Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo do plan dixital realizará unha reunión cada dúas semanas para realizar o seguimento do cumprimento das accións, detectar novas necesidades ou eliminar ou modificar algún obxectivo, con vistas a cursos posteriores ou, incluso, ao actual.
Tamén se realizarán reunións periódicas entre o coordinador do plan dixital e o coordinador de ADIX.
O día 27/09/2023, reuníronse o coordinador do plan dixital co coordinador ADIX. Nesta reunión, o coordinador ADIX aclarou conceptos acerca do uso da aplicación "educalidade" e a estructura e elaboración do plan dixital.
O día 02/10/2023, reuniuse o equipo do plan dixital. Nesta reunión, o equipo do plan dixital revisou dito plan e acordou a creación, eliminación e modificación de varios obxectivos.
O día 19/10/2023, reuníronse o coordinador do plan dixital co coordinador ADIX. Nesta reunión, o coordinador ADIX aclarou conceptos acerca dos obxectivos de tipo SMART e acerca doutros puntos do plan como o de "seguimento".
O día 30/10/2023, infórmase a todo o Claustro do Plan Dixital a través do correo electrónica.
O día 06/11/2023, o Plan Dixital é aprobado polo Consello Escolar.
O día 21/11/2023, reuniuse o equipo do plan dixital. Nesta reunión se fixo un seguimento dos obxectivos e tomáronse decisións acercas dos obxectivos relacionados co préstamo de ordenadores portátiles e coa implantación do uso de abalarbox.
Avaliación
Avaliación procesual
Trimestralmente, o equipo de dinamización do Plan Dixital cooperará coa persoa coordinadora do mesmo para determinar o estado de cumprimento das actuacións determinadas nos obxectivos do plan, o estado da execución das actuacións e a análise e valoración dos resultados, así como para considerar posibles modificacións das actuacións e as propostas de mellora.
Avaliación final.
Ao final do curso 2023-2024, o coordinador do equipo do Plan Dixital elaborará, a partir da valoración sumativa da análise parcial trimestral e a concreción final dos resultados obtidos, a memoria na que se determine o grao de cumprimento dos obxectivos do plan, a valoración do logro dos mesmos a partir da situación inicial e, no seu caso, as propostas de mellora do plan, que serán introducidas no curso ou cursos seguintes.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital do IES Escolas Proval gozará da consideración de documento básico para a implementación da estratexia de desenvolvemento das TIC’s no ámbito da comunidade educativa. A tal fin, é imprescindible dotalo dos mecanismos de publicitación, para o seu coñecemento xeral.
Dado que o Plan Dixital forma parte do Plan Xeral Anual do centro, este debería ser aprobado polo Consello Escolar, unha vez oído polo claustro, antes do dia 15 de outubro de 2023. Este curso académico ampliouse o prazo e os centros disporán ata o 6 de novembro de 2023 para entregar dito plan dixital.
Unha vez aprobado o Plan Dixital de Centro do IES Escolas Proval, e unha vez trasladado ao Servizo de Inspección Educativa para a súa conformidade, seguirase o seguinte protocolo de publicidade ante a comunidade educativa:
1.- Publicación, na páxina web do centro, dunha ligazón de acceso ao documento na aplicación de "educalidade".
2.- Comunicación, a través de Abalar, da publicación do Plan Dixital, incluíndo a ligazón de acceso ao documento na aplicación de "educalidade".