Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:
- A mentora ADIX axudará no seguimento do plan.
- Revisarase o estado do plan de actuación como mínimo unha vez ao trimestre, unha vez rematadas as avaliacións. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Unha vez rematada a primeira avaliación faise unha revisión do estado das diferentes accións do Plan Dixital de Centro:
- No tocante á incorporación ó proxecto "Polos Creativos", levouse a cabo a creación do seminario e a incorporación de profesores de diferentes perfiles e diferentes etapas educativas. Estamos á espera da entrega do material por parte da Xunta, pero aínda non hai data prevista.
- A implantación de Alexia como ferramenta de xestión corporativa está rematada, o persoal do centro está en pleno proceso de adaptación á nova ferramente y atopouse algunha incidencia importante que está en proceso de resolución.
- Deseño de actividades interdiciplinares entre materias de FP: leváronse a cabo diferentes tarefas como: a cartelería do mercado navideño, enquisas, anuncios en vídeo... en colaboración entre as materias de informática e márketing.
- Actividades deseñadas con novas tecnoloxías como Genial.ly: os alumnos de FP prepararon xogos con Genial.ly como axuda para o estudo das materias.
- Implantación de Office 365 no centro: tódolos profesores do centro están a empregar o novo correo corporativo. A nivel de alumnado soamente se emprega nos cursos de 1ºESO e 2ºESO. O proceso de incorporación do alumnado dilatouse demasiado no tempo, motivo polo que no resto de cursos xa non tiña sentido a súa implantación xa que os alumnos que o precisaban xa estaban a empregar contas de correo persoais.
- Punto de mellora para o próximo curso:
- Creación e comunicación de contas de Office e Moodle para os alumnos na ó inicio do curso.
- Concienciar ós alumnos da importancia de recordar o seu contrasinal
- Punto de mellora para o próximo curso:
- A implantación de novas ferramentas educativas dixitais Science Bits e OnMat completouse, aínda que resultou problemática porque o alumnado ten moitos problemas cos contrasinais: ou ben o esquecen ou ben non distinguen entre o contrasinal do correo electrónico e o contrasinal das outras ferramentas, para moitos deles todo é o mesmo, provocando que o aproveitamento do tempo de clase se vexa mermado.
- Punto de mellora de cara ó próximo curso:
- Establecer contrasinais que non se poidan cambiar e proporcinar o listado dos mesmos ós profesores das materias.
- Punto de mellora de cara ó próximo curso:
Unha vez rematada a segunda avaliación faise unha revisión do estado das diferentes accións do Plan Dixital de Centro:
- No tocante á incorporación ó proxecto "Polos Creativos": asistimos á presentación dos "Kits Singulares" no CFR de A Coruña" e trasladamos o material ós profesores do centro para a súa avaliación. Seguimos sen data para a chegada do material de polos creativos.
- A implantación de Alexia como ferramenta de xestión corporativa está rematada, o persoal do centro vai sendo cada vez máis autónomo no seu uso. O proceso de exportación de notas a Xade aínda non está solventado.
- Deseño de actividades interdiciplinares entre materias de FP: neste trimestre non se levou a cabo ningunha actividade deste tipo.
- Actividades deseñadas con novas tecnoloxías como Genial.ly: neste trimestre os alumnos de FP trasladaron un tema de Ciencias a unha presentación en Genial.ly.
- Implantación de Office 365 no centro: os problemas cos contrasinais son constantes. O número de alumnos que non é capaz de entrar no seu correo é elevado xa que apenas usan o email e cando o queren usar, non lembran o contrasinal.
- A implantación de novas ferramentas educativas dixitais Science Bits e OnMat: os problemas para entrar nestas aplicacións reducíronse porque entran con máis frecuencia.
Unha vez rematada a terceira avaliación faise unha revisión do estado das diferentes accións do Plan Dixital de Centro:
- No tocante á incorporación ó proxecto "Polos Creativos": realizouse unha formación presencial sobre MICROBITS e ETEXTIL no noso centro cun orador externo. Seguimos sen data para a chegada do material de polos creativos.
- A implantación de Alexia como ferramenta de xestión corporativa está rematada, o persoal do centro vai sendo cada vez máis autónomo no seu uso. O proceso de exportación de notas a Xade está solventado, pero na práctica non ten nada de automático.
- Deseño de actividades interdiciplinares entre materias de FP: neste trimestre levouse a cabo unha actividade de deseño dun trofeo para os "Oscars do Fogar".
- Actividades deseñadas con novas tecnoloxías como Genial.ly: neste trimestre os alumnos de FP elaboraron xogos con Genial.ly para repasar os conceptos de correo electrónico.
- Implantación de Office 365 no centro: os problemas cos contrasinais continúan. O número de alumnos que non é capaz de entrar no seu correo é elevado xa que apenas usan o email e cando o queren usar, non lembran o contrasinal.
- A implantación de novas ferramentas educativas dixitais Science Bits e OnMat: os problemas para entrar nestas aplicacións reducíronse moito neste último trimestre.
Avaliación
O procedemento de avaliación do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, consistirá nunha avaliación final ó rematar o curso académico. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos en base ós diferentes indicadores e as propostas de mellora onde sexa necesario.
Tamén se aproveitará para valorar qué obxectivos se deben manter de cara ó Plan Dixital de Centro do curso seguinte por non ter acadado o obxectivo ou por ter marxe para a mellora.
Os obxectivos prantexados foron acadados prácticamente na súa totalidade. De cara ó curso que ven, quedaría profundizar no uso de Office 365 e as contas de correo corporativo. A intención sería que tódolos alumnos do centro de ESO, BACH, FPB e Ciclos estivesen capacitados para empregar as apliacións de Office 365 (word, excel, correo, axenda...).
De cara ó PDC do curso que ven, proponse a inclusión dalgunha persoa máis para crear un grupo de traballo de PDC más amplo e cunha visión máis ampla e que axude na definición dos obxectivos de cara ó curso próximo. Neste momento só hai unha persoa traballando no PDC.
Comunicación e difusión
O presente plan estará a disposición de toda a comunidade educativa na páxina web do centro no apartado “O centro – Proxecto Educativo”. Así mesmo, comunicarase a súa aprobación polo Consello Escolar a través das ferramentas de mensaxería interna do centro a todo o profesorado.
Tamén se pode acceder a él na seguinte URL:
Así mesmo, comunicarase a súa aprobación polo Consello Escolar a través das ferramentas de mensaxería interna do centro a todo o profesorado.