Skip to Content

Publicar LIM no proxecto de Websdinámicas

Moitas veces a xente pregunta como publicar un libro LIM na web, este artigo é  unha pequena guía de como facelo.

EdiLIM http://www.educalim.com/cinicio.htm é unha ferramenta de autor sinxela que nos permite crear rapidamente libros LIM con actividades interactivas.

LIM e EdiLim ten unha licenza Creative Commons que permite o seu uso e distribución libre, sempre que se respecte a súa gratuidade e autoría. O autor é Fran Macías Puente, profesor dun colexio público galego.

Unha vez creado o libro seranos moi útil publicalo na web para que os alumnos poidan acceder dende calquera sitio.

Para iso precisamos dun "sitio" na rede onde poder subir o noso arquivo zip, como por exemplo DropBox ou outro servizo semellante, tamén podemos utilizar a Aula Virtual do noso colexio (Moodle) se este forma parte do proxecto Websdinámicas de la Consellería de Educación.

Esta última opción é a máis recomendable para calquera centro público galego, xa que o alamacenamento é nun servidor corporativo, dentro do espazo asignado ao propio centro público, sen grandes limitacións de espazo e por suposto gratuíto.

Noutro caso os pasos a seguir son idénticos a excepción do punto 4, nese caso o usuario tería que dispor dun servizo externo de almacenamento na "nube" do estilo de DropBox, Onedrive, Google Drive, Box etc que non son sempre gratuítos (os servizos gratuítos teñen limitación de almacenamento) e ademais son externos cos riscos de seguridade que iso implica.

Paso a paso:

1. CREAR

Obviamente o primeiro que temos que facer é crear o noso libro LIM coas páxinas nas que incluímos as actividades.

2. EXPORTAR

Exportamos o noso libro a formato html e empaquemos o en zip, estas opcións están dispoñibles na propia aplicación na pestana "Exportar"

3. EMPAQUETAR EN SCORM

Se ademais queremos publicalo na Aula Virtual do centro (Moodle) seranos de moita utilidade empaquetalo en SCORM (opción tambén incluida na pestana “Exportar”)

4. SUBIR

Agora temos que “subir” ese paquete zip á Aula Virtual (Moodle), para elo:

  • Debemos contar cun usuario na Aula Virtual do centro e un curso nese aula no que teñamos asignado o papel de "profesor" (de non ser así poñerse en contacto co administrador para solicitalo)
  • Nos logueamos no espazo e entramos no noso curso
  • No bloque de "Administración" do curso buscamos "Ficheiros" e acedemos
  • Creamos unha carpeta co nome do libro ou outro que nos pareza oportuno utilizando a opción "Crear un cartafol"
  • Subimos o zip a esa carpeta utilizando o botón "Cargar ficheiros"
  • Unha vez subido descomprimímolo empregando a opción "Descomprimir" que figura á dereita do arquivo.

NOTAS IMPORTANTES

  1. O curso de moodle ten que ser público e admitir convidados sen chave
  2. O moodle, ou aula virtual do centro, debe estar configurada para permitir o login automático de invitados, é dicir para que non pases pola pantalla de login para acceder ao curso,para isto mesmo:
    1. entrar como administrador da Aula Virtual do centro
    2. ir a Administración do sitio-> Usuarios -> Permisos -> Políticas de usuario -> Acceso automático de convidados
    3. marcar para activar a opción

En calquera caso o comportamento ás veces depende do navegador.

5. COPIAR O CÓDIGO

Dende a versión 4 os libros-LIM levan unha opción no menú contextual ( botón dereito do rato) que permite copiar ao portapapeis os códigos HTML do libro. Paso a paso sobre un exemplo:

 

  1. Facemos dobre clic sobre o noso libro html, debe ser un arquivo do tipo nomedolibro.html

  2. Situar o rato sobre el e clicar co botón dereito

  3. Elixir a opción "copiar HTML"

  4. Abrir un bloc de notas, gedit ou calquera aplicación semellante

  5. Pegar

  6. Agora veremos os códigos HTML para embeber no noso blog ou na web do colexio, ou na aula virtual...etc

 

 Neste exemplo os códigos serían:

--Object------------

<object type="application/x-shockwave-flash" id="objlim" data="http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/file.php/8/juana/lim.swf?libro=planeta-auga.lim" width="600" height="500" align="top" >
<param name="allowScriptAccess" value="always" />
<param name="movie" value="http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/file.php/8/juana/lim.swf?libro=planeta-auga.lim"/>
<param name="quality" value="high" />
<param name="allowFullScreen" value="true" />
<param name="FlashVars" value="libro=planeta-auga.lim"/>
</object>

--Iframe------------

<iframe src="http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/file.php/8/juana/lim.swf?libro=planeta-auga.lim" frameborder="0" width="600" height="500"  scrolling="auto"></iframe>

--Url---------------

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/file.php/8/juana/lim.swf?libro=planeta-auga.lim

Como vedes dame tres posibilidades diferentes, segundo vaia a empregar a etiqeta<object> ou <iframe>, e ademais está a ruta específica para Drupal (web de centros no proxecto websdinámicas)

6. PUBLICAR

Publicar o libro na web. Podemos facelo de diferentes formas, nun blog, na web do centro (Drupal) ou na propia Aula Virtual (Moodle). Explicaremos os pasos a seguir en cada caso:

6.1. Publicalo nun blog xenérico

Crearemos unha entrada no devandito blog e co texto rico desactivado (opción HTML) pegamos o código correspondente a <object> obtido no paso anterior.

Nota: existe unha opción alternativa á etiqueta <object> que é a etiquete <iframe>.
Esta opción é desaconsellable por cuestións de accesibilidade (ver o artigo http://aurea.es/2010/10/14/adios-iframe-hola-object/ ) só a empregaremos no caso de que o noso blog ou web non admita a etiqueta object.

6.2. Publicalo na web do centro (Drupal)

Creamos un contido (do tipo páxina ou entrada de blog) e prememos o botón de “Insertar/editar medio embebido” e na xanela que se abre introducimos pegamos a Url que obtimos no paso.
Para as dimesnións podemos indicar 600x500 ou outra semellante (acordarse de activar a casiña de “bloquear proporcións”)

6.3. Publicalo na Aula Virtual do centro (Mooodle)

Se podería crear un contido en moodle do tipo páxina ou etiqueta e seguir os pasos xa indicados  para publicar nun blog xenérico (ver 6.1), pero a opción máis cómoda es sen dúbida publicalo como unha actividade SCORM.
Para elo:

  • engadimos no noso curso unha actividade
  • selecionamos o tipo SCORM/AICC
  • na xanela que aparece simplemente teremos que seleccionar o noso paquete zip que creamos no punto  3.

A vantaxe deste método ademais da súa sinxeleza é que os resultados obtidos polos alumnos se integran no curso moodle coas súas cualificacións e o profesor pode consultalas e facer un seguimento dos intentos realizados, resultados obtidos...etc.



page | by Dr. Radut