Inicio

24/11/2021:Novo campo obrigatorio no rexistro de colaboradores comedores escolares

A partir de hoxe, será obrigatorio ter rexistrado un enderezo electrónico para a notificación do pago trimestral ás persoas colaboradoras do comedor escolar.

  • Tipo colaborador: Pais, nais e titores, será necesario ter o correo electrónico rexistrado na aplicación XADE
  • Tipo colaborador: Non docentes, será necesario ter o correo electrónico rexistrado na aplicación de Persoal.
  • Tipo colaborador: Outros, será necesario rexistrar o correo electrónico na propia aplicación de Comedores no rexistro de persoas

No momento do peche trimestral, todos os colaboradores deberán contar cun correo electrónico rexistrado.

SINATURA DIXITAL: Certificación mensual de menús elaborados:

Os directores de centros con comedor de xestión indirecta, non poderán asinar o certificado mensual de menús elaborados mentres non estén dados de alta na plataforma de portasinaturas. A solicitude de alta nesta plataforma para todos os directores xa foi enviada e esperamos que se tramite en breve.

Os directores de centros con comedores de xestión indirecta que non teñan habilitado o usuario para poder asinar electrónicamente poden xerar o informe (sin sinatura) en :

Informes - Centro - CM003 Certificación mensual de menús elaborados.

Rexistro de persoal docente como usuarios

  • Os docentes só poden ser rexistrados como usuarios con tipo de pago "Abono 4,50 euros". A aplicación descontará, dos servizos consumidos como usuario, aqueles nos que o docente figurara ese día como director, substituto, encargado, delegado ou colaborador.

Cálculo bolsa comedores (só comedores xestión directa):

  • Recorde que é necesario ter configurados os días de comedor de todo o trimestre para que se poidan realizar os cálculos.
  • Recorde tamén que deben figurar confirmados aqueles usuarios non alumnos (docentes, non docentes, pais...) que fagan uso do servizo, aínda que teñan a condición de colaboradores, director ou encargado.