Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do PD en relación coa normativa vixente

    • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo

O Plan Dixital deberá basearse nos seguintes puntos:

  • A importancia das Tecnoloxías da Información e Comunicación ou TIC no ensino é cada vez maior e, neste contexto, o valor que representa para a sociedade galega a posibilidade de aceso a Sociedade de Información dende os centros educativos é incuestionable.
  • Os recursos TICs cos que conta o centro, aínda que aceptables como punto de partida, deben ser mellorados co paso do tempo, pemitindo actualizar o material que vai quedando obsoleto.
  • É necesario continuar ca revisión do método de integración das TIC no ensino, polo menos na metodoloxía a empregar, se queremos mellorar os resultados tanto académicos como de inserción na sociedade do alumnado do noso centro.
  • Continuar e afondar na formación dos docentes na aplicación das TIC ao ensino, pasando así de mero usuario a creador de contidos para o alumnado.

Dentro da planificación de cada curso académico por parte do equipo directivo, a Planificación Xeral Anual é un instrumento de planificación para cada curso académico, tendo como finalidades recoller as decisións e acordos máis relevantes que afecten á organización e funcionamento xeral do centro. O CIFP Fontecarmoa ten unha elevada traxectoria de participación en diferentes proxectos de innovación educativa, moitos deles cun carácter fundamentalmente tecnolóxico. Algunhas das máquinas e maquetas empregadas nestes proxectos de innovación teñen necesidades de conectividade as que lle debemos dar resposta dende a organización das TICs do centro. Será importante ter en conta estas necesidades e tamén aproveitar as melloras de capacitación do profesorado para mellorar a incardinación das TICs no proceso de ensino – aprendizaxe de tódalas etapas do centro educativo. Por todo isto, estímase necesario a incorporación do Plan Dixital no Proxecto Educativo de Centro para que permita a participación activa de todo o equipo docente na mellora do proxecto TIC e tamén se teña en conta na programación xeral anual de centro do curso actual e posteriores.

Proceso de elaboración

A elaboración do presente plan dixital levouse a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital. Nun primeiro momento comezouse cunha fase de análise da situación actual. Para esta finalidade puido utilizarse un sistema de enquisas confeccionado dende a Unión Europea denominado SELFIE. O mencionado procedemento de enquisas dedicouse a recoller a información de partida partindo de cuestionarios realizados a estudantes, profesores e membros do equipo directivo do centro.  Posteriormente púxose en marcha un test de Competencia Dixital Docente, no que os profesores tiñan que cubrir unha enquisa ca finalidade de comprobar cal era a súa valoración en competencia Dixital. Posteriormente, co obxectivo de analizar os resultados do cuestionario SELFIE e o test CDD realizado polo profesorado, deseñouse unha análise tipo DAFO. O obxectivo desta sería analizar os aspectos positivos e os negativos do centro educativo con respecto as TICs. Un DAFO é un sistema no que se analiza en profundidade tanto as debilidades e fortalezas dende un punto de vista interno da organización coma as Oportunidades e Ameazas dende outro punto de vista externo a esa mesma organización. A partir do análise DAFO realizado, pasouse a realizar o plan de acción, proxectando un conxunto de actuacións para melloralos. Este plan de acción, o igual que todo o procedemento, estivo mentorizado polos asesores ADIX2 de Vilagarcía. Como última fase deste proceso, está a elaboración do documento final plan dixital, que deberá, xunto con algunha análise adicional.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE

Test de Competencia Dixital Docente

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C17. Profesorado e alumnado consideran que non dispoñen de acceso a unha base de datos de provedores de formación en centros de traballo Alumnado Non
Debilidade H1. O alumnado pensa que non aprende a actuar de xeito seguro en internet Alumnado Non
Debilidade H13. O alumnado pensa que no centro non aprende o suficiente de como resolver problemas técnicos Alumnado Non
Debilidade H6. O profesorado opina que o alumnado non aprende a dar crédito ó traballo doutras persoas atopado por internet. Alumnado Si
Debilidade A4. O profesorado e o equipo directivo creen que non dispoñen de tempo necesario para explorar a ensinanza dixital Organización de centro Non
Debilidade C16. O profesorado manifesta que no centro non se dispón de bibliotecas e repositorios en liña. Organización de centro Si
Debilidade F8. No centro non se emprega a tecnoloxía para a orientación profesional. Organización de centro Non
Debilidade F3. Fomentar a creatividade empregando ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Debilidade G10. O alumnado considera que non se valoran as habilidades dixitais adquiridas por eles fora do centro. Persoal docente Si
Debilidade B2. O profesorado e o alumnado pensan que no centro non se debate o suficiente sobre as vantaxes e desvantaxes do emprego na ensinanza de ferramentas dixitais. Persoal docente Non
Debilidade F5. O alumnado considera que no centro non se emprega a tecnoloxía para traballar en grupo Persoal docente Non
Debilidade G3. Emprego de tecnoloxías dixitais para facilitar feedback ó alumnado sobre o seu aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza Competencia por parte do alumnado para codificar, programar en relación as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza C2. Existencia de dispositivos dixitais que se poden empregar para o ensino. Infraestruturas Non
Fortaleza C3. No centro facilítase o acceso a internet para a ensinanza e o aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias. Oferta Non
Fortaleza A5. No centro se repectan as licenzas e dereitos de autor. Organización de centro Non
Fortaleza Existencia dnha política de protección de datos a nivel de centro educativo. Organización de centro Non
Fortaleza A1. Considérase que o centro conta cunha estratexia dixital definida. Organización de centro Non
Fortaleza E1. O profesorado busca recursos dixitais en liña Persoal docente Non
Fortaleza E4. O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ó centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado fai unha utilización activa e creativa das aulas virtuais e entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Transformaciión da práctica docente co uso das ferramentas dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D2. Acceso a posibilidades de desenvolvemento profesional continuo por parte do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza E2. O profesorado crea recursos dixitais en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Adopción de innovacións educativas por parte do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais e en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Fortaleza Adopción por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Non
Fortaleza Existencia de canles de comunicación entre os diferentes departamentos do centro. Persoal non docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Situación de inestabilidade no centro educativo por mor de conversión a CIFP. Administración educativa Non
Ameaza A participación das familias non é suficiente para acadar unha melloría no ensino dixital dos alumnos. ANPA Non
Ameaza A crise orixinada pola pandemia e continuada actualmente pola inflación desmesurada, pode considerarse ameaza porque pode repercutir en un empobrecemento das familias. Contorna Non
Ameaza A6. O profesorado considera que as empresas coas que colaboramos non participan no deseño da estratexia dixital do centro. Outras Non
Ameaza B4. Poucas canles de comunicación con outros centros educativos para apoiar o uso da tecnoloxía no ensino. Outras Non
Oportunidade O proceso de estabilización de persoal docente levado a cabo pola Administración educativa é positivo en todolos aspectos. Administración educativa Non
Oportunidade Considerase que hai colaboracións importantes con institucións alleas ao centro educativo Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas a través do SELFIE e o Test CDD, e analizados os resultados, levouse a cabo un análise DAFO, do que se obtén unha instantánea da situación partida, o que permitirá o establecemento dunha serie de actuacións sustanciadas en parte nos obxectivos a conseguir no presente Plan Dixital.

De calquera xeito, do análise deste DAFO, parece quedar claro, que é necesaria a concienciación de todo o ámbito educativo sobre a necesidade e a utilidade de usar recursos dixitais, tendo en conta eso sí que para vencer as reticiencias iniciais, será moi necesario, que tanto o alumnado coma o profesorado poida ter acceso e formación e información sobre o uso destas ferramentas, así como para o seu uso dun xeito seguro e correcto.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Incrementar o uso do cuaderno de aula da aula virtual ou o cuaderno de aula dixital proposto polo centro
O02PD Desenvolver estratexias que permitan fomentar a creatividade empregando ferramentas dixitais
O03PD Aplicar a normativa de propiedade intelectual e os dereitos de autoría
O04PD Desenvolver instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais colaborativas
Cargando os indicadores...

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do PD realizará, polo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións do Plan.

A persoa mentora Adix realizará, como mínimo, unha visita por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Estase a seguir a temporalización prevista para acadar os obxetivos salvo no O4 por mor do retraso na formación en Aula Virtual

2º Trimestre

Estase a seguir a temporalización prevista para acadar os obxetivos 

3º Trimestre

Dous obxetivos cumprínronse e outro dous acadáronse parcialmente que se seguirán a traballar o ano que ven

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos se planifica da forma seguinte:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

O obxetivo relacionado coa propiedade intelectual non xerou o interese esperado entre o profesorado. En canto ao alumando, aumentouse a súa implicación na creatividade dixital pero os valores seguen a ser moi baixos. Os outros obxetivos acadaronse sen problemas

Proposta de mellora

Deixar o obxetivo relacionado coa propiedade intelectual e introducir un relacionado co bo uso da IA debido ao interese mostrado tanto polo profesorado como polo alumnado

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Establecese que o presente plan dixital debe ser dado a coñecer entre a comunidade educativa do centro. Inicialmente anunciarase a súa redacción entre o profesorado do centro e posteriormente será presentado ao Consello Escolar

Posteriormente estímase necesario a publicación do plan dixital na páxina web do centro, para que poida ser consultado por calquera persoa interesada e pertencente a comunidade educativa do CIFP Fontecarmoa.