Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Unha vez ao trimestre revisaranse os seguintes aspectos:
O estado da execución das accións.
Análise e valoración dos resultados.
Posibles modificacións das accións.
Propostas de mellora en caso de ser preciso
Mediante o grupo de traballo co persoal implicado en cada medida, realizarase un seguimento das medidas adoptadas empregando como medio de comunicación a Aula Virtual. En cada trimestre realizarase o seguimento e estado de cada proposta tendo en conta a temporalización fixada.
En relación ao seguimento do primeiro trimestre do curso, coméntanse varios aspectos:
Relacionado con obxectivo 1PD, as enquisas serán realizadas ao final de curso, para coñecer o impacto que están tendo as medidas tomadas como promoción, entre elas atópanse o emprego de cursos creados para propostas do profesorado como o CURSO 12/56 Músicas de América do Sur, ou o curso de Atención á diversidade. Igualmente plantéxanse propostas para o alumnado, que ademais das propias materias, creáronse cursos como por exemplo Representantes do Alumnado, cun foro de participación para o alumnado delegado e subdelegado do centro.
En relación ao O2PD, foi creado o grupo de traballo que leva en funcionamento dende comezos de curso e está a traballar na proposta interdisciplinar que trata sobre Músicas de América do Sur. Nela participa e colabora alumnado e profesorado do CDAN. Igualmente deu comezo a formación na nova mesa de misturas dixital.
En relación ao O3PD, decidiuse gravar os titoriais unha vez finalizada a formación de xeito que sexan moi concretos e de acceso doado e directo para a información.

Relacionado con obxectivo 1PD, as enquisas non foron realizadas posto que a demanda da aula virtual non se veu incrementada, podendo concluir que o impacto é similar ao de curso anteriores. Foi empregada como recurso comunicativo nas formacións do centro, tanto en "12/56 Músicas de América do Sur", ou o curso de Atención á diversidade.
En relación ao O2PD, foi creado o grupo de traballo que leva en funcionamento dende comezos de curso e concluiuse a proposta interdisciplinar que trataba sobre Músicas de América do Sur. Nela participaron e colaboraron alumnado e profesorado do CDAN. Igualmente finalizouse a formación sobre a mesa de misturas.
En relación ao O3PD, a gravación dos titoriais sobre a mesa de misturas, levarase a cabo durante o próximo curso 25-26.
En relación ao Plan Dixital, incluíronse dous novos recursos no auditorio. Por unha banda, cableouse todo o escenario con 5 puntos de corriente doble e cableado de audio. Por outra, dotouso ao auditorio dun novo spot de luz.
Avaliación
Farase ao final de curso, onde se incluirán os seguintes aspectos:
-Valoración do logro dos obxectivos.
- Propostas de mellora.
Para levar a cabo a avaliación, empregarase a comunicación e feedback entre os membros implicados en cada unha das propostas e igualmente a elaboración de rúbricas / enquisas.
A valoración xeral do traballo relacionado co Plan Dixital é boa tendo en conta o feedback dos integrantes do grupo e as enquisas realizadas no plan de formación.
A actividade interdisciplinar funcionou adecuadamente e a proposta final resultou ser moi interesante implicando a un elevado número de alumnado e profesorado, tanto do CMUS como do CDAN.
A proposta de mellora a nivel xeral radica na dotación no auditorio dun sistema de iluminación de escenario eficiente e practicable. A dificultade de acceso aos focos, ralentiza en gran medida o acceso aos mesmos, complicando nalgúns casos posibles problemas que poidan surxir durante os eventos.
Por outra banda, está pendente a elaboración de vídeos de uso da mesa de misturas, que corren a cargo do coordinador TIC. Dito aspecto levarase a cabo no próximo curso e será incluído no Plan Dixital.
Comunicación e difusión
- O Plan Dixital esá dispoñible durante todo o curso na páxina web do centro, e no espazo da aula virtual adicado ao claustro, no apartado documentación.
- Pódese atopar aquí:
- https://drive.google.com/file/d/1hvCfvBzQDLkvgv00QrL_dvBegP7mjQ2g/view?pli=1
- https://cmusxoanmontes.gal/coordinacion-tic/
- En relación ás actividades propostas, empregarase tamén a comunicación vía mail, para informar dos cambios e actualizacións, e en caso oportuno, estarán dispoñibles na aula virtual do centro, curso CLAUSTRO.