Áreas de influencia

Nesta pantalla pode  consultar as áreas de influencia dos centros educativos sostidos con fondos públicos, con efectos exclusivamente informativos.

A integración dos datos estase a realizar de forma progresiva, polo que no caso de dúbida ou para completar a información debe dirixirse ao centro educativo/xefatura territorial correspondente.

Estamos adaptando a aplicación para poder visualizar as áreas de bacharelato diferenciadas por modalidade.

Nesta pantalla pódense consultar ás áreas de influencia dos centros educativos.
Para cada consulta deberanse cubrir obrigatoriamente os campos marcados con '*': Provincia, Concello, Ensinanza.
Mostraranse as áreas de influencia dos centros coincidentes ata un máximo de 10, se o resultado da busca devolve máis de 10, non se cargará ningunha área no mapa, para visualizalas terase que marcar na listaxe de resultados sen superar o límite establecido.
Facendo click na área de influencia ou no marcador do centro, mostrarase información relacionada.

Busca por provincia/concello: Áreas de influencia correspondentes ós centros que coinciden cós filtros de busca (provincia, concello, ensinanza e tipo centro)

Busca por enderezo: Áreas de influencia nas que se encontra o enderezo aportado, coincidindo cós filtros de busca (provincia, concello, ensinanza e tipo centro).
Para realizar este tipo de busca, marcar o check de "Busca por enderezo", a provincia/concello deberán ser do enderezo aportado para que os resultados da busca sexan satisfactorios.

Busca de centros
Axuda
Localización