Skip to Content

Sistema Operativo Corporativo

ISO libre en debian 8.1

Imaxe cun sistema operativo para equipos enivados pola Xunta de Galicia aos centros educativos, baseada en sistema operativo Linux, Debian 8.1

Está mantida polo equipo de Sistemas abalar (Aula 0) e acaba de lanzar unha nova imaxe da maqueta (abalar libre 16_1.5)

Na aula aberta abalar está dispoñible tanto a imaxe como o manual de instalación actualizado no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual2/course/view.php?id=85

Esta nova imaxe actualiza paquetes de sistema, navegadores, programas, etc. Pero o máis destacable é o procedemento polo cal se pode automatizar  a instalación da maqueta

Opcións de instalación a partir da live:

  1. Sinxela --> Instala a imaxe nunha única partición e non pide información de linguaxe e particións sendo práticamente desatendida.
  2. Avanzada --> Instala o sistema dunha única partición, pero solicitando datos de linguaxe, táboa de particións, etc. Tal e como viña facendo ata o momento.
  3. Personalizada --> Permite definir as particións e instalar o equipos con mais dun sistema operativo, etc.

NOTAS IMPORTANTES

Non válida para  equipamento das aulas abalar de centros públicos que se atopa xestionada de xeito centralizado polo Servidor do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut