Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O coordinador TIC mantivo reunións mensuais coa supervisora do PD para poder consultar as dúbidas que ían xurdindo respecto ó mesmo. Por outra banda, mantivo comunicación interna, fundamentalmente mediante correo electrónico, e aproveitou reunións de etapa e claustros para falar cos axentes implicados nas distintas accións, lembrándolles as tarefas a realizar e as datas máximas de referencia para intentar, na medida do posible, non sobrepasalas.
- Xornada de acollida Polos Creativos en Santiago de Compostela (17/10/2023)
-19/10/2023 1ª Reunión coa asesora do Plan Dixital, María Belén Opazo Quintas, infórmame que as reunións serán trimestrais e non mensuais.
- 25/10/2023 - Formación de ABP y ApS por parte da Institución Divino Maestro
- 14/11/2023 Solicitude e Concesión PFPP para Polos Creativos - O2305171 Aproveitamento dos recursos de Polos Creativos
- Particiapacion no Campionato Galego de Robótica - https://www.dimaourense.com/ganadores-concurso-galego-de-robotica-2023/ - GAÑADORES
- Outubro 2023 - Concedida subvención para mercar pantallas dixitais - https://www.dimaourense.com/subencion-aulas-dixitais-2023/
- Cambio de 12 Proxectores por pantallas Táctiles coa subvención e mellorar 12 ordenadores do profesorado.
- Outubro 2023 Formación de Profesorado en EDIXGAL (Coordinador EDIXGAL e Introdución aos recursos de E-Dixgal)
- Decembro 2023 - O Centro preparase para particpar en Erasmus+ en ESO e FPB
- Erasmus+ O Centro envía a solicitude para participar en Erasmus+ ESO e FPB
- Cambio de servidor web para a páxina web do centro, pasando a ser dende este momento ACENS
- 25/01/2024 - entrega en CFR de Ourense dos Kits Singulares
- Solicitude de Autorización para impartir FP de grao Medio en Actividades Comerciais (31/01/2024)
- Febreiro 2024 Profesorado interesado inicia Acreditación en competencias Dixitais A2 e B2, así como diferentes formacións Dixitais en FPROFE
- 22/02/2024 2ª Reunión coa asesora do Plan Dixital, María Belén Opazo Quintas.
- 22/02/2024 - Presentación ao Equipo de Polos Creativos dos Kits Singulares - Elaboración de Classroom de Polos Creativos
- 27/02/2024 - Presentación ao Claustro dos diferentes Kits Singuales entregados e os material de Préstamo ofertado polo CFR de Ourense
- Solicitamos ao CFR de Ourense MBOT-Ranger con renovación (26/02/2024 a 28/03/2024) para traballar co alumnado de FPB
- Solicitamos ao CFR de Ourense Impresora 3D en 2 datas diferentes (29/04/2024 a 14/05/2024) e (28/05/2024 a 12/06/2024) para traballar co alumnado de ESO
- 23/04/2024 Formación en Cortadora Láser. Presencial no Centro para o Equipo de Polos Creativos (10 profesores)
- Autorización del CPR plurilingüe Divino Maestro, de Ourense, para impartir el CM Actividades comerciales aparece no DOGA mércores 24 de abril de 2024
- 29/05/2024 Alumnado de 4ºESO realiza a proba de Comptencia Dixital, superándoa un 26% e quedando bastantes alumnos ás portas de conseguila.
- Temos a sorte de que un profesor Erasmus+ de Turquía, Umit, elexiu o noso centro para entre os días 3 e 14 de xuño de 2024 esté formando a alumnos do noso centro en temas como a programación de Arduino e a Intelixencia Artificial, mostrándolles moitos recursos e posibilidades de ambos os temas.
- 17/06/2024 3ª Reunión coa asesora do Plan Dixital, María Belén Opazo Quintas.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- Cada un dos obxectivos indicados nas táboas leva unhas celdas co eígrafe “Seguimento da acción”, de modo que éste pode facerse na mesma táboa, aínda así farase unha avaliación por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital como mínimo unha vez ao trimestre no contexto da avaliación procesual. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será de unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
- Ademais haberá, segundo os obxectivos a desenvolver formularios e/ou cuestionarios dixitais que se enviarán ás familias, alumnos, docentes, departamentos, especialistas... en función dos ámbitos que toque o citado obxectivo para obter os indicadores de cada un dos obxectivos.
- Temos moitos obxectivos, 15, algúns de vital importancia para nós, como a colocación dos Paneis Dixitais en 12 aulas do centro, recolocación de algúns dos proxectores e mellorar os equipos informáticos do profesorado que este ano conseguimos sacar adiante grazas a subvención da Xunta de Galicia cos Fondos Next Generation.
- Temos outros obxectivos pendentes ou parcialmente conseguidos que pretendemos abordar os vindeiros cursos.
- Este curso bastantes profesores apuntáronse a diversas formacións de FPROFE para mellorar as sua Competencia Dixital Docente.
- Do alumnado de 4º ESO un 26% acadou a Competencia Dixital en Nivel Intermedio mediante as probas realizadas pola consellería de educación. Aínda que pareza pouca porcentaxe estamos moi satisfeitos co resultado, pois probas de dificultade considerable, quedando varios alumnos sen pasalas por apenas unhas poucas preguntas.
- Notamos falta de tempo para reunións do Equipo do Plan Dixital e falta de tempos en Claustro para propoñer as actividades e poder saber resultados do traballado relacionado co Plan Dixital.
- O profesorado ve necesidade en renovar os equipos informáticos da aula de informática.
- Mellorar o calendario e o seu seguemento do Plan Dixital
- Continuar a mellorar a formación do profesorado, aínda que este ano bastantes profesores se formaron en diferentes aspectos para mellorar a Competencia Dixital Docente.
- Aumentar o numero de reunións específicas e non aproveitar reunións alleas (Claustro e Etapa) para comunicar obxectivos trimestrais do Plan Dixital e avisar do envío de formularios para avaliar as actividades.
- Difundir o Plan dun xeito máis efectivo para que chege máis sobre todo aos profesores, pois saben que existe o Plan pero non as accións que se van a levar a cabo.
- Aumentar o número de tablets en Primaria para empregar nos alumnos de 1º a 4º de primaria que non dispoñen de dispositivo.
- Cambiar sistemas operativos da aula de informática (pasalos a chromebook) para mellorar o rendemento dos mesmos se non hai posibilidade de ter novos dispositivos.
- Engadir un punto de Polos Creativos con obxectivos que se traballaran ao longo do ano.
- Levar o seguemento do Plan Dixital continuado, aproveitando a facilidade de visualización que ten a plataforma Educalidade e que serva de altavoz ante toda a comunidade educativa.
Comunicación e difusión
- Para a correcta difusión do Plan Dixital a toda a comunidade educativa empregamos a URL facilitada pola plataforma EDUCALIDADE para o curso 2023/2024.
- Plan Dixital publicarase na páxina web do centro así como nas redes sociais coas que conta o Centro (Facebook e Instagram).