Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1 Xustificación:

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as contornas virtuais de aprendizaxe que se empreguen nos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán a aplicación de plans educativos específicos deseñados polos docentes para a consecución de obxectivos concretos do currículo, e deberán contribuír á extensión do concepto de aula no tempo e no espazo. Por iso deberán, respectando os estándares de interoperabilidade, permitir aos alumnos e alumnas o acceso, desde calquera sitio e en calquera momento, ás contornas de aprendizaxe dispoñibles nos centros docentes nos que estuden, con pleno respecto ao disposto na normativa aplicable en materia de propiedade intelectual, privacidade e protección de datos persoais. Así mesmo promoverán os principios de accesibilidade universal e deseño para todas as persoas, tanto en formatos e contidos como en ferramentas e contornas virtuais de aprendizaxe. As Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.
En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.

1.2. Contextualización:

Características socioeconómicas e culturais do centro:
O Centro Juan María pertence á Asociación “La Esperanza del Valle Miñor” formada por nais, pais e titores de persoas con discapacidade intelectual. Damos cobertura á poboación de Nigrán, Gondomar, Baiona, Tomiño, Vigo e Mos. O noso traballo está orientado a persoas con discapacidade intelectual, con idades de 3 a 21 anos. Actualmente contamos con 30 alumnos/as distribuidos en sete aulas concertadas coa Consellería de Educación. A maioría do noso alumnado está en escolarización completa e outros en escolarización combinada con centros de educación ordinaria.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa:
O noso obxectivo principal é potenciar o desenvolvemento integral  da persoa na súa vertente individual e social, respectando as súas capacidades e habilidades e ofrecéndolles unha resposta educativa axustada e de calidade a cada unha delas.
A nosa metodología está baseada en aprendizajes funcionales partindo de necesidades individuaies dándolle a prioridade á integración multisensorial, aprendizaxes dinámicos, intelixencias múltiples e estimulación cognitiva e servizos complementarios de fisioterapia, logopedia, psicología, psicomotricidade e transición á vida adulta. Tamén ofrecémoslles actividades complementarias de comedor e transporte, actividades extraescolares e de ocio.
Proxectos en marcha:

  • “Infórmate fácil”: é un plan de traballo co que tratamos de crear información adaptada e accesible de noticias de actualidade. Consta de:
    •  “Una voz para todos” é un xornal mural adaptado no que o noso alumnado redacta en lectura fácil ou pictogramas as noticias de actualidade que lles chama a atención e poñémolas no panel da entrada.
    • “Reporteros en red” é un espazo web de información e expresión accesible en Lectura Fácil. O noso alumnado exerce de reporteiros, redactores, fotógrafos e cámaras. Despois dunha investigación previa, elaboran as reportaxes e entrevistas sobre a realidade e actualidade que lles rodea https://centrojuanmaria.wixsite.com/reporterosenred
  • “Blog de cocina Juan María”: blogue didáctico para compartir receitas, actividades e hábitos saudables. http://blogdecocinajuanmaria.blogspot.com/
  • “Los videojuegos en el camino a la inclusión”: empregamos videoxogos interactivos e realidade virtual con fins educativos, terapéuticos e lúdicos onde o noso alumnado pode desenvolver todo o seu potencial.   

1.3. Proceso de elaboración:

1. Realizar a análise e diagnose da situación do centro de SELFIE, coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE). Durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022.
2. Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD) permite obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencial. Durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022.
3. Realizar a diagnose de situación do centro: a) A partir do Informe SELFIE, o centro poderá xerar un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que lle permitirá a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.O Informe Individual do test CDD permitirá ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente.
4. O Plan Dixital realizarase en base a información recollida do informe de análise da situación do centro e de acordo coa estrutura ofrecida pola Consellería. No último trimestre do curso 2021-2022, o Plan Dixital será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro.

No curso 2022-2023, o centro procederá a implementación efectiva do Plan que estará sometido a un proceso de avaliación e mellora continua.

No curso 2023-2024 actualizamos o PD para o seu desarrollo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE
Test CDD

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. No noso centro non dispoñemos dos recursos dixitais suficientes. 2. Necesitamos máis recursos dixitais adaptados ao noso alumnado. Infraestruturas Non
Debilidade 1. No noso centro non dispoñemos dun profesional que teña horas dedicadas para impartir clases de informática, para algúns grupos. 2. Necesidade de tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Non
Debilidade 1. O técnico informático non está no centro todos os días. Persoal non docente Non
Fortaleza 1. Empregamos tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións. 2. No noso centro hai dispositivos dixitais para o proceso ensino aprendizaxe. 3. Facilítase o acceso a internet. 4. Temos dispositivos dixitais para o alumnado e facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe. 5. Temos un escritorio remoto onde compartimos información entre os profesionais do centro. Infraestruturas Si
Fortaleza 1. No noso centro existen sistemas de protección de datos. Organización de centro Non
Fortaleza 1. O equipo directivo apoia ao profesorado para que explore novas modalidades de ensino. 2. O persoal docente coñece as normas sobre dereito de autor e licenzas de uso. 3. O persoal docente involúcrase moi positivamente na participación de cursos e no intercambio de experiencias. 4. O persoal docente utiliza as tecnoloxías para comunicarse coa comunidade educativa. 5. O profesorado emprega as tecnoloxías dixitais para favorecer a colaboración do alumnado e adáptase ás súas necesidades. Persoal docente Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo Un elemento atopado.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. O custo do servizo técnico dos dispositivos e da contorna dixital corre a cargo do Centro, por medio de proxectos. 2. A Xunta non nos subvenciona os dispositivos. 3. Non dispoñemos dunha contorna dixital ofrecida pola administración educativa. Administración educativa Non
Un elemento atopado.
Análise

Este plan dixital aplicarase no curso 2023-2024, tendo en conta os recursos materiais e humanos que o Centro dispón no momento da súa elaboración.
É un plan en continuo cambio e evolución dun curso a outro.  

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Empregar as normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso nos materiais elaborados. Liderazgo
O02PD Actualizar e empregar o blogue da páxina web do Centro. Infraestructura e equipos

Seguimento

Procedemento

Como mínimo unha vez ao trimestre terase en conta o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Reunións de seguimento necesarias con mentor do PD.

1º Trimestre

Ao longo deste primeiro trimestre fixemos unha reunión con mentor de PD con data: 05/10/2023.

 

2º Trimestre

Ao inicio deste segundo trimestre fixemos unha reunión presencial con mentor de PD con data: 1/02/24.

3º Trimestre

Fixemos unha reunión presencial con mentor de PD con data: 16/06/24.

Revisamos o estado dos obxectivos para rematar o curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual: cunha frecuencia como mínimo dunha vez ao trimestre. Terase en conta o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Avaliación final: cunha frecuencia como mínimo dunha vez ao ano. Terase en conta a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Durante o curso, dende o centro levamos a cabo os obxectivos do PD.

Este curso, acadamos os dous obxectivos planificados ao principio do curso.

Proposta de mellora

O curso que ven engadiremos como accións a revisión das licenzas dos pictogramas de señalización do cole.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para dar difusión ao plan dixital, añadiremos o enlace ao plan: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36018847 na páxina web do centro, ao persoal do centro informaráselle por correo electrónico a existencia do plan dixital.