Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificacióndo Plan dixital:

  • A Ley Orgánica 2/2006 do 3 de maio de Educación onde se establece que o proxecto educativo do centro recollerá a estratexia dixital do centro. 
  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación establece que tanto a Administración como os equivos directivos dos centros promoveran o emprego das TIC na aula como medio didáctico e para levar a cabo as tarefas de ensino aprendizaxe, empregando os Marco de Referencia de Competencia Dixital.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

  • Decreto 123/2021 por o que se regula o Marco Galego de Competencias Dixitais
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Marco Común de CDD 2017 (DigCompEdu) para o diagnóstico e a mellora das competencias dixitais do profesorado, definidas como competencias que precisan desenvolver os docentes do século XXI para a mellora da súa práctica educativa e para o desenvolvemento profesional continuo. O Marco Común de CDD componse de 5 áreas competenciais e 21 competencias estruturadas en 6 niveis competenciais.
  • Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes para o deseño e implementación e evaluación das intervencións e prácticas para a adopción e emprego efectivo das tecnoloxías dixitais para o aprendizaxe por parte das institucións educativas.
  • Plan Marco de Digitalización de centros de la Fundación Educativa Sofía Barat (Borrador)

Contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo

O Proxecto Educativo especifica que O Plan Xeral de centro deixa moi claro que un dos obxectivos que se procura día a día debe ser a educación integral da persoa, dun modo realista; procurando que o alumno sexa protagonista do seu aprendizaxe a nivel individual e comunitario. Trátase, entre outras de empregar unha metodoloxía activa, flexible e aberta, de xeito que responda ás capacidades, necesidades e intereses dos alumnos e que fomente a participación do alumnado. Nos últimos anos, e co propósito de achegarse cada vez máis ao mundo real, as aulas deben tranformarse nun espazo no que indagar e poñer en práctica os coñecementos adquiridos. Sen ningunha dúbida, a incorporación das tecnoloxías dixitais á aula é unha parte fundamental do devandito proceso de transformación e de achegamento ao mundo real.
Segundo a Comisión Europea: “a sociedade actual precisa dun gran investimento en educación,a sí como replantexarse os sistemas de aprendizaxe permanente se pretende dotar ao alumnado do século XXI das habilidades necesarias que lle permitan unha formación de calidade ao longo de a súa vida” En orde a cumplir con eses obxetivos, o centro non só debe dispor dunha infraestructura axeitada de espacios e dispositivos dixitais, se non dun persoal cualificado, comprometido, aberto ás novas tecnoloxías, preocupado por coidar a súa formación permanente e responsable tanto no traballo individual coma en equipo.
O centro, ademáis, debe preocuparse por o achegamento das tecnoloxías ao alumnado no só no mesmo centro, tamén nos fogares; procurando detectar posibles deficiencias, e intentando achar unha solución, sempre que sexa posible.
Como centros da FESB somos conscientes do cambio dixital que se produciu na sociedade nas últimas décadas e como afecta á educación. Consideramos que o desenvolvemento da Competencia Dixital é clave para que, tanto profesorado como alumnado, poidan desenvolverse en novos escenarios, desenvolvendo habilidades e competencias do século XXI. Preocúpanos a fenda dixital (dificultade para o acceso a dispositivos apropiados e á conectividade) que evidenciou as desigualdades e vulnerabilidade socioeducativa do alumnado e das familias.
O proxecto educativo dos centros da FESB e máis a Pedagoxía do Sagrado Corazón desglosase en 8 liñas de forza que recollen o estilo educador e que sirven como guía para imprementar unha educación coherente coa nosa Identidade e que responde ás necesidade da sociedade actual.

Proceso de elaboración

No més de octubro nomeouse ao Coordinador TIC do Centro como responsable da colaboración do Plan Dixital do centro;  quedando baixo a tutela de  Juan Carlos Laredo Rivas; 

Como pasos previos a elaboración do documento realizáronse as seguintes accións:

  • Enquisa SELFIE realizada o curso pasado
  • Análise DAFO dos resultados desta enquisa realizada nos dous anos anteriores
  • Constitución do Grupo de Dinamización do Plan Dixital: formado por o director do Centro e 4 docentes pertencentes ao Departamento de Matemáticas e ao Departamento de Ciencias.
  • Establecer os obxetivos e o Plan de Acción
  • Redacción do Plan Dixital

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ademáis do coñecemento do funcionamenteo interno do centro, se empregaron:                 

  • Informes dos resultados da enquisa SELFIE das dúbidas etapas educativas obxecto de estudo: Educación Primaria e Educación Secundaria. SELFIE, cuxas siglas en inglés significan reflexión persoal sobre unha aprendizaxe efectiva mediante o fomento da innovación a través de tecnoloxías educativas é unha ferramenta gratuita, desarrollada pola Comisión Europea, para axudar aos centros a integrar as tecnoloxías dixitais na docencia, a aprendizaxe e a avaliación do alumnado.
  • Test de Competencia Dixital Docente realizada, no ano 2022, a través do portal da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades.

  • Coñecemento, observacións e reflexións sobre a práctica docente e a vida académica diaria do centro.

Interno
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficiente emprego da tecnoloxía dixital para resolver problemas técnicos (H13). Alumnado Si
Debilidade Insuficiente ensino de programación e codificación (H11). Alumnado Si
Debilidade Dificúltade á hora de levar a cabo á desconexión dixital por parte dunha cada vez máis crecente parte do alumnado Alumnado Si
Debilidade Competencia dixital insuficiente das familias (DCP) Familias Si
Debilidade Dificultades á hora de asistir as familias (DCP) Familias Non
Debilidade Non contémplase que o alumnado leve ao centro os seus dispositivos portátiles e poda usalos durante as clases (C13) Infraestruturas Non
Debilidade Ordenadores Edixgal con varios anos de antiguedade presentan deficiencias. Infraestruturas Si
Debilidade Deficiente repositorio/biblioteca en liña que conteñan materiais de ensino ou aprendizaxe (C16) Organización de centro Non
Debilidade Insuficiente colaboración con outros centros ou organizacions para apoiar o emprego de tecnologías dixitais(B4) Organización de centro Non
Debilidade Escasa avaliación dos progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (B1) Organización de centro Si
Debilidade Insuficiente emprego das tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre o seu aprendizaje (G5) Persoal docente Si
Debilidade Escasa formación para capacitar ao alumnado para que empregue as tecnoloxías dixitais de forma segura, responsable e ética;minimizando os riscos, xestionando a súa identidade dixital, a súa pegada dixital e a súa reputación dixital. (TCDD) Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente emprego das tecnologías dixitais para a coevaluación entre compañeiros (G7). Persoal docente Si
Debilidade O profesorado carece de tempo para proporcionar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente traballo dos conceptos e procesos de pensamento computacional (TCDD) Persoal docente Non
Debilidade Tempo insuficiente para explorar cómo mellorar o seu método de ensino con tecnoloxías dixitais (A4) Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado emprega habitualmente as tecnoloxías en diferentes materias (H10), en casa e no centro para o desenrolo das tarefas. Alumnado Si
Fortaleza Dispositivos dixitais propiedade do centro ou xestionados por él, e que o alumnado pode empregar cando o precisa (C8) Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais (H8) Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a crear contidos dixitais (H7) Alumnado Si
Fortaleza Existen dispositivos dixitais que se empregan na labor docente (C2) Infraestruturas Si
Fortaleza A infraestructura dixital respalda a ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (C1) Infraestruturas Si
Fortaleza Facilítase o acceso a internet para a ensinanza e o aprendizaxe (C3) Infraestruturas Si
Fortaleza Nas aulas existen dispositivos comprados por o propio centro (PE5) Infraestruturas Non
Fortaleza .Existencia dun Plan de Formación del Profesorado dentro da Fundación Educativa Sofía Barat. Oferta Non
Fortaleza Se apoia aos profesores para que exploren novas formas de ensinanza coas tecnoloxías dixitais (A3) Oferta Si
Fortaleza Emprego da plataforma colaborativa Workspace de Google Oferta Si
Fortaleza O profesorado participa en programas de desenrolo profesional (DCP) Oferta Non
Fortaleza Uso extendido da Plataforma Educativa Educamos para a comunicación relativa ao centro educativo, e o seguimento da actividade académica do alumnado (PE4 y PE6) Organización de centro Non
Fortaleza Desenrolo da estratexia dixital do centro en colaboración cos docentes (A2) Organización de centro Si
Fortaleza Apoio aos profesores para que exploren nuevas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais (A3) Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado dispoñe de oportunidades de DPC no relativo ao emprego de tecnoloxías dixitais específicas nas materias que imparten (D3) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para a avaliación (G7). Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos dixitais en liña (E1) ou os crea para reforzar súa labor de ensinanza (E2) Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega actividades de aprendizaxe d ixitales que fo mentan a creatividade do alumnado (F3) Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado considera de gran utilidade as tecnoloxías dixitais para o seu desenrolo profesional e como ferramenta de comunicación/colaboración interna/externa e de formación propia Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo (E4) Persoal docente Non
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de burocracia da Administración Pública Administración educativa Non
Ameaza Ratios alumno profesor/alumna elevados para a ensinanza de certas habilidades dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Recursos dixitais de Edixgal en algúns casos deficientes por parte das Editoriais. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo para a formación do profesorado e para a busca e creación de actividades e recursos. Administración educativa Non
Ameaza Emprego non seguro dos dispositivos dixitais Contorna Si
Ameaza Dificultades á hora de asistir ás familias. Contorna Si
Ameaza Apreciación por parte del alumnado de que domina as ferramentas dixitais sen que ninguén le ensinara. Contorna Si
Ameaza Diferente percepción entre alumnado e profesorado no uso da tecnoloxía dixital na aula. Contorna Si
Ameaza Demasiada información no veraz nos entornos dixitais, o que dificulta que o alumnado sexa capaz de verificar a devandita información. Contorna Si
Ameaza Poca colaboración das familias a hora de limitar a tenencia de dispositivos móbiles no recinto escolar Contorna Si
Ameaza Uso extensivo dos dispositivos móbiles por parte do alumnado na súa vida cotiá. Contorna Si
Ameaza Apreciación por parte do profesorado de que ten os coñecementos suficientes sobre os dereitos de autor e licencias de uso (A5) Lexislación Non
Ameaza Dificultade para atopar recursos libres de dereitos ou con licencias CC que se podan empregar para as creacións do alumnado/docente ou visualización de contidos. Lexislación Non
Ameaza LOPD non adaptada ao sector do ensino. Lexislación Non
Ameaza Insuficiente colaboración con empresas/organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais (B4) Outras Non
Oportunidade Emprego de dispositivos e recursos do Proxecto Edixgal dende 5º de Ed. Primaria a 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. Administración educativa Si
Oportunidade O alumno pode facer un seguimiento das tarefas a través do EVA do Proyecto Edixgal na maioría de las materias. Administración educativa Non
Oportunidade O centro promove a participación do profesorado en actividades formativas para a actualización de competencias dixitais do profesorado (PE3). Administración educativa Non
Oportunidade Material y recursos do proxecto Polos Creativos por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional Administración educativa Si
Oportunidade Posibilidade de acceder a axudas de Next Generation para mellorar a dotación de recursos Administración educativa Non
Oportunidade Necesidade de facer chegar as famílias documentos oficiais e públicos dunha forma sinxela Administración educativa Si
Oportunidade Apoio do ANPA na adquisición e emprego de tecnologías dixitales (robots, tablets, impresoras 3D, placas controladoras.etc) ANPA Non
Oportunidade Os alumnos dispoñen de acceso a dispositivos dixitais en casa e boa conectividade no centro. Contorna Non
Oportunidade Formar ao alumnado no emprego de tecnoloxías dixitais de forma segura, responsable e ética, minimizanco os riscos e xestionando a súa identidade dixital. Contorna Si
Oportunidade Necesidade cada vez máis ampla do emprego das tecnoloxías dixitais na vida cotiá. Contorna Si
Oportunidade Cambio de modo de ensinanza/aprendizaxe por mor da Pandemia, reforzándose a autonomía do alumno e o emprego das tecnoloxías dixitáis. Contorna Si
Oportunidade Gran oferta de recursos dixitais na rede e oferta crecente de software colaborativo gratuito. Contorna Si
Oportunidade Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos publicada aprobada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional Lexislación Si
Oportunidade Posibilidade de manter relacións a largo prazo con alumnos/docentes participantes en intercambios escolares. Outras Non
Oportunidade Posibilidade de charlas vía telemáticas con persoas referentes en distintos campos Outras Non
Oportunidade Posibilidade cada vez maior de participación en concursos sobre destrezas dixitais. Outras Si
Oportunidade Charlas formativas do Concello ou outras organizacións sobre delitos telemáticos, seguridade na rede e conductas aditivas Outras Si
Oportunidade Posibilidade de participación en proxectos nacionais uo internacionais con otros centros. Outras Non
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Considerando os resultados do Informe SELFIE, os informes do Test de Competencia Dixital Docente e a idiosincracia do centro realizouse un análise DAFO co fin de subliñar as principais liñas a traballar no Plan Dixital no viendeiro curso. Amósase, nos apartados anteriores o resultado do DAFO.

O equipo do plan Dixital, unha vez vistos os resultados elaborou os obxectivos que aparecen no seguinte apartado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Xestionar os dispositivos de Edixgal.
O02PD Actualizar os documentos oficiais públicos do centro na Páxina Web
O03PD Fomentar o uso seguro das tecnoloxías dixitais por parte do alumnado
O04PD Conseguir a progresiva mellora da calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe incluíndo o emprego das ferramentas dixitais
O05PD Limitar o emprego de dispositivos dixitais con fines non pedagóxicos
Cargando os indicadores...

Seguimento

Procedemento

O seguimento realizase por parte do Coordinador do Equipo de Dinamización do Plan Dixital quen expoñe os items realizados ou pendentes nas reunións do Grupo de Dinamización do Plan Dixital. Estabéceránse un mínimo de 1 reunión trimestral do Equipo de Dinamización do Plan Dixital para coordinar as accións recollidas no Plan Dixital e o seu seguimento, para  analizare a valorar os resultados obtidos. Así mesmo nestas reunións se recolleran as propostas de mellora oportunas.

1º Trimestre
  1. O01PD: Xestionar os dispositivos de Edixgal 
    1. AO01.1PD: Manter actualizado o rexistro de todos os dispositivos de EdixgalEn proceso. 
    2. AO01.2PD: Crear e empregar formulario para comunicación de incidencias técnicas cos equipos facilitando o acceso a alumnos/familias Formulario creado en en uso.
  2. O02PD: Actualizar os documentos oficiais públicos do centro na Páxina Web
    1. AO02.1: Actualización na páxina web dos documentos oficiais públicos do centro (Concreción Curricular, Plan Dixital, Programación Didácticas....) En Proceso
  3. O03PD: Fomentar o uso seguro das tecnoloxías dixitais por parte do alumnado
    1. AO03.1PD: Charlas informativas sobre os riscos e adicións asociados a dispositivos dixitais. Pendente
    2. AO032.2PD: Fomentar a participación en concursos ou obradoiros desenrolados por organizacións alleas ao centro (Policía Nacional, Garda Civil, INCIBE....) sobre seguridade e ética na rede realizado parcialmente. Realizouse o obradoiro Sobre Iniciación Segura á pegada dixital e ás redes sociais. Non convocouse a Ciberliga Amateur neste curso.
  4. O04PD: Conseguir a progresiva mellora da calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe incluíndo o emprego das ferramentas dixitais
    1. AO04.1: Creación das clases virtuais na plataforma Edixgal/Classroom coa incorporación de recursos e actividades correspondentes. Realizado
    2. AO04.2: Actualización e creación das contas de Google Workspace (para alumnos e docentes de nova incorporación). Realizado
    3. AO04.3PD: Inclusión do traballo da competencia dixital nas distintas programacións didácticas dun modo realístico e práctico e a súa aplicación Realizado
    4. AO04.4: Enquisa a complementar por o alumnado co propósito de avaliar o traballo con tecnoloxías dixitais ao longo do curso. Pendente
  5. O05PD: Limitar o emprego de dispositivos dixitais con fines non pedagóxicos
    1. AO05.1PD: Comunicación ás familias e alumnado de normas sobre o emprego de dispositivos móbiles dentro do recinto escolar Realizado
    2. AO05.2PD: Comunicación as familias/claustro dun documento coas normas de emprego de dispositivos de EDIXGAL. Realizado
    3. AO05.3: Monitorizar en vivo o emprego dos ordenadores por parte dos alumnado co software EPOPTES. Pendente, por falta de equipos
    4. AO05.4PD: Actualización dun rexistro coas incidencias por mor do emprego de dispositivos dixitais con fines non pedagóxicos dentro do centro En proceso
2º Trimestre
  1. O01PD: Xestionar os dispositivos de Edixgal 
    1. AO01.1PD: Manter actualizado o rexistro de todos os dispositivos de Edixgal. En proceso. 
    2. AO01.2PD: Crear e empregar formulario para comunicación de incidencias técnicas cos equipos facilitando o acceso a alumnos/familias En proceso
  2. O02PD: Actualizar os documentos oficiais públicos do centro na Páxina Web
    1. AO02.1: Actualización na páxina web dos documentos oficiais públicos do centro (Concreción Curricular, Plan Dixital, Programación Didácticas....) En Proceso
  3. O03PD: Fomentar o uso seguro das tecnoloxías dixitais por parte do alumnado
    1. AO03.1PD: Charlas informativas sobre os riscos e adicións asociados a dispositivos dixitais. Pendente
    2. AO032.2PD: Fomentar a participación en concursos ou obradoiros desenrolados por organizacións alleas ao centro (Policía Nacional, Garda Civil, INCIBE....) sobre seguridade e ética na rede Realizado parcialmente.
  4. O04PD: Conseguir a progresiva mellora da calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe incluíndo o emprego das ferramentas dixitais
    1. AO04.1: Creación das clases virtuais na plataforma Edixgal/Classroom coa incorporación de recursos e actividades correspondentes. Realizado
    2. AO04.2: Actualización e creación das contas de Google Workspace (para alumnos e docentes de nova incorporación). Realizado
    3. AO04.3PD: Inclusión do traballo da competencia dixital nas distintas programacións didácticas dun modo realístico e práctico e a súa aplicación Realizado
    4. AO04.4: Enquisa a complementar por o alumnado co propósito de avaliar o traballo con tecnoloxías dixitais ao longo do curso. Pendente
  5. O05PD: Limitar o emprego de dispositivos dixitais con fines non pedagóxicos
    1. AO05.1PD: Comunicación ás familias e alumnado de normas sobre o emprego de dispositivos móbiles dentro do recinto escolar Realizado
    2. AO05.2PD: Comunicación as familias/claustro dun documento coas normas de emprego de dispositivos de EDIXGAL. Realizado
    3. AO05.3: Monitorizar en vivo o emprego dos ordenadores por parte dos alumnado co software EPOPTES. Pendente, por falta de equipos
    4. AO05.4PD: Actualización dun rexistro coas incidencias por mor do emprego de dispositivos dixitais con fines non pedagóxicos dentro do centro En proceso
3º Trimestre
  1. O01PD: Xestionar os dispositivos de Edixgal 
    1. AO01.1PD: Manter actualizado o rexistro de todos os dispositivos de Edixgal. Realizado  Realizado
    2. AO01.2PD: Crear e empregar formulario para comunicación de incidencias técnicas cos equipos facilitando o acceso a alumnos/familias Realizado
  2. O02PD: Actualizar os documentos oficiais públicos do centro na Páxina Web
    1. AO02.1: Actualización na páxina web dos documentos oficiais públicos do centro (Concreción Curricular, Plan Dixital, Programación Didácticas....) Realizado
  3. O03PD: Fomentar o uso seguro das tecnoloxías dixitais por parte do alumnado
    1. AO03.1PD: Charlas informativas sobre os riscos e adicións asociados a dispositivos dixitais. Realizado
    2. AO032.2PD: Fomentar a participación en concursos ou obradoiros desenrolados por organizacións alleas ao centro (Policía Nacional, Garda Civil, INCIBE....) sobre seguridade e ética na rede Realizado parcialmente.
  4. O04PD: Conseguir a progresiva mellora da calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe incluíndo o emprego das ferramentas dixitais
    1. AO04.1: Creación das clases virtuais na plataforma Edixgal/Classroom coa incorporación de recursos e actividades correspondentes. Realizado
    2. AO04.2: Actualización e creación das contas de Google Workspace (para alumnos e docentes de nova incorporación). Realizado
    3. AO04.3PD: Inclusión do traballo da competencia dixital nas distintas programacións didácticas dun modo realístico e práctico e a súa aplicación Realizado
    4. AO04.4: Enquisa a complementar por o alumnado co propósito de avaliar o traballo con tecnoloxías dixitais ao longo do curso. Non realizada.
  5. O05PD: Limitar o emprego de dispositivos dixitais con fines non pedagóxicos
    1. AO05.1PD: Comunicación ás familias e alumnado de normas sobre o emprego de dispositivos móbiles dentro do recinto escolar Realizado
    2. AO05.2PD: Comunicación as familias/claustro dun documento coas normas de emprego de dispositivos de EDIXGAL. Realizado
    3. AO05.3: Monitorizar en vivo o emprego dos ordenadores por parte dos alumnado co software EPOPTES. Pendente, por falta de equipos
    4. AO05.4PD: Actualización dun rexistro coas incidencias por mor do emprego de dispositivos dixitais con fines non pedagóxicos dentro do centro Realizado

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Estabéceránse a lo menos 1 reunión ao trimestre do Equipo de Dinamización do Plan Dixital para coordinar as accións recollidas no Plan Dixital e o seu seguemento e para analizar e  valorar os resultados obtidos, e posibles modificacións. Así mesmo nestas reunións se recolleran as propostas de mellora oportunas.

Na mesma tamén reflexionarase, cando existan, sobre as causas de desviación das accións propostas e, se procede, a idonieidade de levar accións diferentes ás inicialmente deseñadas para satisfacer os obxetivos perseguidos.

 

Valoración xeral

Conseguíronse a maioría dos obxectivos inicialmente propostos, ainda que algunhas das acción só se levaron a cabo parcialmente.

Algunhas das dificultades atopadas descríbense a continuación:

  • Envellecemento dos equipos informáticos do proxecto Edixgal, tendo que adicar a esta labor máis tempo do inicialmente previsto.
  • Constátase un menor cuidado dos equipos por parte do alumnado, reticente a arranxar os equipos.
  • A falta de dispositivos dabondo, non fixo posible o monitorizar o emprego dos ordenadores nas aulas.
  • Dificultades a hora de actualizar os equipos, o que incidiu na carga de traballo do persoal a cargo desta labor.
  • Dificultade a hora de empregar formularios para a recollida dos datos. O ser moitos os formularios, dificulta a seu emprego por parte do profesorado.
  • Dificultades no acceso a certos contidos na rede, limitados por a maqueta Edixgal. Este feito requeriu unha gran carga de traballo para o persoal encargados dos ordenadores Edixgal.
  • Obsérvase unha maior reticencia por parte de certos alumnos a deixar o móbil na casa; establecendo súas propias redes inhalámbricas.
  • Maior permisividade, nos cursos altos da ESO, por parte das familias á hora de limitar o traer o móvil no centro.
  • Un claro aumento do emprego da IA para realización de tarefas, incluindo tarefas diarias, fichas, traballos, probas escritas.... o que dificulta a aprendizaxe significativa por parte destes alumnos e a evaluación/calificación de éstes.

Algúns aspectos positivos:

  • Realización de cursos realizados coas TIC e a IA por parte do Profesorado.
  • Mellora significativa do nivel de Competencia Dixital Docente acreditada porla Consellería por parte do profesorado.
  • Creación de etiquetado dos ordenadores con problemas de batería de forma que sexa máis doado a identificación por parte do profesorado.
  • Maior horas de formación a través do CFR ou CAFI por parte do profesorado (IA, Portotipado 3D, Realidade Aumentada, Realidade Virtual, Robótica...).
  • Maior emprego dos recursos de Polos Creativos.
  • Maior emprego de ferramentas de IA por parte do profesorado e o alumnado.
Proposta de mellora
  • Aumentar as horas de formación interna relacionadas coas TIC e co emprego de recursos de Polos Creativos.

  • Realizar xornadas de formación práctica (non teórica) sobre o uso da IA con fins educativos.

  • Dentro das posibilidades, aumentar o número de horas que certos docentes dedican ao desenvolvemento do Plan TIC e de Polos Creativos, especialmente a aqueles encargados do mantimento dos ordenadores do proxecto Edixgal.

  • Aumentar o número de horas dedicadas á programación/codificación nos cursos máis baixos de Educación Primaria e Educación Infantil.

  • Realizar de novo a enquisa SELFIE para tratar de avaliar a evolución ao longo dos anos.

  • Aínda que se fixo este ano, incluír no Plan Dixital o reconto dos niveis acreditados da Competencia Dixital Docente por parte do profesorado (segundo FProfe).

  • Adiantar a realización da enquisa ao alumnado de final de curso ao mes de maio.

  • Poñer en dominio FESB os ordenadores do persoal de Dirección, Administración e Secretaría.

  • Facer dispoñible para o resto do profesorado dos últimos cursos de Educación Primaria a folla de cálculo para rexistrar as incidencias relativas ao mal uso dos dispositivos dixitais.

  • Na medida do posible, aumentar as exposicións de boas prácticas relacionadas coas Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

  • Realizar dúas comunicacións anuais ás familias sobre a imposibilidade de empregar o móbil sen fins pedagóxicos, ademais de comunicar telefonicamente os incidentes ás familias do alumnado implicado.

  • Redactar un protocolo de actuación ante incidencias con dispositivos electrónicos e comunicalo ao claustro e ás familias.

  • Na medida do posible, incorporar pantallas dixitais ás aulas que non dispoñen delas e a outros espazos (Dirección, espazo de Polos Creativos, etc.).

  • Formar outra persoa como nova coordinadora ou novo coordinador do Plan Dixital.

  • Realizar un curso a través de FProfe sobre o emprego de ferramentas, máquinas e recursos como a radio escolar, o e-téxtil, a robótica, o deseño 3D, Arduino, micro, etc.

  • Fomentar a realización de cursos presenciais no CFR de Pontevedra ou noutros CFR.

  • Empregar un espazo máis amplo dedicado aos recursos de Polos Creativos.

  • Fomentar o emprego dos recursos de Polos Creativos e dos recursos en préstamo por parte do CFR.

  • Adquirir equipos para detectar o uso non pedagóxico de dispositivos electrónicos (detectores de radiofrecuencia).

  • Revisar e adaptar a política de comunicación á Lei de Educación Dixital de Galicia (cando esta se publique).

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Cara a dar publicidade/difusión a este Plan Dixital se llevarán a cabo as seguintes accións: