Inicio
A partir do 21 de marzo ata o 1 de abril de 2022 incluído, o persoal funcionario interino que dispón dunha conta de correo electrónico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade pode consultar e actualizar nesta páxina web os seus datos persoais relativos ao seu expediente administrativo (código de procedemento ED011A)
Para poder actualizar e/ou modificar o expediente persoal deberá proceder do seguinte xeito:
1. Acceder á páxina web www.edu.xunta.es/datospersoais
2. Identificarse mediante calquera dos mecanismos permitidos: correo de dominio edu.xunta.gal e contrasinal, Chave 365 ou certificado electrónico.
3. Premer na lapela As miñas instancias (parte esquerda do menú)
4. Seleccionar o tipo de instancia: Instancia de méritos marzo 2022 e premer no botón CREAR NOVA INSTANCIA
5. Unha vez creada a instancia deberá acceder ao menú existente no apartado Resumo de alegacións e formular as alegacións que considere oportunas utilizando o botón Facer alegacións. Neste paso deberá engadir na aplicación con cada alegación o documento xustificativo desta.
6. Logo de finalizar as alegacións, deberá pechar a solicitude e presentala electronicamente mediante a lapela Presentación en sede cuxa ligazón lle permitirá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia. Lembre que a solicitude só estará correctamente presentada cando se lle permita descargar o recibo xustificativo da presentación telemática.
ASÍ MESMO NA LAPELA DE TITULACIÓNS DEBE FACER CONSTAR A NOTA MEDIA DA TITULACIÓN ALEGADA PARA O INGRESO NO CORPO E XUNTAR A CERTIFICACION ACADÉMICA ACREDITATIVA.
No caso de figurar no seu expediente a dita titulación cómpre que unicamente modifiquen o rexistro xa existente engadindo o campo relativo á nota media alegada e xuntando a documentación xustificativa. Polo tanto non procede dar de alta a mesma titulación e para iso empreguen o botón modificar.
.
Teléfonos de información:
- Secundaria: 981-545406, 981-545255, 981-545409, 981-545494
- Primaria: 981-545495, 881-995887, 981-544487
Correos electrónicos:
- Secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.gal
- Primaria: persoal.primaria@edu.xunta.gal
Relación de preguntas máis frecuentes sobre o procedemento