dous primeiros meses do presente curso 2024/25, desenvolvéronse unha sucesión de accións para chegar ao deseño do PDC, usando unha serie de ferramentas que achegaron información para, logo, elaborar unha análise DAFO que nos permitira un plantexamento o máis axeitado posible nos seguintes pasos a dar. Estas ferramentas foron:

  • Cuestionario baseado en SELFIE para recoller datos representativos, tanto do alumnado como do profesorado, obtendo unha panorámica da capacidade dixital do centro, facendo unha valoración conxunta das áreas e analizando puntos coincidentes e diverxencias apreciables, para tentar manter e mellorar os puntos fortes detectados, así como traballar co propósito de corrixir aqueles aspectos onde peor estamos e analizar as razóns polas que en certos puntos aparecen diferenzas apreciables e ver o xeito de limalas.
  • Pescudar o nivel de Acreditación Dixital Docente do profesorado neste intre, apreciando que un 45% están no nevel A1 (dicir que o 28% dos docentes son funcionarios en prácticas afectando en gran medida a engrosar esta lista), con A2 hai un 10%, o 25% teñen B1 e hai un 10% tanto en B2 como en C1 .

  • Realización dunha análise cualitativa dos resultados do cuetionario, co obxecto de descubrir os aspectos internos e externos que afectan ao noso centro, así como unha análise cuantitativa dos mesmos.

  • Co uso do “Modelo dos 3 porqués”, tenteouse dar resposta aos seguintes aspectos:

    • Buscar os dous aspectos coa maior puntuación e reflexiona sobre tres motivos que xustifican a valoración tan positiva.

    • Repetiuse o proceso anterior cos dous aspectos coa puntuación máis baixa.

    • Por último identificáronse os dous aspectos que presentan maior dispersión entre a valoración dos tres axentes (equipo directivo, profesorado e alumnado). Fíxose unha reflexión sobre 3 posibles causas que expliquen esa diverxencia.

Cos resultados obtidos, pasouse á elaboración da Análise DAFO, que se revisa para o presente curso 2024 / 2025, presentando os items que a continuación se detallan.

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Deficientes habilidades dixitais adquiridas polo alumnado nas diferentes materias. Alumnado Si
Debilidade Limitado acceso a dispositivos portátiles para que o alumnado poda utilizalos en casa. Alumnado Si
Debilidade Descoñecemento en materia de protección de datos e seguridade no uso das redes. Familias Non
Debilidade Canles comunicativas entre as distintas etapas do centro con deficiencias. Organización de centro Non
Debilidade Falta de tempo do profesorado para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Debilidade Escasa creación de recursos educativos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non se reflicte unha incorporación adecuada por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para avaliar. Persoal docente Si
Debilidade Participación desigual en actividades de desenvolvemento profesional continuo sobre el uso pedagóxico de la tecnoloxía. Persoal docente Si
Debilidade Formación insuficiente en tecnoloxías dixitais adaptadas á necesidades educativas especiais. Persoal docente Si
Debilidade Competencias do profesorado no uso de ferramentas dixitais para recursos educativos y avaliación, debido a unha alta porcentaxe de profesorado en prácticas. Persoal docente Si
Fortaleza Uso de ferramentas corporativas para a súa comunicación co centro educativo. Familias Si
Fortaleza Achega de ideas e concursos participativos para o alumnado pretendendo a motivación no uso das TIC. Oferta Non
Fortaleza Dinamización e publicidade de actividades realizadas polo alumnado, potenciando a participación das familias. Oferta Non
Fortaleza Competencias do profesorado no uso de ferramentas dixitais para recursos educativos y avaliación, debido a unha alta porcentaxe de profesorado en prácticas. Oferta Si
Fortaleza Aceptable atención na resolución incidencias técnicas. Organización de centro Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Inestabilidade do claustro, con cambios continuos e perda de pezas importantes. Administración educativa Si
Ameaza Dotación equipamento tecnolóxico obsoleto, observándose a necesidade de substitución do mesmo. Administración educativa Non
Ameaza Posible falta de recursos económicos para ampliar ou manter a tecnoloxía necesaria para satisfacer as demandas educativas. Administración educativa Si
Ameaza Variabilidade na formación tecnolóxica entre docentes, o que pode crear desigualdades na implementación de metodoloxías innovadoras. Administración educativa Si
Ameaza Relación coa Anpa moi escasa, con liñas de comunicación pouco fluídas. ANPA Non
Ameaza Case nula participación das familias na actividade cotiá do centro, cun uso escaso e, en moitos casos, inadecuado de ferramentas dixitais ANPA Non
Ameaza Condición socioeconómicas da contorna media-baixa, dificultando o acceso a medios tecnolóxicos. Contorna Si
Ameaza Diferenzas significativas nas competencias dixitais do alumnado e nas súas oportunidades de acceso a tecnoloxías na casa. Contorna Si
Ameaza Observación das normas e deberes de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidades de que o profesorado que se incorpore conte cun nivel alto no uso e aproveitamento de ferramentas dixitais. Administración educativa Si
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro axeitadas ás necesidades. Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal non docente do centro Administración educativa Non
Oportunidade Creación de programas de formación continua máis accesibles e adaptados ás necesidades dos docentes. Administración educativa Si
Oportunidade Existencia de proxectos externos de colaboración con institucións e organizacións. Contorna Non
Oportunidade Relación aceptable con persoas que non forman parte da comunidade educativa. Contorna Non
Oportunidade Incremento do uso de tecnoloxías para personalizar e atender as necesidades individuais do alumnado. Contorna Si
Oportunidade Promoción da colaboración entre centros e organizacións para compartir boas prácticas e recursos tecnolóxicos. Contorna Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise dos resutados do cuestionario e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que é de utilidade para ter unha visión da situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan de Acción..

Seguíronse, na súa elaboración, os consellos recibidos, tales como:

  • Facer unha interpretación realista da situación.

  • Procurar unha visión de futuro para o plantexamento duns obxectivos adaptados a esta análise.

  • Visión das características fundamentais das competencias dixitais.

  • Recompilación de aspectos que poidan aportar información para as distintas categorías.

  • Considerar a ferramenta como unha axuda que será avaliada e revisada.

O proceso seguido levou ao plantexamento duns obxectivos (reflectidos no apartado seguinte), tomados como prioritarios para este curso 2024/25, e que van ser o Plan de Acción a desenvolver, tempolarizando unhas accións cuns recursos para levalas a cabo, coa conseguinte avaliación para o seu seguemento, así como a posibilidade de revisión para adaptarse ás circunstancias e mellorar no posible a implementación e continuidade do PDC.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Potenciar o uso e coñecemento dos PDI para a creación de recursos.
O02PD Fomentar a equidade no acceso á tecnoloxía, tanto no centro como na casa.
O03PD Incrementar a formación continua do profesorado en tecnoloxías dixitais e metodoloxías innovadoras.
O04PD Promover o uso de tecnoloxías dixitais inclusivas para atender á diversidade no ensino.
Cargando os indicadores...

Seguimento

Procedemento

Para realizar un correcto seguimento de como evoluciona a implementación do Plan Dixital, o Equipo de Dinamización do PDC xuntarase unha vez ao mes para ir vendo a evolución na aplicación dos plantexamentos reflectidos e, deste xeito, ter a ocasión de ver a maneira de ir solventando os atrancos que se vaian presentando.

O mentor Adix reunirase periodicamente coa persoa coordinadora, ben de forma presencial, ben a través de medios en liña, para ir comentando os avances e consultar as dúbidas que poidan ir xurdindo para, así, avanzar nos chanzos para que a avaliación das accións resultantes se vaian axustando de xeito adecuado aos plantexamentos do PDC.

Baixo a supervisión da dirección do centro, a persoa coordinadora vai ter acceso á ferramenta EduCalidade para ir reflectindo o proceso evolutivo da implementación do PDC ao longo da súa temporalización, contando con permiso de Edición, outorgando permiso de Consulta ao resto dos integrantes do equipo.

1º Trimestre

O primeiro trimestre foi adicado á revisión e deseño do PDC para o presente curso, realizando un cuestionario ao profesorado e outro ao alumnado, baseado en SELFIE, para a súa posterior análise por parte do Equipo do PDC.

Unha vez obtidas as conclusións, procedeuse a redefinir os ítems do DAFO e, posteriormente, a deseñar o Plan de Acción para o presente curso.

As accións propostas en cada obxectivo vanse desenvolvendo segundo o que aparece no seu seguimento, polo que consideramos redundante volver dar conta do mesmo neste apartado.

Así mesmo, nas actas subidas no apartado Anexos desta aplicación, reflíctense os acordos e achegas feitas nas distintas xuntanzas que tiveron lugar ao longo do trimestre.

2º Trimestre

Trimestre moi marcado na nosa comarca pola celebración do Entroido, o que deixou poucas oportunidades de desenvolvmento das accións plantexadas no plan de acción, aínda que o realizado resultou satisfactorio.

As tres sesión formativas desenvoltas no mes de xaneiro, encamiñadas á mellora do uso de audio e vídeo para as producións que se fan dende o centro, tanto por parte do profesorado como o que realizado coa participación do alumnado, foi moi satisfactoria e animou a máis persoas a participar de maneira activa no eido audiovisual.

O uso dos paneis, as posibilidades de implimentar actividades e recursos na aula virtual, así como compartir experiencias a través de AbalarBox e incrementar o usos das ferramentas dixitais físicas dispoñibles no centro, é, ben seguro, o maior éxito acadado neste trimestre.

Continuaremos a traballar no deseño de máis e mellores recursos dixitais.

3º Trimestre

Realización de actuacións relacionadas coas accións propostas nos obxectivos con boa resposta por parte de todas as partes implicadas en cada unha delas, considerando que se tratou dun trimestre curto con moitas actividades extraescolares polas celebracións, nas que se colaborou activamente con outros equipos e sempre pensando en dar un sentido e conexión cos obxectivos marcados no PDC e as accións derivadas destes.

Procurouse seguir na mellora no uso dos medios tecnolóxicos dos que dispomos, tendo recibido novo equipamento ao que se lle está a dar uso con acomodo ao previsto dende o inicio do presente curso.

Tentarase seguir nesta liña para mellorar e seguir aproveitando ao máximo as posibilidades brindadas polos medios dixitais para o seu uso como complemento no proceso de ensino e aprendizaxe.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase ao finalizar do proceso, ao tentar interpretar, valorar e xulgar os resultados alcanzados en función dos obxectivos marcados na planificación xeral do Plan de Acción. Permitiranos razoar sobre os obxectivos levados a termo, o grao de satisfacción das necesidades establecidas, ver os puntos positivos e negativos para tentar darlles solución. Permitirá determinar os obxectivos culminados ou en proceso de desenvolvemento nun momento determinado.

Non vai constituír un acto illado, independente ou último do proceso, senón que vai forma parte dunha actuación continua en conexión coa avaliación procesual. Establecerase unha investigación preto da práctica, unha cuantificación e cualificación que se reflectirá no período posterior.

Valoración xeral

O seguimento do PDC realizouse de maneira continua ao longo do curso, mediante reunións periódicas do equipo, tal e como se reflicte nas actas que aparecen no apartado "Anexos", nas cales se analizaron o grao de execución das accións planificadas, posibles dificultades e propostas de mellora. Este seguimento permitiu introducir axustes dinámicos e garantir a pertinencia das intervencións realizadas.

Os equipos de ciclo tamén realizarán revisións internas do grao de cumprimento dos obxectivos recollidos, empregando como referencia os indicadores definidos para cada acción.

A avaliación do Plan de Desenvolvemento Curricular estruturouse en tres niveis: inicial (a través do DAFO), procesual (seguimento trimestral das accións) e final (avaliación global ao remate do curso).

Utilizáronse instrumentos como cuestionarios ao profesorado, revisión de actas de coordinación, análise de indicadores de rendemento académico e informes de actividades. A finalidade foi valorar a eficacia do plan e establecer recomendacións para o seguinte curso escolar.

Proposta de mellora

O equipo considera que, de cara ao futuro, poderíase mellorar en:

* Ampliar a recollida de datos para a análise interna e externa mediante enquisas ao alumnado, profesorado e familias.

* Actualizar periodicamente o DAFO durante o curso para incorporar novos retos ou oportunidades que poidan xurdir.

* Incluir accións innovadoras, como aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), gamificación ou metodoloxías activas.

* Incorporar actividades de formación docente vinculadas directamente cos obxectivos do PDC (por exemplo, cursos de avaliación competencial ou inclusión educativa).

* Establecer rúbricas e escalas para avaliar as accións implementadas.

* Facer avaliacións intermedias no segundo trimestre para axustar o plan antes da revisión final.

* Promover a participación das familias na elaboración e revisión do PDC mediante obradoiros, enquisas ou suxestións abertas.

* Involucrar ao alumnado en accións do plan (ex. deseño de actividades, participación en comisións de mellora, propostas de innovación educativa).

* Elaborar un resumo visual ou infografía coas principais liñas do PDC para facilitar a súa comprensión por parte das familias e alumnado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A primeira comunicación da existencia do PDC será, como se di na norma, o coñecemento por parte do Claustro, dado que hai que informalo e darán a súa opinión sobre a idoneidade do mesmo. A continuación, pasará ao Consello Escolar, a quen se lle fará un achegamento do mesmo, presentándolle o produto final xurdido de todo o proceso e que terán que emitir a súa opinión e voto que, de ser favorable, resultará aprobado para o seu desenvolvemento e aplicación.

Superados os trámites anteriores, a difusión do plan levarase a cabo a través da páxina web do cole, cando se informe ao claustro de mestres e sexa aprobado polo consello escolar, así como nas reunións de principio de curso coas familias e aos novos membros do claustro.

O enlace para o acceso ao PDC en EduCalidade é o seguinte:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32013521

Ao longo do curso tamén se difundirá a través doutros medios como dípticos, carteis e outras actuacións a través da rede que irán dando a coñecer as partes máis importantes do PDC para que todos os membro da comunidade educativa o sintan como propio.