Áreas de influencia
Nesta pantalla pode consultar as áreas de influencia dos centros educativos sostidos con fondos públicos, con efectos exclusivamente informativos.
A integración dos datos estase a realizar de forma progresiva, polo que no caso de dúbida ou para completar a información debe dirixirse ao centro educativo/xefatura territorial correspondente.
Nesta pantalla pódense consultar ás áreas de influencia dos centros educativos.
Para cada consulta deberanse cubrir obrigatoriamente os campos marcados con '*': Provincia, Concello, Ensinanza.
Mostraranse as áreas de influencia dos centros coincidentes ata un máximo de 10, se o resultado da busca devolve máis de 10, non se cargará ningunha área no mapa, para visualizalas terase que marcar na listaxe de resultados sen superar o límite establecido.
Facendo click na área de influencia ou no marcador do centro, mostrarase información relacionada.
Busca por provincia/concello: Áreas de influencia correspondentes ós centros que coinciden cós filtros de busca (provincia, concello, ensinanza e tipo centro)
Busca por enderezo: Áreas de influencia nas que se encontra o enderezo aportado, coincidindo cós filtros de busca (provincia, concello, ensinanza e tipo centro).
Para realizar este tipo de busca, marcar o check de "Busca por enderezo", a provincia/concello deberán ser do enderezo aportado para que os resultados da busca sexan satisfactorios.