Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento do PD farase a través dunha avaliación procesual , realizada polo dinamizador do PD en coordinación co equipo directivo de xeito trimestral.
Buscarase un seguimento da realización dos obxectivos propostos e posta en común da evolución do traballo anual proposto dentro das reunión mensuais da CCP.
Seguimento por parte da asesora en dúas visitas o centro e na que se acordaron as seguintes accións:
- Visita do 28/09/2023 : Revisión dos obxectivos en Educalidade.
-
O1 - Establecer unha estratexia dixital para mellorar os obxectivos do curso pasado e tratar de empregar os novos recursos que chegan o centro.
-
O2- Aumentar os recursos subidos á Aula Virtual. Recoméndase empregar as actividades interactivas H5P da propia Aula Virtual, os foros e que o alumnado suba tarefas por medio da mesma.
-
O3- Aumentar o número de actividades dentro dos proxectos interactivos.
-
-
Reunión do 23/10/2023 (a través do espazo ADIX de videoconferencia). Recomendacións de mellora da asesora nos obxectivos , accións e indicadores do Plan Dixital 2023/24.Fixación da data de peche do 6 de novembro.
-
Comunicación do 12/12/2023 , na que se facilitan indicacións para a realización do seguimento do Plan Dixital.
Seguimento por parte da asesora :
- Reunión telemática do 16/03/2024 . Acordos da reunión:
- Obx1: Está pendente que desenvolvan actividades H5P por parte do profesorado. A asesora facilitará titoriais para a realización de actividades H5P.
- Obx2: Publicáronse os proxectos do Día da Paz e o Entroido na páxina web do centro. Está pendente de publicar actividades de animación en Scratch sobre a Paz e un xogo de robótica sobre un mapa do tesouro.
- Obx3: Fixeronse cursos de formación para as familias observándose unha boa resposta das familias no uso da aplicación abalar , pero obtendo uns peores resultados no uso da Aula Virtual.
- Obx4: O espazo da Aula Virtual para reservar os recursos e espazos TIC non está a ser moi empregado, facendose a reserva dos recursos de xeito directo ante a dirección .
Durante o terceiro trimestre continuouse a traballar nos catro obxectivos do plan atopando as seguintes dificultades para acadar os indicadores propostos:
- Obx1: Facilitouse o profesorado titoriais e información sobre as posibilidades didácticas das actividades H5P. A falta de tempo por parte do profesorado impidiu que se desenvolvesen actividades H5P para todo o alumnado, quedando pendente a súa elaboración.
- Obx2: Publicáronse os proxectos de animación e robótica elaborados polo alumnado na páxina web do centro.
- Obx3: Durante o terceiro trimestre continuouse a asesorar a familias con dúbidas sobre o uso da AV.
- Obx4: O espazo da Aula Virtual para reservar os recursos e espazos TIC non está a ser moi empregado, facendose a reserva dos recursos de xeito directo ante a dirección .O centro continúa sen recibir o equipamento dos Polos Creativos polo que as actiivdades realizadas sobre este aspecto foron moi limitadas.
Seguimento por parte da asesora :
- Reunión telemática do 29/05/2024 .
Avaliación
A valoración deste coordinador sobre a consecución dos obxectivos propostos é positiva , tanto da consecución dos obxectivos como da temporalización e seguimento das actividades polo profesorado e o alumnado. O retraso na suministración de equipamento dos Polos Creativos impediu que se puidese levar á práctica a maioría de propostas iniciais recollidas no PFPP de centro, quedando nunha realización teórica e formativa que non pudo trasladarse á práctica educatia co alumnado. Destacar tamén a falta de tempo por parte do profesorado para levar á práctica actividades H5P con seu alumnado. Sinalar o pouco éxito que tivo entre o profesorado o espazo virtual para reservar o uso de espazos e equipamentos do centro, seguindo a ser empregado o sistema tradicional de reserva por escrito no horario das dependencias. Deben mellorarse os resultados nas actividades programadas familias.
Presentouse ante o claustro a memoria das actividades realizadas dentro do Plan Dixital en sesión celebrada o día 26 de xuño sendo aprobada.
Estas valoracións serán a base para a formulación de propostas de mellora e novos obxectivos que constituirán as novas propostas a recoller nas actualizacións do PD e que serán recollidas na memoria anual de centro no apartado reservado o Plan Dixital.
Desde a coordinación do PD proponse insistir no traballo formativo e titorización do profesorado para conseguir que a AV recolla actividades H5P para o alumnado. En canto sexa posible, e en coordinación coa coordinadora de Polos Creativos do centro , traballar na actividade formativa e titorizante sobre estes equipamentos.
Para incentivar a participación da familias ,proponse a realización de xornadas explicativas dos recursos dixitais do centro coas familias.
Comunicación e difusión
Para a difusión do PD entre a comunidade educativa seguirase o procedemento habitual de comunicación das documentos de centro, publicándose na páxina web corporativa xunto o resto de documentos de centro e actualizando a súa publicación ao inicio de cada curso escolar.