Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Nome do centro: C.I.F.P. Universidade Laboral.
Enderezo: Rúa Salvador Allende, s/n, 15670, Culleredo, A Coruña.
Correo-e: cifp.universidade.laboral.coruna@edu.xunta.gal
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesuniversidadelaboralcoruna/
Teléfono: 881960820
Familias profesionais:
  • Actividades físicas e deportivas.
  • Electricidade e electrónica.
  • Enerxía e auga.
  • Instalacións e mantemento.
  • Marítimo pesqueira.
Etapas educativas: Formación profesional de ciclos de grao básico, medio e superior, réxime ordinario e adultos (modalidade presencial e distancia), formación profesional dual, cursos de especialización e ensinanzas de réxime especial deportiva (técnico/a deportivo/a e técnico/a deportivo/a superior). A oferta educativa do centro pode descargarse na seguinte ligazón.
Nº de alumnado: 1325 no curso 2023-24.
Nº de profesorado: 124 no curso 2023-24.

Contextualización do Plan Dixital e contribución ao Proxecto Educativo do centro

O principal obxectivo do Plan Dixital e mellorar as competencias dixitais tanto de alumnado e  profesorado como dos procesos administrativos e de xestión do centro. Establecendo a través del un modelo que permita mellorar a docencia e a comunicación tanto entre docentes como entre as distintas coordinacións e xefaturas. Para conseguilo debe integrarse en todos os plans do centro, especialmente no Plan Anual e no Plan de Innovación e formación, para que así os obxectivos plantexados anualmente sexan incluídos xa de partida en todas as actividades realizadas.

Preténdese que as principais contribucións do Plan Dixital sexan:

  • Avaliar a situación do centro con relación ao uso da innovación e as TIC nos distintos elementos chave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro.
  • Recoñecer o Plan Anual Dixital como un recurso chave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.
  • Transformar o centro nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.
  • Valorar as implicacións coas organizacións educativas para desenvolver unha cultura dixital nas mesmas.

Xustificación do Plan Dixital

A normativa pola que se rixe o Plan Dixital do noso centro e mediante a cal se implanta é a seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Plan de traballo

1. Constitución do equipo de traballo do presente curso.

2. Proposta de actuacións en relación as necesidades detectadas e consecución/revisión dos obxectivos do curso anterior.

3. Coordinación co equipo directivo e responsables das actuacións na implementación das medidas.

4. Execución das proposta definitva de actuacións.

5. Seguimento, avaliación e propostas de mellora para o curso seguinte.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Alumnado Si
Debilidade Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias. Alumnado Si
Debilidade Competencia do alumnado para codificar, programar en relación ás tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade Competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Características do software instalado nos equipos. Infraestruturas Si
Debilidade Dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía. Organización de centro Non
Debilidade Resolución de incidencias técnicas. Organización de centro Si
Debilidade Dinámicas para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais (tratamento da imaxe, protección de dereitos, licenzas, software libre, etc.). Organización de centro Si
Debilidade Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Si
Debilidade Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Debilidade Adopción de innovación educativas por parte do profesorado. Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Si
Fortaleza Incorporación nas diferentes materias de conceptos coma a verificación da calidade da información, comportamiento seguro e responsable do alumnado na internet, etc. Alumnado Non
Fortaleza Características das plataformas e aplicativos online utilizados. Infraestruturas Si
Fortaleza Existencia dunha estratexia dixital. Infraestruturas Si
Fortaleza Existencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos. Infraestruturas Non
Fortaleza Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Infraestruturas Si
Fortaleza Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Oferta Non
Fortaleza Diversidade da competencia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Participación en proxectos interdisciplinares. Organización de centro Si
Fortaleza Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continua do profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza Política de protección de datos. Organización de centro Non
Fortaleza Utilización de recursos dixitais para observar e documentar os progresos. Persoal docente Si
Fortaleza Creación de recursos educativos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Extensión e promoción entre o profesorado de innovacións educativas. Persoal docente Non
Fortaleza Transformación da práctica docente co uso das ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Uso activo e creativo de aulas virtuais. Persoal docente Si
Fortaleza Colaboración na instalación de novas tecnoloxías. Persoal non docente Si
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Escasa dotación de equipamento tecnolóxico por parte da Administración. Administración educativa Si
Ameaza Estabilidade laboral do persoal docente. Lexislación Si
Ameaza Estabilidade laboral do persoal non docente. Lexislación Si
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Outras Si
Oportunidade Actuacións da administración educativa. Administración educativa Si
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Oportunidade Relación con persoas que non forman parte da comunicade educativa. Administración educativa Si
Oportunidade Oferta de actividades formativas e as condición para a participación. Administración educativa Si
Oportunidade Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Oportunidade Aplicación da lexislación educativa para CIFPs. Lexislación Si
Oportunidade Colaboración con institución alleas ao centro educativo (outros CIFPs). Outras Non
Oportunidade Participación das familias (FP básica). Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Instalar ordenadores para o alumnado no Hall e en Orientación para empregar en trámites administrativos (admisión, matrícula...).
O2PD Aumentar o número de portátiles e pantallas nas aulas.
O3PD Instalalar a Wifi da Consellería para aumento de cobertura nas aulas e talleres
O4PD Facer formación ao profesorado e PAS (Aula virtual CDD, Aula virtual de Secretaría, AFD¿).
O5PD Establecer un Aula de ensino presencial e distancia (streaming) e dotar de espazos para o profesorado a distancia
Cargando os indicadores...

Seguimento

Procedemento

Reunión trimestral, seguemento das accións correspondentes e comentarios sobre a reunión coa persoa mentora.

Ademáis, no derradeiro trimestre farase unha valoción final do desenvolvemento do plan dixital no curso, tras a reunión final coa persoa mentora, e estableceranse as propostas de mellora cara ao curso seguinte

1º Trimestre

Reunión trimestral, seguemento das accións correspondentes e comentarios sobre a reunión coa persoa mentora.

 

2º Trimestre

Reunión trimestral, seguemento das accións correspondentes e comentarios sobre a reunión coa persoa mentora

3º Trimestre

Reunión trimestral, seguemento das accions correspondentes e comentarios sobre a reunión coa persoa mentora

Ademáis, neste derradeiro trimestre farase unha valoción final do desenvolvemento do plan dixital no curso, tras a reunión final coa persoa mentora, e estableceranse as propostas de mellora cara ao curso seguinte

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan, a súa posta en marcha e a valoración dos resultados acadados, será avaliado ao remate de cada trimestre do curso. Nesta avaliación procesual proporanse medidas de mellora no caso de se detectar erros no plan, xa sexa na temporalización do mesmo ou nos resultados acadados. Para realizar este proceso reunirase o equipo de apoio ao Plan Dixital, que valorará, en función dos datos recollidos previamente, o nivel de cumprimento dos indicadores de logro. Ao remate do curso realizarase unha avaliación final dos logros acadados na realización deste plan, valorando o nivel de cumprimento dos obxectivos e propoñendo os xeitos de mellorar a consecución dos mesmos. Os encargados da realización desta avaliación final será o equipo de apoio ao Plan Dixital, que remitirá o seu informe para o estudo e aprobación por parte do claustro de profesores.

Valoración xeral

O Plan Dixital para o curso 2023/24 axudou a impulsar a dixitalización e mellorar a infraestrutura
tecnolóxica do centro educativo. A valoración deste plan é moi positiva, tendo en conta o contexto actual
de dixitalización na sociedade e a súa repercusión no ámbito educativo.
A implementación de ordenadores para o alumnado no Hall e en Orientación para trámites
administrativos (admisión, matrícula...) representa unha mellora significativa na xestión administrativa,
facilitando o acceso e a realización de trámites de maneira máis eficiente e autónoma para os
estudantes, especialmente no días de matriculación e admisión.
O segundo obxectivo, o aumento do número de portátiles e pantallas nas aulas, é esencial para garantir
que todo o alumnado teña acceso ás ferramentas dixitais necesarias para o seu proceso de
aprendizaxe. Aumentáronse 21 portátiles na aula 3.10 para o departamento de Electricidade e
electrónica, 23 na aula 5.4 para o departamento de Marítimo pesqueira e 6 na aula 7.3 para o ciclo
superior de Prevención de riscos profesionais. Engadindo un carriño de carga para cada unha das aulas.
Este incremento de recursos tecnolóxicos promove un ambiente de aprendizaxe máis interactivo e
dinámico, onde os estudantes poden acceder a unha variedade de recursos en liña e ferramentas
educativas.
A instalación da Wifi da Consellería para mellorar a cobertura nas aulas e talleres (O3PD) é fundamental
para asegurar unha conectividade estable e de calidade en todo o centro. A conectividade é un factor
clave para a integración das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no ensino, permitindo o
acceso a recursos educativos en liña e facilitando o uso de plataformas dixitais.
A formación ao profesorado e ao PAS (Aula virtual CDD, Aula virtual de Secretaría, AFD...) (O4PD) foi
outro dos puntos fortes deste plan. A capacitación do persoal educativo é crucial para garantir que as
ferramentas dixitais se utilicen de maneira efectiva e eficiente. A formación continua permite que o
profesorado se adapte ás novas tecnoloxías e metodoloxías, mellorando así a calidade do ensino.
Por último, a creación dun Aula de ensino presencial e a distancia (streaming) e a dotación de espazos
para o profesorado a distancia (O5PD) sería unha gran contribución para a flexibilidade e a inclusión no
sistema educativo. Debido á necesidade de espazos no centro polo incremento de grupos e nova oferta
educativa (2o CB Acceso e conservación de instalación deportivas, 1o CB Mantemento de embarcacións
deportivas, 2 grupos de 2o CS Acondicionamento físico, 2o CS Automatización e robótica, CS Transporte
marítimo e pesca de altura modular, Curso de especialización de Robótica colaborativa) non foi posible
adecuar un espazo para a Aula de ensino presencial e distancia (streaming) para o profesorado a
distancia. Co que se decidiu actualizar e aumentar o número de equipos informáticos da sala de
profesores, departamentos didácticos, sala de titorías e aula de convivencia para que o profesorado
contara con mais equipos informáticos e mais modernos para poder traballar na preparación das clases
e especialmente no ensino a distancia. A pesar de que este obxectivo non se puido cumprir debido á
falta de espazo físico, a súa implementación futura seguiría sendo unha prioridade para completar a
dixitalización integral do centro.
En resumo, o Plan Dixital para o curso 2023/24 supón un avance significativo na integración das
tecnoloxías dixitais no ámbito educativo. A mellora das infraestruturas, a formación do persoal e a
provisión de recursos tecnolóxicos contribúen a un ensino-aprendizaxe máis eficaz, interactivo e acorde
coas demandas dunha sociedade cada vez máis dixitalizada. A pesar do incumprimento do obxectivo 5,
o éxito no resto dos obxectivos evidencia un compromiso claro coa modernización educativa e a
adaptación aos novos tempos.

Proposta de mellora

1.- Afondar na dixitalización na FP Básica, creando un sistema Hardware e Software libre que dunha
banda sexa viable económicamente e doutra poda dotar de todas as ferramentas necesarias para o
desenvolvemento do ensino-aprendizaxe na FP Básica, xa que se teñen detectado bastantes carencias
dixitais neste colectivo.
2.- Poder modernizar a nivel tecnolóxico alguna das aulas, con novos recursos dixitais e novos
equipamentos. O Avance da dixitalización debe ir acompañado sempre dos medios adecuados para o
seu desenvolvemento.
3.- Dotar de conexión a internet un espazo situado no ximnasio de Mariñas, actualmente está sendo
usado como almacén. Para o póximo curso preténdese adecuar este espazo para traballar cos grupos
dos ciclos da familia de AFD (Actividades físicas e deportivas).
4.- Facilitar a formación do profesorado en canto ao seu desenvolvemento dixital, promocionando e
mesmo organizando cursos que podan axudar a acadar unha certificación axeitada da Competencia
Dixital Docente.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan será publicado, cando o resto da documentación do centro na páxina web. Emporiso, nas reunións iniciais de curso e nas de trimestre, poderase incluír este punto de información do Plan Dixital nas ordes do día das reunións

PROTOCOLOS E ESTRATEXIAS PARA A DIFUSION DO PLAN:

Acción                                                       Destinatarios                                                                              Canle                                                                                                                                                            Responsable

Difusión do Plan ao Claustro                     Xefes de Departamento e resto do Claustro              Por CCP e na comisión de Coordinación TIC mediante unha presentación e unha reunión posterior                           Coordinador TIC

Difusión á Comunidade Educativa            Comunidade Educativa                                               Inclusión do Plan TIC no PEC para a difusión do mesmo na web do centro                                                                  Equipo Directivo