Nice menus

  • Activar o módulo Nice Menus.
  • Na ruta  Administrar » Configuración da páxina » Nice menus poñer o número de bloques de Nice menus que se crearan, por defecto veñen 2.
  • Na ruta Administrar » Construción do sitio » Bloques localizar os bloques creados polo Nice menu que se chaman Nice menu 1, Nice menu 2....dependendo do número que se puxo na configuración do apartado anterior.
  • Escoller o bloque Nice menu é premer en "configurar" para personalizar.

Configuración dun bloque Nice menu

    • En Menu Parent elexir que menú se quere visualizar deste xeito.
    • En Menu Style elexir o modo en que se amosaran os distintos termos do menú.
    • Gardar o bloque.
  • Colocar o bloque na rexión da plantilla donde se queira visualizar.
  • Gardar os bloques.

Como crear un menú cabeceira co módulo Nice menu

  • Crear un menú chamado Menu cabeceira
  • Crear as taxonomías que queiramos, e en Menu Location enlazar co menú feito no paso anterior -Menú cabeceira- e marcar as seguintes opcións:

opcións de Taxonomy menu

  • Marcar a opción "Hide empty terms" se non se queren amosar os termos baleiros.
  • Marcar a opción "Add item for vocabulary" para que se amosen os nomes das taxonomías, xa que neste caso van asociadas varias ao mesmo menú e é preciso que se amose o seu nome.
  • Ir a Administrar » Construcción da páxina » Bloques e buscar un dos bloque chamado Nice menu e configurar da seguinte maneira:

Configuración do bloque nice menu

  • Colocar o bloque na cabeceira
  • Escollendo o "Menu Style" = down teria un aspecto  similar ao seguinte:

Nice menu

Última modificación: Luns, 29 de Maio do 2017, 11:46