Eliminación da conta

Paso 1 Solicitude dun código de confirmación.

A eliminación faise en dous pasos:

  • Paso 1: Solicitude dun código de confirmación.
  • Paso 2: Confirmación da eliminación da conta.

Vostede atópase agora no primeiro deles.

Atención! Teña en conta que, no caso de que a súa conta teña caixa de correo, a eliminación da conta implicará a perda de todas as mensaxes de correo que teña actualmente. Se desexa conservalas é preciso que faga unha copia das mesmas no seu ordenador.

Antes de poder solicitar a eliminación necesitará un código de confirmación. Para obter o dito código deberá indicar sucesivamente: o DNI (só no caso de que non estea indentificado na aplicación) o seu PIN e os datos de contacto (*).

DNI

Introduza o número do documento identificativo asociado á conta que quere eliminar, normalmente será o seu DNI.

PIN

Introduza o seu PIN. Se non o recorda pódeo solicitar no menú PIN / Solicitar.

Datos de contacto 

Introduza os seus datos de contacto, necesarios para verificar a súa identidade. Unha vez introducidos, enviaráselle o código para que poida confirmar a eliminación da conta.

(*) Para evitar solicitudes fraudulentas só se admitirán datos dos que xa dispón este servizo. Para comunicar os seus datos de contacto, acceda a datospersoais (www.edu.xunta.gal/datospersoais) coa súa conta, ou, se ten problemas coa súa conta ou o prefire, tamén pode acceder con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365.

  • No caso de persoal de centros educativos públicos, diríxase aos servizos de persoal da unidade territorial correspondente. 
  • No caso de centros educativos privados, póñase en contacto coa dirección do seu centro.

Para calquera aclaración ou dúbida pode poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros.