Skip to Content

Vídeos en Drupal 6

Na páxina podemos incorporar vídeos acompañando ao contido, de xeito que se poidan reproducir directamente sen ter que depender de portais externos nin incorporar publicidade non desexada.

A publicación é realmente doada pero é certo que durante o proceso Dripal abre numerosas ventás en po-up que poden despistar aos usuarios, asi que facemos aqui unha guía paso a paso con capturas.

É importante saber que os vídeos teñen que estar en FLV (Flash Vídeo), formato específico para a publicación de vídeos a través de Internet e ademais recoméndase que o nome do fheiro flv non leve caracteres raros (espacio en blanco, tils, guións etc)

Pasos a seguir:

  1. Convertir o vídeo orixinal a formato FLV. Para o que precisamos dun conversos. Un dos conversores máis empregados en Linux é WinFF (incluído tanto na maqueta abalar, como na universal corporativa) trátase dun software sinxelo e de doado manexo. Outro exemplo de conversor para Windos e Mac é Any Video Converter (http://www.any-video-converter.com/download-avc-free.php) que dispón dunha versión gratuita en castelán e que tamén é moi intuitivo de usar.
  2. Crear un contido na web do centro (por exemplo un contido de tipo páxina, pero vale calquera outro)
  3. No corpo do texto de acompañamento, premer no botón "Inserter/editar medio embebido" botón inxerir medio embebido
  4. na ventana emerxente que se abre premer sobre o botón "Examinar"
  5. Abrirase en pop-up a ventá do File Browser (Navegador de ficheiros) onde teremos que Subir "Upload" o noso vídeo, premendo no botón
  6. Abrirase unha nova ventana onde primero Examinamos (premer no botón "Examinar") para localizar o vídeo no noso pc e logo o subimos premendo no botón "Subir"
  7. Pechamos a ventana (premer na x da esquina superior dereita)
  8. Prememos no botón de insertar arquivo da ventá do File Browser
  9. Na ventá de medidos embebidos poderemos ver xa a ruta do vídeo subido e podemos configurar algúns parámetros como a alineación con respecto ao texto, o tamaño etc. como se amosa de seguido na imaxe:
  10. Finalmente prememos en Insertar
  11. Enviamos o novo contido e automaticamente xa o teremos listo para a súa reprodución na web. Vídeo publicado!

 Aqui tedes un exemplo:



page | by Dr. Radut