Accesibilidade e usabilidade

Este sitio web deseñouse coa intención de que puidesen acceder ao mesmo o meirande número posible de persoas. Con este fin seguíronse as directivas de accesibilidade para contidos web da WAI (Iniciativa de Accesibilidade na Web) do W3C.

A continuación coméntanse algunhas das características do sitio web que axudan a mellorar a accesibilidade:

  • Neste sitio web faise un uso intensivo das follas de estilo (css), co fin de separar o contido da presentación. Púxose coidado en que as páxinas sexan lexibles en navegadores que non comprenden as devanditas follas de estilo.

  • Os tamaños de letra son sempre relativos. Isto permite que a persoa que vexa as páxinas varíe o tamaño de letra, se así o desexa, mediante as ferramentas do navegador. Así, en Internet Explorer isto acádase con "Ver - Tamaño de texto", en Opera, con "Ver - Escala" e en Mozilla con "Ver - Tamaño del texto". Nalgúns navegadores tamén é posible cambiar o tamaño da letra premendo Ctrl-+ e Ctrl--.

  • As imaxes dispoñen de etiquetas descritivas.

  • Non se emprega a cor coma único criterio para distinguir a información. Así facilítase a accesibilidade para as persoas con dificultades para distinguir as cores e para as que empregan dispositivos non visuais.

  • Indícanse no posible as abreviaturas e acrónimos. Algúns navegadores - Internet Explorer, Opera, Mozilla Firefox -, amosarán unha descrición da abreviatura cando se pasa o rato por riba desta. Nos lectores de pantalla, isto facilitará a comprensión do texto.

  • No texto dun enlace engádese unha descrición do mesmo, visible en moitos navegadores cando se pasa o rato por riba do enlace.

  • A meirande parte dos navegadores permiten o uso das teclas de acceso para ir directamente a certas partes da páxina ou a certos enlaces. En Internet Explorer, deberase premer Alt + tecla de acceso; en Mozilla Firefox, Alt + May + tecla de acceso; en Macintosh, Control + tecla de acceso. Neste sitio web están sinaladas do seguinte xeito as teclas de acceso en cada enlace, p.e.: Enlace (accederiase mediante Alt + E).

  • Na parte superior do sitio amosarase un letreiro de presentación da web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, namentres na parte inferior disponse dunha barra de accesos xerais. Nesta barra disporemos de distintos enlaces: o primeiro permitiranos o regreso á páxina de inicio do servizo web e a continuación, amósanse os relativos a políticas de accesibilidade, privacidade, lexislación aplicable e como contactar coa Consellería.