Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro.

Situación socioeconómica e cultural do contexto do centro

O CPR Vivas atópase situado no centro de Vigo (poboación de case 300.000 habitantes). A contorna do centro é urbana con familias traballadoras e que forman parte do funcionariado, o que inculca unha serie de valores e estilos de vida. Ademais, contamos cun alto porcentaxe de alumnado doutras nacionalidades, algunhas descendentes de galegos que emigraron, sobre todo a países de Latinoamérica. 

A idade media dos habitantes de Vigo sitúase en 45,69 anos (poboación de mediana idade), que nos últimos anos aumentou pola inmigración internacional e sempre concentrou habitantes doutras poboacións cercanas que modificaron o seu domicilio por motivos laborais ou por as facilidades e servizos que supón vivir nunha cidade.

En canto ás familias do alumnado, atopamos que cada vez son máis as parellas nas cales as dúas personas traballan fóra da casa, e tamén máis familias nas que houbo unha separación ou divorcio, e familias monoparentais.

Vigo e a súa contorna teñen maior nivel formativo de educadión básica en toda Galicia, pois case a metade dos 544.135 habitantes da área acadaron esta categoría. Tamén conta cunha proporción de emprego na industria do 15,9%. Na contra, o espazo urbano destinado a zonas verdes é mínimo e a proporción de fillos por muller sitúase no 1,09, sendo a quinta peor cifra nos grandes municipios españois.

O concello de Vigo publica trimestralmente información sobre a situación xeral do mercado laboral, con comparativa detallada e referencia ó xénero.

Na cidade destaca o sector automobilístico, tanto pola fábrica de Stellantis (PSA), fundada no ano 1958, como por tódalas empresas subsidiarias. O sector naval ten un gran peso, con construcción, reparación e mellora de barcos en empresas como Fransico Cardama, S.A., Construcciones Navales P.Freire, S.A., o Hijos de J.Barreras, S.A.

A ubicación nunha gran cidade permite que o alumnado atope de xeito máis sinxelo oportunidades laborais, as cales incluso compaxinan en moitas ocasións cos estudos. Esta situación privilexiada tamén permite que continúen os seus estudos, tanto realizando outros ciclos formativos como accedendo á Universidade.

Contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo do Centro e outros plans e proxectos. 

O Plan Dixital é un instrumento para impulsar o uso responsable dos medios dixitais dentro da nosa comunidade educativa, polo que ten que ser afín e complementar ó Proxecto Educativo de centro. A finalidade do CPR Vivas é contribuir á formación integral do alumnado, facilitando a súa empregabilidade a través de coñecementos, aptitudes e actitudes profesionais e persoais, e dotando de competencias transversais como o uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).A comunidade educativa do CPR Vivas ven recoñecendo a importancia dos medios dixitais na formación do alumnado dende hai anos, sobre todo nos ciclos formativos de Grado Medio de Xestión Administrativa, e de Grado Superior de Administración e Finanzas así como de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, pois é fundamental para o seu posterior rendemento laboral que sepan manexalos. Nestes ciclos foi onde inicialmente se integraron as TIC, que foron expandíndose ó resto progresivamente, ata integralas como práctica diaria do centro.

  • Compra de equipamentos a través de fondos propios (ordenadores e pezas para mellora, pizarras dixitais, proxectores en cada aula…).
  • Posta a disposición do alumnado de ordenadores na sala de traballo colaborativo.
  • Fomento da formación do profesorado no uso de TICs a través da bonificación de cursos (Fundae), como informando dos cursos en FProfe.
  • Uso de Zoom e Meets para realizar titorías por videoconferencia fóra de horario de clases.
  • Páxina web propia e redes sociais nas que achegar o centro á comunidade que nos rodea, mostrar algunhas das actividades realizadas, compartir información (como convocatorias de becas, programa Erasmus+, calendario escolar…) e recibir do exterior consultas e achegas.
  • Correo electrónico propio para profesorado e persoal administrativo (@colegiovivas e @edu.xunta.gal) para garantir as comunicacións con terceiros. 

Contribución do Plan Dixital á Programación Xeral Anual do curso 

O presente Plan Dixital terá unha gran influencia á hora de realizar a Programación Xeral Anual para o presente curso, pois parte da análise das necesidades de cambio e mellora no centro, e busca o compromiso de toda a comunidade educativa para poder acadar os obxectivos plantexados.

Xustificación e normativa reguladora.

Este Plan Dixital recolle as accións específicas que pretenden mellorar a competencia dixital na comunidade educativa para ser capaces de aplica-la no proceso de ensinanza-aprendizaxe, na comunicación co exterior e internamente, así como formar o alumnado para que acade as competencias necesarias para o seu desenvolvemento persoal e profesional. A elaboración deste plan permitiunos evaluar a situación de partida do centro en relación coas TIC, valorada polo equipo directivo, profesorado e alumnado, co que podemos extraer conclusións obxectivas, e a partir da mesma realizar unha actividade de autorreflexión para poder crear este documento que busca planificar a mellora da estratexia dixital no centro. 

A normativa reguladora do plan dixital é a seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación (coas modificacións da LOMLOE 3/2020, de 29 de decembro)
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Proceso de elaboración 

En cursos previos participamos activamente nas actividades organizadas pola Consellería, a través da aula virtual do Adix Vigo 2. Recollemos información a través de documentos, foros e videoconferencias, para achegala o resto do equipo. Internamente: reunións, videoconferencias e emails.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Situación de partida

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

A infraestrutura e equipamento descríbese de forma detallada no arquivo adxunto, incluíndo diversos test de uso e carga de redes e sistemas.

No ámbito dixital, o centro educativo conecta co alumnado e coa cidadanía en xeral a través dos seguintes recursos:

  • Páxina web.
  • Correo electrónico para profesorado e persoal administrativo, así como listas de correo a nivel departamento e colexio.
  • Redes sociais: LinkedIn, Youtube, Facebook e Instagram.
  • Aula virtual: Moodle.
  • Servizos de Google: Classroom, Drive, Gmail, Grupos, Docs, Formularios...
  • Videoconferencia: Zoom, Webex e Meet.
  • Mensaxería: Telegram e Abalar.

Fontes empregadas para a análise DAFO

A elaboración da análise DAFO levouse a cabo utilizando os resultados da autoavaliación realizada polo equipo directivo, claustro de profesorado e alumnado do CPR Vivas, así como os resultados do plan dixital anterior, o Test CDD e o Informe SELFIE.

Recollemos no documento adxunto o resumo das áreas do informe SELFIE para a única etapa educativa que temos (Formación Profesional):

  • Participación segundo perfil do profesorado.
  • Puntuación e nivel de competencia do centro.
  • Puntuación e nivel de competencia por etapas.
  • Dstribución do profesorado por niveis.

Análise DAFO 

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (posibilidade de levar equipos prestados) Alumnado Si
Debilidade Base de datos de proveedores de formación Alumnado Si
Debilidade Resolución de incidencias técnicas. Alumnado Si
Debilidade Outorgar recoñecemento ó traballo dos demáis Alumnado Non
Debilidade Reflexionar sobre o uso da tecnoloxía. Alumnado Non
Debilidade Autorreflexión sobre a aprendizaxe Alumnado Si
Debilidade Tecnoloxías asistenciais Infraestruturas Si
Debilidade Participación das empresas na estratexia Organización de centro Si
Debilidade Tecnoloxías asistenciais Organización de centro Si
Debilidade Sinerxias para o ensino e a aprendizaxe a distancia Organización de centro Si
Debilidade Avaliación do progreso Organización de centro Non
Debilidade Tempo para explorar a ensinanza dixital Persoal docente Si
Debilidade Avaliación do progreso Persoal docente Si
Debilidade Prácticas de avaliación dixital Persoal docente Si
Debilidade Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Debilidade Recursos educativos abertos Persoal docente Si
Debilidade Autorreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade Implementación na aula das tecnoloxias dixitais para o aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (para uso polo alumnado no centro) Alumnado Si
Fortaleza Habilidades dixitais para diferentes materias Alumnado Si
Fortaleza Traer o propio dispositivo Alumnado Si
Fortaleza Participación en proxectos interdisciplinares. Alumnado Si
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Si
Fortaleza Dispositivos dixitais para a ensinanza Infraestruturas Si
Fortaleza Infraestructura Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Si
Fortaleza Novas modalidades de ensino Oferta Si
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Si
Fortaleza Espazos físicos Organización de centro Si
Fortaleza Novas modalidades de ensino Organización de centro Si
Fortaleza Traer o propio dispositivo Organización de centro Si
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza Persoal docente Si
Fortaleza Intercambio de experiencias Persoal docente Si
Fortaleza Participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Fortaleza Participación no Desenvolvemento Profesional Continuo Persoal docente Si
Fortaleza Recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Asistencia técnica Administración educativa Si
Ameaza Participación das empresas na estratexia Outras Si
Ameaza Sinerxias para a aprendizaxe mixta Outras Non
Oportunidade Infraestructura Administración educativa Si
Oportunidade Dispositivos dixitais para a ensinanza Administración educativa Si
Oportunidade Brecha dixital: medidas para identificar os retos Contorna Si
Oportunidade Brecha dixital: apoio para aboradar os retos Contorna Si
Oportunidade Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso Lexislación Si
Oportunidade Protección de datos Lexislación Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras a identificación das Fortalezas e Debilidades a nivel interno, e as Oportunidades e Ameazas a nives externo, establécense unha serie de obxectios e accións a acadar no presente curso académico, co obxectivo de promover a alfabetización dixital, preparar aos estudantes para os desafíos do mundo laboral actual e facilitar a mellora continua da calidade educativa.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Implementar actividades dixitais que fomenten a creatividade do alumnado (F3)
O2PD Utilizar as tecnoloxías dixitais con fins de orientación profesional (F8)
O3PD Empregar ferramentas dixitais para a avaliación e retroalimentación do alumnado (G5)
O4PD Promover canles de comunicación entre os diferentes axentes do proceso ensinanza-aprendizaxe (B5)
O5PD Promover o Desenvolvemento Profesional Continuo sobre as TIC (D2)

Seguimento

Procedemento

As accións de cada obxectivo teñen uns indicadores específicos que servirán para medir o grado de cumprimento, para as cales se fará un seguimento trimestral, permitindo realizar variacións se foxen necesarias durante o curso académico, coa finalidade de conseguir os respectivos obxectivos. Estas modificacións poden deberse á necesidade de modificar os prazos inicialmente establecidos e/ou accións ou obxectivos.

O seguimento, avaliación e, no seu caso, modificación do Plan Dixital será xestionado polo equipo de dinamización, que implicará no mesmo ó profesorado se así o estima convinte. A persona coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e as avaliacións do plan baixo a supervisión da persoa directora.

 

1º Trimestre

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

Actualmente estase instalando e configurando unha rede en malla WiFi interconectada á rede do centro para fornecer, nunha fase final, cobertura WiFi a toda a comunidade escolar con saída a internet e coa seguridade suficiente para evitar conflitos entre dispositivos conectados a esa rede e os equipos do centro. Ademais, búscase proporcionar cobertura completa WiFi de alta velocidade co menor número posible de puntos de acceso (PA) necesarios. En calquera caso, a rede será escalable de forma que se poida ampliar por motivos de falta de cobertura ou saturación de dispositivos nalgunha das zonas do centro. 

Toda esta información detállase no documento adxunto: Informe implementación malla WIFI.

Seguemento dos obxectivos do plan dixital.

Neste primeiro trimestre avanzáronse nos seguintes obxectivos:

O1PD. "Implementar actividades dixitais que fomenten a creatividade do alumnado (F3)":

  •  Número de cursos con acceso a CANVA EDU: 50%
  •  Creación da revista dixital "Escuela Parlamento Europeo": en proceso.
  • Porcentaxe de cursos nos que se desenvolven actividades dixitais creativas: a totalidade dos cursos, algúns de xeito máis frecuente e outros de maneira máis esporádica, polo que se procurará seguir mellorando e avanzando nas mesmas.

O2PD. Utilizar as tecnoloxías dixitais con fins de orientación profesional (F8):

  • Número de recursos de orientación profesional compartidos a través de redes sociais: media de +2/mes
  • Porcentaxe de ciclos que utilizan Grupos de Google para compartir recursos de orientación profesional: 50%

O3PD. "Empregar ferramentas dixitais para a avaliación e retroalimentación do alumnado (G5)".

  • Porcentaxe de profesores que utilizan os cuestionarios de Moodle:  30%
  • Porcentaxe de profesores que utilizan as rúbricas ou guías de avaliación de Moodle: 15%

O4PD. "Promover canles de comunicación entre os diferentes axentes do proceso ensinanza-aprendizaxe (B5)": acadado o 100%.

O5PD. Promover o Desenvolvemento Profesional Continuo sobre as TIC (D2)

·       Porcentaxe de profesorado que realizou cursos de capacitación dixital: 30%

2º Trimestre

Seguemento dos obxectivos do plan dixital.

Neste segundo trimestre avanzáronse nos seguintes obxectivos:

O1PD. "Implementar actividades dixitais que fomenten a creatividade do alumnado (F3)":

  •  Creación da revista dixital "Escuela Parlamento Europeo": en proceso.

O3PD. "Empregar ferramentas dixitais para a avaliación e retroalimentación do alumnado (G5)".

  • Porcentaxe de profesores que utilizan os cuestionarios de Moodle:  40%

O5PD. Promover o Desenvolvemento Profesional Continuo sobre as TIC (D2)

·       Porcentaxe de profesorado que realizou cursos de capacitación dixital: 40%

3º Trimestre

Seguemento dos obxectivos do plan dixital.

Neste terceiro trimestre avanzáronse nos seguintes obxectivos:

O1PD. "Implementar actividades dixitais que fomenten a creatividade do alumnado (F3)":

  •  Creación da revista dixital "Escuela Parlamento Europeo": acadado
  • Desenvolvéronse actividades creativas dixitais en todolos cursos: realización e edición de videos e podcast, colaboración na plataforma GitHub, diseño de infografías, presentacións e outros contidos en Canva e Genially...

O2PD. Utilizar as tecnoloxías dixitais con fins de orientación profesional (F8): completado.

O3PD. "Empregar ferramentas dixitais para a avaliación e retroalimentación do alumnado (G5)": completado.

O5PD. Promover o Desenvolvemento Profesional Continuo sobre as TIC (D2): acadado. Media de competencia dixital docente do profesorado do centro: A2-B1.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

En liñas xerais, acadáronse os obxectivos propostos no plan dixital de maneira satisfactoria, con algúns cambios puntuais en canto ós prazos e novas necesidades detectadas. Isto queda reflectido polo miúdo no seguimento realizado en cada trimestre.

Proposta de mellora

Analizar os usos da intelixencia artificial (IA), enfocándonos en como utilizala adecuadamente e aplicala no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Identificar ferramentas e metodoloxías baseadas en IA que poidan potenciar as competencias dixitais do alumnado, optimizar a personalización da aprendizaxe e mellorar a eficiencia na xestión educativa, enriqucendo o noso enfoque pedagóxico e preparar mellor ao noso alumnado para os desafíos do futuro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será compartido co profesorado, e se informará ó alumnado do mesmo durante as sesións iniciais do presente curso, así como dos avances conseguidos unha vez finalizado o curso.

O Plan Dixital é accesible para toda a comunidade educativa e sociedade, estando publicado na nosa páxina web: https://colegiovivas.com/web2/content/plan-digital-del-centro