Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución
1.1.Datos básicos do centro
Nome do centro: CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO
Dirección: Rúa Madre Soledad de la Cruz, 1. 32001 Ourense.
Email: colexiodivinomaestro@divinomaestrofeourense.com
Web: www.dimaourense.com
Etapas educativas: Infantil, Primaria, Secundaria y Formación Profesional Básica.
No de alumnado: 329
No de profesorado: 30
1.1.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
-O noso centro atópase nun barrio cun nivel económico medio-baixo e socialmente unha boa parte das familias do alumnado atravesan
dificultades de diversa índole. Os recursos culturais dos que dispoñen en casa son limitados, non todo o alumnado dispón de computador e/ou
conexión a Internet, etc. Unha parte das familias do centro non está alfabetizada dixitalmente aínda que de forma progresiva o acceso ás TIC
por parte das mesmas é cada vez maior.
-DIMATICS (Divino Maestro Tecnoloxías da Información e a Comunicación) foi adaptando á vida do noso centro, ao longo destes últimos
dez anos, e á nosa realidade educativa aos avances tecnolóxicos do mundo no que vivimos. (Proxecto Abalar, Plataforma Esemtia, Encerados
dixitais, Aula virtual, Google for Education ...)
-O Programa 1x1 (un dispositivo para cada alumno/a) nace no eido do Proxecto DIMATICS e integrado neste pretende contribuír a seguir
poñendo en marcha, no noso centro, recursos que impulsen constantemente a innovación pedagóxica e metodolóxica. O alumnado é, hoxe
máis que nunca, o centro do proceso de ensinanza-aprendizaxe; por iso queremos que teña ao seu servizo os mellores medios para acadar o
seu desenvolvemento integral como persoa.
-Este programa dá resposta ao Plan Estratéxico da Fundación Educativa Divino Maestro no que o uso das TIC como ferramenta de
aprendizaxe debe incluírse en todos os centros da Fundación introducindo de xeito paulatino e progresivo os dispositivos dixitais.
-Sen dúbida, o programa permite personalizar máis aínda a aprendizaxe axudando ao noso alumnado a aprender habilidades esenciais
no mundo de hoxe e afondar na adquisición da competencia dixital. A intelixencia artificial posta ao servizo da educación é un dos pilares do
proxecto que permite, e facilita, unha mellora cuantitativa e cualitativa na atención individualizada reducindo tempos na diagnose de dificultades
e multiplicando as ferramentas para a mellora do noso alumnado, con especial fincapé nos que máis dificultades teñen de aprendizaxe e, por
iso, polos que apostamos preferentemente.
-O Programa 1x1 DIMATICS non ven a substituír, senón a complementar e a mellorar a nosa forma de aprender. Ven a integrarse na aula
coas diferentes metodoloxías que xa se estaban a empregar ata este intre. O programa ven para estar ao servizo do alumnado na procura de ter
cada día a unha mellor persoa, en primeiro lugar, e a unha persoa máis formada que estea capacitada para contribuír a mellorar a nosa
sociedade.
-Pretendemos educar para a vida. Educar para un mundo en constante cambio, con avances tecnolóxicos que se suceden a un ritmo
vertixinoso.
-O profesorado, elemento clave no programa, está inmerso nun proceso de formación supervisado por Edebé e Google, centrado no uso
das aplicacións de G-Suite e na eficaz utilización dos libros dixitais e das metodoloxías activas.
1.2.Breve xustificación do mesmo
-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
Art 111 bis: Aula Virtual do Centro e Classroom das distintas materias
Formación para o profesorado (galego)
Acceso de todos os estudiantes aos recursos dixitais necesarios, para garantir o exercicio do dereito á educación de todos en igualdade de
condiciones
-Art 121 O proxecto educativo do centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro
-Art 132 Competencias do director/a (A LOMLOE actualiza este apartado)
Promover as experimentacións e innovacións pedagóxicas aí está o Plan Dixital como o emprego das TIC na educación
-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que
se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
-Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que
se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o
deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia
para o curso 2021-2022
1.3.Proceso de elaboración
Nun primeiro momento nomeouse ao Coordinador TIC como Coordinador do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, e deseguido formouse o
Equipo de Dinamización formado por tres profesores do centro, coincidindo cada un deles nunha etapa educativa, de modo que está formado
por catro persoas: Infantil, Primaria, Secundaria e FPBásica.
Para realizar este Plan Dixital contouse:
- Cunha plataforma de traballo participada pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación y Formación Profesional, o Plan de Recuperación,
Transformación y Resiliencia e Financiada pola Unión Europea Fondos NextGenerationEU.
- E a unha completa mentorización durante todo o proceso de elaboración do Plan en todos os seus pasos.

As tarefas que levou acabo o equipo foron:
1.- Completar preguntas para o Selfie
2.- Xerar o Selfie para as etapas de Primaria, Secundaria e FPBásica.
3.- Recoller os resultados do Selfie.
4.- Promover a participación no Test CDD para alumnos e profesores do centro
5.- Informe grupal do Test CDD.
6.- Elaborar DAFO cos resultados do Selfie
7.- Cos datos do DAFO creamos Obxectivos do Plan Dixital e Liñas de acción para cada obxectivo
8.- Unimos o traballado ao resto do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregamos como fonte de información a recollida nas táboas 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do TestCDD de centro.

 

2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro

Puntuación media do test (sobre 192)

Nivel de competencia

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)

Nivel de competencia en Galicia

89.9

Integrador/a (B1)

76.5

Integrador (B1)

 

 

2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas

 

Puntuación media do test (sobre 192)

Nivel de competencia

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)

Nivel de competencia en Galicia

EI

75

Integrador/a (B1)

68.2

Integrador/a (B1)

EP

84.6

Integrador/a (B1)

77

Integrador/a (B1)

ESO

93.1

Integrador/a (B1)

79.3

Integrador/a (B1)

FPB

142

Lider (C1)

72.1

Integrador/a (B1)

 

 

2.3. Distribución do profesorado por niveis

 

Total profesorado no nivel de competencia

% de profesorado participante neste nivel

A2

5

26.3%

B1

7

36.8%

B2

5

26.3%

C1

2

10.5%

TOTAL

19

99.9%

 

Interno
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4. Desigualdades na verificación da calidade da información por parte do alumnado segundo os cursos. Alumnado Si
Debilidade H6. G6. Emprego da tecnoloxía para valorar o traballo dos compañeiros de xeito construtivo Alumnado Non
Debilidade H. Insuficiente experiencia no emprego de plataformas educativas e outros recursos dixitais por parte do alumnado e profeso-rado de xeito colaborativo. Alumnado Si
Debilidade H11. Considérase insuficiente o nivel de programación e codificación que se alcanza. Alumnado Non
Debilidade H. Insuficiente experiencia no emprego de plataformas educativas e outros recursos dixitais por parte das familias. Familias Si
Debilidade C11. Desigualdades tanto en medios como en capacidades para uso das TIC. Familias Si
Debilidade C10. Equipos obsoletos na aulas de informática e nas aulas ABALAR (máis de 10 anos) Infraestruturas Si
Debilidade C2. Proxectores dixitais obsoletos e case ao final do seu uso. Infraestruturas Non
Debilidade C5. Escasa asistencia técnica por parte da Consellería (Abalar) Infraestruturas Non
Debilidade Mellora da comunicación do servizo de comedor coas familias. Oferta Non
Debilidade A4. Poucos tempos dispoñibles para crear recursos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade B. Insuficientes tempos adicados dentro do horario para comunicación inter-na/externa. Organización de centro Non
Debilidade C16. Insuficiente tempo para a creación e xestión de repositorios propios. Organización de centro Non
Debilidade A4. Poucos tempos dispoñibles para ex-plorar recursos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C16. Promoción deficitaria das Bibliotecas en liña, das editoriais, para facilitar a súa consulta por todo o profesorado. Organización de centro Si
Debilidade C12. Falta formación sobre aprendizaxe mixta. Organización de centro Si
Debilidade C13. O alumnado valora negativamente non poder traer os seus dispositivos. Organización de centro Non
Debilidade G6. Falta de estratexias para facilitar a participación do alumnado en procesos de avaliación entre iguais. Persoal docente Non
Debilidade B. Non existe cultura de traballo colabora-tivo en redes por parte do profesorado. Persoal docente Non
Debilidade E1. Exceso de aplicacións e recursos, coa consecuente perda de tempo do profesorado para atopar o adecuado a cada alumno. Persoal docente Non
Debilidade F6. Falta de colaboración en proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Debilidade B4. Falta de sinerxia e colaboración con outros centros. Persoal docente Non
Debilidade B1. Non existe certificación en competencias dixitais. Persoal docente Si
Debilidade B3. Falta colaboración con outras entidades. Persoal docente Non
Debilidade D3. Falta de intercambio de experiencias para o desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Non
Debilidade E2. Insuficiente creación de recursos dixi-tais para reforzar o labor docente. Persoal docente Si
Fortaleza H15. Alumnado de FPB aprende ferramen-tas dixitais útiles no campo de estudo Alumnado Non
Fortaleza H1. H3. Aprende a empregar de xeito res-ponsable e seguro as redes Alumnado Non
Fortaleza H10. O equipo directivo promove que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para diferentes materias e cursos. Alumnado Non
Fortaleza E4. Emprego dunha plataforma virtual para facer o seguimento do proceso de aprendizaxe e favorecer a comunicación coas familias de xeito bidireccional. Familias Non
Fortaleza C13. Os alumnos de 5º, 6º e 1ºESO traen Chromebooks persoais ao centro. Familias Non
Fortaleza C2. Contamos con dispositivos dixitais con acceso a internet para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza C7. Existe unha gran sensibilidade á obser-vancia da Lei de Protección de Datos Infraestruturas Non
Fortaleza C3. Contamos con dispositivos dixitais con acceso a internet para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza C14. Os espazos físicos axéitanse as nece-sidades de ensinanzas dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza Comedor publicado na páxina web do centro e na plataforma educativa empregada. Oferta Non
Fortaleza A3. Claustro aberto a novas modalidades de ensino. Oferta Non
Fortaleza Publicación na web e inscrición mediante formulario nas actividades extraescolares. Oferta Non
Fortaleza O proxecto DIMATIC 1x1 favorece a apren-dizaxe da tecnoloxía sen discriminación. Organización de centro Non
Fortaleza F8. Utilización de ferramentas dixitais para a orientación profesional do alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza E3. Emprego de Google Classroom para subir materiais e clases online Persoal docente Non
Fortaleza A3. Profesorado motivado no uso de novas estratexias educativas. Persoal docente Si
Fortaleza Canles de comunicación entre as diferen-tes etapas Persoal docente Non
Fortaleza E1. O profesorado preocúpase por buscar recursos en liña Persoal docente Non
Fortaleza F1. Atención personalizada aos alumnos. Estabilidade laboral da maior parte da plantilla docente Persoal docente Non
Fortaleza Estabilidade laboral da maior parte da plantilla non docente Persoal non docente Non
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de burocracia no labor docente. Administración educativa Non
Ameaza Non hai achegas económicas suficientes para iniciar novos proxectos tecnolóxicos. Administración educativa Non
Ameaza C13. O alumnado valora negativamente non poder traer os seus dispositivos. Administración educativa Non
Ameaza Falta formación dixital específica nas diferentes materias para o profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Ausencia de promocións dixitais por parte da ANPA ANPA Non
Ameaza C11. Evidencia de desigualdades en canto a recursos, medios, intereses e necesidades atendendo á diversidade cultural. Contorna Non
Ameaza Escasez de oferta educativa no barrio para os adultos no eido dixital, tanto para a propia inserción profesional, como para poder axudar ós seus fillos e fillas nas tarefas informáticas cotiás. Contorna Non
Ameaza C11. Condicións económicas das familias da contorna non garanten o acceso ás novas tecnoloxías de todo o alumnado. Contorna Non
Ameaza A5 Non todo o mundo coñece os dereitos de autor. Lexislación Non
Ameaza Continuo cambio lexislativo no ámbito docente. Lexislación Non
Ameaza B3. Escasa colaboración con outras organi-zacións empregando as TIC Outras Non
Oportunidade A oferta de cursos de Formación do profe-sorado. Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral da maior parte do equipo docente. Administración educativa Non
Oportunidade A aposta da Administración pola dixitalización. Administración educativa Non
Oportunidade Boa sintonía coa ANPA para abordar novos proxectos. ANPA Non
Oportunidade Existencia de Centros para colaborar en proxectos TIC. Contorna Non
Oportunidade Resolución de elaboración do Plan Dixital (Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional). Lexislación Non
Oportunidade O proxecto DIMATIC 1x1 favorece o aprendizaxe da tecnoloxía sen discriminación. Outras Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A selección de obxectivos para o novo curso académico e o seu correspondente plan de acción baséanse na aceptación de que as debilidades arroxadas polo DAFO relativas á carencia de recursos como o tempo do profesorado, hardware e software actualizados ou un nivel axeitado de competencia dos distintos membros da comunidade educativa son difícilmente alcanzables en termos absolutos e de forma inmediata. Non obstante, a experiencia e o seguemento de anos previos confirman que estas carencias si se poden ir paliando paseniñamente e manténdoas en constante progreso se se fai un uso axeitado das fortalezas presentes no centro e as accións se axustan ás distintas etapas xa que, aínda que existen algunhas necesidades comúns, moitas delas son específicas da esfera educativa particular na que se aplican.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O001PD Incorporar ao inventario e actualizar novos dispositivos das aulas dixitais
O003PD Promover a comunicación das familias cos titores mediante o uso da plataforma Abalar
O004PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP e ESO/FPB para analizar a fiabilidade da información
O005PD Desenvolver proxectos colaborativos empregando Google Workspace for Education
O006PD Solicitar e promocionar a formación para adultos no eido dixital e da inserción profesional (C12 - ameaza contorna)
O007PD Implicar ó profesorado na elaboración e colaboración en proxectos interdisciplinares (F6).
O008PD Crear e poñer en marcha proxectos interdisciplinares (F6).
O009PD Reorganizar o espazo compartido na nube cos recursos e documentos do profesorado.
O010PD Promocionar os recursos de Polos Creativos para as distintas etapas.
O011PD Renovación Web do centro para mellorar a funcionalidade adaptándoa as novas posibilidades
O012PD Promocionar as bibliotecas en liña, das editoriais, para facilitar a súa consulta por todo o profesorado
O013PD Formación continua do profesorado en novas metodoloxías e competencia dixital
O015PD Solicitar cursos PFPP para a innovación mediante recursos de Polos Creativos nas etapas de EI, EP, ESO e FPB (E2*)
Cargando os indicadores...

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

-  (O003PD Promover a comunicación das familias cos titores mediante o uso da plataforma Abalar)

  • Nunha reunión inicial do claustro (4 de setembro) incidiuse en que Abalar Móbil fose o único canal de comunicación dixital formal coas familias evitando o uso doutros canales alternativos como Whatsapp ou os servizos de Google.  Púxose a disposición dos titores a ligazón ó manual desta ferramenta no Espazo Abalar.
  • Aproveitouse a reunión de principio de curso coas familias para que os titores e titoras amosasen o uso de Abalar Móbil como canal principal de comunicación co centro
  • Os titores enviaron unha notificación a través de Abalar para presentarse e permitir resposta á mensaxe para abrir o canal.
  • Os especialistas enviaron a cada familia unha mensaxe privada ás familias para que así elas puidesen informalas do que considerase importante nesas materias.

- (O009PD Reorganizar o espazo compartido na nube cos recursos e documentos do profesorado) Creouse unha unidade compartida co gallo de facer accesible os documentos de centro de interese xeral. Nesta unidade existe unha folla de cálculo para o seguemento de accións por parte do equipo de titularidade cos permisos de acceso á documentación restrinxidos a cada responsable da acción

- (O005PD Desenvolver proxectos colaborativos empregando Google Workspace for Education)

  • O 27 de setembro de 2024 distribúese entre o profesorado unha inquisa dixital para a avaliación das metodoloxías de aprendizaxe cooperativa, métodos de avaliación e rutinas de pensamenento empregadas polo profesorado coa finalidade de trazar un plan de actuación para os vindeiros anos que será impulsado polos docentes membros do equipo de Innovación.
  • O alumnado de 2º ESO presentouse ó concurso de Aulaplaneta: “Reto Discovery empregando Canva e grupos colaborativos coas ferramentas de Google Workspace for Education (https://acortar.link/3gIANz)

- (O015PD Solicitar cursos PFPP para a innovación mediante recursos de Polos Creativos nas etapas de EI, EP, ESO e FPB) O 10 de outubro de 2024 solicítase a formación dun grupo de traballo de Polos Creativos de 10 docentes de distintas etapas baixo o título  “Innovación Mediante Recursos de Polos Creativos”

- (O013PD Formación continua do profesorado en novas metodoloxías e competencia dixital):

  • Dase a coñecer ó profesorado a posiblidade de inscribirse na actividade "X2441001 - Acreditación CDD" ata o 30 de setembro de 2024 para a futura recollida de méritos (14/10/2024  -  30/10/2024) que acrediten o merecemento do Certificado de Competencia Dixital Docente nalgún dos seus niveis
  • A psicopedagoga terapéutica Alba Iglesias da Costa, asiste ó curso de 15 horas “O2401012 - Ferramentas Dixitais para a Accesibilidade Universal” impartido no Centro de Formación e Recursos de Ourense desde o día 21 de outubro de 2024 ata o día 2 de decembro de 2024.
  • O 22 de outubro o profesorado conectouse desde o colexio a un webinar para tódolos centros da institución Divino Maestro sobre as potencialidades e o uso da IA de Google Gemini
  • O coordinador de Polos Creativos, Salvador Fernández Fernández, inicia o curso de 20 horas de duración “O2401013 - Formación Específica Para Persoas Coordinadoras De Polos Creativos” impartido no Centro de Formación e Recursos de Ourense desde o día 25 de outubro de 2024 ata o 15 de maio de 2025
  • Iníciase o actividade de formación do profesorado “O2405190 - Innovación Mediante Recursos de Polos Creativos” de 30 horas de duración que implica ó grupo de traballo de 10 docentes do centro vencellado a Polos Creativos, desde o 25 de outubro  de 2024 ata o 30 de maio de 2025
  • O 13 de novembro de 2024 o profesorado puido conectarse mediante Zoom á formación online "El poder del diseño a tu alcance con Canva" impartida simultaneamente para tódolos centros da institución Divino Maestro.

- (O007PD Implicar ó profesorado na elaboración e colaboración en proxectos interdisciplinares) 

  • Iníciase a actividade de formación do profesorado “Acreditación Erasmus para a internacionalización do centro de 40 horas de duración, desde o 25 de outubro de 2024 ata o 30 de maio de 2025. (No ámbito Erasmus séguese apostando por proxectos que implican o emprego de servizos en rede e ferramentas colaborativas en liña)
  • O 21 de decembro enviouse un correo a todo o profesorado convidándoo a inscribirse no curso online de Escolas Católicas sobre "Aprendizaxe basada en Proxectos" de 10 horas de duración do 27 de xaneiro ó 19 de febreiro de 2025: https://www.escuelascatolicas.es/programa-metodologias-activas-elige-tu-camino/

- Instalouse unha nova televisión fronte ó espazo de recepción na que se proxecta a recopilación de información promocional das actividades do colexo. Esta presentación creada con Canva un dos membros do equipo de comunicación que se encarga de renovala con certa periodicidade.

- Creación dun blog de Polos Creativos con Blogger e publicación nun subdominio do que se pretende que sexa o novo dominio do colexio para o vindeiro curso (https://poloscreativos.divinomaestrofeourense.com/)

- (O012PD Promocionar as bibliotecas en liña das editoriais, para facilitar a súa consulta por todo o profesorado)

  • Creouse unha conta con licencias de secundaria en Edebe On+ na que están accesibles tódolos libros desta etapa educativa de dita editorial para o profesorado interesado. As contas de Infantil e Primaria crearanse do mesmo xeito se nalgún momento se dipón das licencias necesarias.

-  O 22 de outubro de 2024, o XV Concurso Galego de Robótica e o IV Concurso Galego de Drons, organizados por Igaciencia e o Concello da Coruña, recoñeceron a capacidade innovadora e tecnolóxica de distintos centros educativos de Galicia, sendo as alumnas do Divino Maestro de Ourense as que se fixeron co premio en ambos certames na categoría de 1º a 3º da ESO. O noso equipo está formado integramente por alumnas (Daniela, Alba, Nerea e Carla), nun contexto educativo no que se busca precisamente potenciar o talento feminino nas disciplinas do ámbito STEAM. (https://www.igaciencia.eu/gl/node/442)

2º Trimestre

- (O006PD Solicitar e promocionar a formación para adultos no eido dixital e da inserción profesional) Comeza o curso AFD COMT0110 Atención “Ao Cliente, Consumidor Ou Usuario” de 478 horas de duración que se impartirá no noso centro desde o 06/03/2025 ó 24/07/2025. Inclúe formación en ferramentas dixitais de LibreOffice (Writer, Calc, Base), actividades de deseño con Canva e emprego de ferramentas de Google Workspace for Education.

  • Informouse ás familias a través de Abalar do inicio deste curso e promocionouse en redes sociais e mediante cartelería deseñada con Canva por docentes membros do equipo de comunicación
  • Supuxo a incorporación de 5 novos equipos portátiles Acer Extensa 15 e un novo televisor (en substitución do antigo proxector) na aula polivalente 2 de Formación Profesional.

- (O007PD Implicar ó profesorado na elaboración e colaboración en proxectos interdisciplinares) Inicio do proxecto Etwinning  "Blumenfeste - Flower Festivals" de colaboración intercultural entre centros educativos de Grecia, Italia, España e a República Checa. O noso alumando de 2º do Ciclo de Formación de Grao Básico fai a súa parte do traballo man a man con alumnado italiano empregando o Twinspace do proxecto xunto con Canva, Genially e YouTube. O proxecto está coordinado por Patricia Conde Pardo, profesora da Escola Oficial de Idiomas de Ourense e involucrou a unha docente de inglés e a un profesor de informática do noso centro. Extenderase ata o remate do curso.

- (O004PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP e ESO/FPB para analizar a fiabilidade da información) O 11 de febreiro de 2025 celébrase o Día da Internet Seguro, polo que se propón ó profesorado de cada etapa máis vencellado a materias de informática e tecnoloxía que leven a cabo algunha actividade relacionada coa identificación de fontes seguras na Internet e a loita contra as novas falsas.

- (O005PD Desenvolver proxectos colaborativos empregando Google Workspace for Education) O alumnado de 2º ESO preséntase ó concurso de Casio: “Buscamos Científicas” (https://buscamoscientificas.com/) empregando grupos colaborativos coas ferramentas de Google. O tempo do concurso exténdese ata o 12 de maio de 2025

- (O011PD Renovación Web do centro para mellorar a funcionalidade adaptándoa as novas posibilidades)

3º Trimestre

- (O005PD Desenvolver proxectos colaborativos empregando Google Workspace for Education) En resposta á inquisa de final de curso, o profesorado, en xeral, asegura que o alumnado emprega as ferramentas de Google con moita asiduidade, tanto a nivel individual como en actividades colaborativas e de investigación. Non obstante, algúns apuntan a que en ocasións non o fan de forma axeitada, borrando os datos escritos por outros compañeiros nos documentos compartidos ou escribindo cousas pouco apropiadas. Isto obriga ós docentes a tomar medidas disciplinarias revisando o historial de accións para dar cos responsables.

- (O011PD Renovación Web do centro para mellorar a funcionalidade adaptándoa as novas posibilidades) A pesar de investigar opcións para manter a plataforma WordPress no novo servidor de hosting e o novo dominio divinomaestrofeourense.com, as dificultades de manter unha apariencia unificada co resto de centros Divino Maestro, fixo que finalmente se opte por empregar o modelo común baixo a infraestructura de Google Sites. Intentarase comenzar o novo curso 25-26 cun sitio web básico. Namentres seguirá a funcionar normalmente o dominio dimaourense.com actual.

- (O010PD Promocionar os recursos de Polos Creativos para as distintas etapas) Formación externa presencial para o grupo de traballo de Polos Creativos a cargo de Ana Gómez Nogueiras, fundadora da empresa +Que3D e profesora na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde, os días 2 e 23 de abril de 2025, sobre o emprego da cortadora e gravadora láser para crear recursos de gamificación na aula mediante o deseño de pezas de xogo coa ferramenta libre InkScape.

- O 13 de maio de 2025, en resposta ás novas que están aparecendo nos medios sobre familias que rexeitan a presenza de pantallas nas aulas, o equipo da Área de Pedagoxía e Dixitalización crea un documento interno de reflexión sobre o emprego das mesmas, onde se convida ós docentes a facer un uso razonable e equilibrado das novas tecnoloxías en convinación con outras metodoloxías que favorezan a interacción humana, a experiencia sensorial e o desenvolvemento de habilidades manuais.

- Do 14 ó 16 de maio de 2025 alumnado da ESO participou na Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas (Ourense). Daniel Díaz e Carlos Fernández obtiveron o segundo premio co seu proxecto SaudApp, unha aplicación móbil para o seguemento diario de diversos indicadores da saúde mental e emocional para mellorar o benestar dos seus usuarios (https://galiciencia.com/es/2025/proyectos/28-saudapp/225422/)

- (O004PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP e ESO/FPB para analizar a fiabilidade da información)  O 17 de maio de 2025 celébrase o Día da Internet, polo que se propón ó profesorado de cada etapa máis vencellado a materias de informática e tecnoloxía que na véspera (venres) leven a cabo algunha actividade relacionada coa identificación de fontes seguras na Internet e a loita contra as novas falsas.

- O 25 de xuño distribuise unha inquisa dixital entre o profesorado para avaliar o emprego da biblioteca, inquirir sobre a súa valoración e recoller suxerencias de mellora.

- Na reunión do Claustro do 27 de xuño:

  • Pídese que para o vindeiro curso se inclúa algún membro da etapa de educación infantil nas solicitudes de cursos PFPP para o emprego de recursos de Polos Creativos xa que este ano foi a única etapa sen representación no grupo de traballo.
  • Faise fincapé desde a etapa de E. Infantil na necesidade de contar con 6 tablets para a etapa de cara ó vindeiro curso
  • Faise un chamamento a todo o profesorado que todavía non conta con certificado dixital para que intente facerse con el antes da apertura do novo curso para axilizar a xestión documental no centro.

- (O006PD Solicitar e promocionar a formación para adultos no eido dixital e da inserción profesional) Foi concedido o concerto para impartir o ciclo formativo de grao medio D2COM000100 - LOOIFP "Actividades Comerciais" a partir do vindeiro curso 25-26 engadíndose á oferta formativa en Formación Profesional  (https://www.edu.xunta.gal/fp/ciclo/D2COM000100). Iníciase a promoción do mesmo elaborando cartelería en Canva e vídeos curtos para historias de Instagram e Facebook de cara ó período de inscrición en xullo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- Cada un dos obxectivos indicados nas táboas leva unhas celdas co eígrafe “Seguimento da acción”, de modo que éste pode facerse na mesma táboa, aínda así farase unha avaliación por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital como mínimo unha vez ao trimestre no contexto da avaliación procesual. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será de unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

- Ademais haberá, segundo os obxectivos a desenvolver formularios e/ou cuestionarios dixitais que se enviarán ás familias, alumnos, docentes, departamentos, especialistas... en función dos ámbitos que toque o citado obxectivo para obter os indicadores de cada un dos obxectivos.

Valoración xeral

A valoración xeral é positiva aínda que quedan aspectos clave a mellorar para garantir un desenvolvemento efectivo do Plan Dixital. A incorporación de novos cursos e formacións é unha fortaleza destacada, xa que amplía a oferta educativa, fomenta a innovación pedagóxica e mellora a motivación tanto do alumnado (que ten a oportunidade de continuar a súa formación no propio centro) como do profesorado (ó que se lle abren novas oportunidades de desenvolmento profesional). Este avance evidencia un compromiso coa modernización e a adaptación ás necesidades actuais da contorna do centro e da comunidade educativa, o que é un punto forte significativo.

Por contra, a obsolescencia dos ordenadores representa unha carencia crítica que pode limitar os beneficios do Plan. O equipamento actual do alumnado, en xeral xa moi anticuado para as materias de informática, pode comprometer a implementación efectiva dos novos cursos, tendo en conta que estes dependen de ferramentas dixitais, software cada vez máis demandante en recursos e un acceso fluído a recursos en liña. Esta debilidade xera frustración, reduce a eficiencia do ensino e afecta á experiencia de aprendizaxe.

A adicación do profesorado á mellora da competencia dixital e á incorporación de prácticas educativas colaborativas demostra un compromiso coa innovación pedagóxica e coa adaptación ás demandas dun ensino moderno. A asistencia crecente as formacións sobre estes temas indica unha actitude proactiva e unha vontade de actualizarse para ofrecer unha educación de calidade, integrando ferramentas dixitais e metodoloxías que fomenten a colaboración e o pensamento crítico no alumnado. Este esforzo é fundamental nun contexto educativo que evoluciona rapidamente cara á dixitalización e a aprendizaxe activa. Sen embargo, as limitacións de tempo representan unha barreira significativa. A sobrecarga de traballo, derivada de tarefas administrativas, planificacións, avaliacións e a propia asistencia a formacións, reduce o tempo dispoñible para atender directamente ao alumnado. Esta situación provoca que os docentes se sintan abrumados, o que xera situacións de frustración, estrés e mesmo unha percepción de ineficacia, a pesar do seu compromiso. A falta de tempo para a interacción directa co alumnado é especialmente preocupante, xa que esta relación é esencial para personalizar o ensino, detectar necesidades específicas e crear recrusos que fomenten un ambiente de aprendizaxe motivador.

 

Proposta de mellora

- Asignar tempos de reunión específicos ó equipo responsable do Plan Dixital para un seguemento trimestral preciso e que permita unha avaliación efectiva do seu grao de implantación

- Difundir o Plan Dixital entre o novo profesorado e facelo partícipe na consecución dos seus obxectivos de cara o vindeiro curso xa que a remuda de docentes por múltiples substitucións foi especialmente elevada este ano escolar e terá, en moitos casos, continuidade no próximo. Ademais, coa implantación do novo curso de formación profesional de grao medio incorporarase novo persoal docente que deberá ser posto o día.

- Cubrir a petición de 6 tablets que a etapa de Educación Infantil fixo na última reunión de Claustro, empregando os dispositivos de Polos Creativos e recuperando tablets doutras etapas que deixen de ser necesarios, para aproveitar ó máximo os recursos actuais e reducir ó mínimo a necesidade de compra de novo hardware.

- Trasladar o material de Polos Creativos a unha aula fixa definitiva onde quede pechado baixo chave, especialmente o máis valioso, facendo xa plenamente funcional o sistema de información basado en códigos QR e o rexistro de reserva dos recursos que se empezou a elaborar este curso.

- Promover a xeración de novo contido dixital nas distintas etapas aproveitando a gran cantidade de recursos de Polos Creativos que chegaron este curso. O que ata agora era unha limitación debido a ausencia de hardware específico deixa de selo, pero require da implicación dos docentes para o seu uso e aproveitamento.

- Continuar estimulando ó profesorado para que mellore a súa competencia dixital e, sobre todo, na consecución de acreditacións oficiais.

- Facer que todo o Claustro sen excepción dispoña de certificado dixital e saiba empregalo para asinar documentos.

- Unha vez que xa se renovaron a maioría de equipos destinados ás distintas etapas educativas e ó profesorado, faise moi necesaria (se non urxente) a substitución de equipos informáticos na etapa de Fomación Profesional e a dotación do novo ciclo de grao medio con equipos informáticos axeitados. A maioría de equipos actuais son moi obsoletos. Limitan e dificultan a experiencia do alumnado. Poderíanse aproveitar, non obstante, para a materia de Montaxe e Mantemento de Sistemas e Compoñentes Informáticos do CFGB de Informática de Oficina como material de prácticas para experimentar coa montaxe, o mantemento e a revisión de hardware e software.

- Ir substituindo os actuais proxectores, a medida que se vaian estragando, por pantallas interactivas ou, de non dispor de presuposto, por simples monitores de proxección xa que están dando bo resultado nas aulas onde se empregaron este curso.

- Implicar a máis membros da comunidade educativa nas responsabilidades que requiren un maior grao de competencia dixital (páxina web e redes sociais, consola de administración de Google, fotocopiadoras, redes de datos do centro, etc.) para que todos estes servizos non dependan en ningún caso dunha soa persoa e se lle poida dar continuidade sen problemas en caso de baixas ou ausencias do persoal responsable habitual.

- Dirixir a formación do profesorado a aspectos moi concretos e prácticos, menos xeneralistas, e ofrecer unha oferta formativa moito máis selectiva para que o aproveitamento do tempo de formación resulte efectivo e non sexa precibido como unha pérdida de tempo que resta en vez de sumar de cara a atender ás necesidades específicas do alumnado. Sería moi convinte buscar espazos temporais no calendario para que os docentes poidan crear recursos didácticos adaptados ás súas clases e que lles permita poñer en práctica o aprendido.

- Crear un curso específico para proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP e ESO/FP para analizar a fiabilidade da información que se poida reutilizar no futuro con pequenos cambios xa que ata o de agora este obxectivo vense cubrindo con medidas ad hoc sen un seguemento e avaliación formal.

- Levar a cabo un seguemento formal e integral dos proxectos interdisciplinares realizados ó longo do curso no conxunto do centro. É dicir, solicitar ós coordinadores de etapa que deixen constancia de tódolos instrumentos empregados nos mesmos: deseño e temporalización de actividades, instrumentos de avaliación empregados, resultados da avaliación, memoria das actividades, material de promoción en web e redes, ...

- Crear algún espazo común (por exemplo: Classroom, unidade compartida, blog interno, ...) onde os membros do equipo de Polos Creativos ou calquera docente que así o decida poidan compartir os contidos dixitais, actividades ou unidades didácticas creadas cos recursos de Polos Creativos. Isto permitirá a súa reutilización ou adaptación por parte doutros docentes promovendo con máis celeridade o seu uso e implantación. 

 

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

-      Para a correcta difusión do Plan Dixital a toda a comunidade educativa empregamos a URL facilitada pola plataforma EDUCALIDADE para o curso 2024/2025: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=133&codCentro=32008665

-      Plan Dixital publicarase na páxina web do centro así como nas redes sociais coas que conta o Centro (Facebook e Instagram).

https://www.dimaourense.com/documentos-de-centro/