Eliminación da conta
Paso 1 Solicitude dun código de confirmación.
A eliminación faise en dous pasos:
- Paso 1: Solicitude dun código de confirmación.
- Paso 2: Confirmación da eliminación da conta.
Vostede atópase agora no primeiro deles.
Atención! Teña en conta que, no caso de que a súa conta teña caixa de correo, a eliminación da conta implicará a perda de todas as mensaxes de correo que teña actualmente. Se desexa conservalas é preciso que faga unha copia das mesmas no seu ordenador.
Antes de poder solicitar a eliminación necesitará un código de confirmación. Para obter o dito código deberá indicar sucesivamente: o DNI (só no caso de que non estea indentificado na aplicación) o seu PIN e os datos de contacto (*).
DNI
Introduza o número do documento identificativo asociado á conta que quere eliminar, normalmente será o seu DNI.
PIN
Introduza o seu PIN. Se non o recorda pódeo solicitar no menú PIN / Solicitar.
Datos de contacto
Introduza os seus datos de contacto, necesarios para verificar a súa identidade. Unha vez introducidos, enviaráselle o código para que poida confirmar a eliminación da conta.
(*) Para evitar solicitudes fraudulentas só se admitirán datos dos que xa dispón este servizo. Para comunicar os seus datos de contacto, acceda a datospersoais (www.edu.xunta.gal/datospersoais) coa súa conta, ou, se ten problemas coa súa conta ou o prefire, tamén pode acceder con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365.
- No caso de persoal de centros educativos públicos, diríxase aos servizos de persoal da unidade territorial correspondente.
- No caso de centros educativos privados, póñase en contacto coa dirección do seu centro.
Para calquera aclaración ou dúbida pode poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros.