Skip to Content

January 2017

Logotipo do centro persoalizado

A ter en conta

  • O formato da imaxe debe ser jpg ou png
  • É recomendable que non se pase dos 150 de alto ou ancho (píxeles)
  • Esta acción só pode facela o administrador da web ou un usuario con permisos de administrador (xeralmente un cargo directivo ou o coordinador TIC)

Pasos a seguir

1- Subir a imaxe do logotipo

  1. Entramos co usuario e contrasinal do administrador
  2. Accedemos "A miña conta"
  3. Clicamos na pestana "File Browser"
  4. Clicamos na opción "Upload"
  5. Na xanela que se abre pulsamos no botón "Examinar..."
  6. Abrirase o navegador de arquivos do equipo desde o que esteamos a traballar, nel debemos buscar o logotipo que queremos subir. Unha vez que o teñamos localizado aceptamos.
  7. Vovlverá automaticamente á xanela de subida, veremos nela o nome do arquivo que seleccionamos e pulsaremos sobre o botón "subir". Teremos ademais a posibilidade nesa mesma xanela de facer copias automaticamente da imaxe en 3 tamaños (recomendamos o medio ou o pequeno)
  8. Mostrarase unha mensaxe de imaxe subida satisfactoriamente. Xa podemos pechar a xanela de subida de ficheiros.
  9. Entre os ficheiros que ten o noso usuario seleccionamos o logotipo no tamaño desexado. Na parte inferior da xanela veremos unha vista previa da imaxe. Situámonos sobre ela e co botón dereito do rato seleccionamos a opción de copiar a ruta da imaxe.

2. Configurar a plantilla

  1. Imos ao menú de Administracción -> Construción da páxina -> Plantillas
  2. Existen dúas posibilidades: cambiar o logotipo do centro para todas as plantillas ou temas ou cambiar o logotipo do centro para unha plantilla determinada. No primeiro caso pulsamos directamente sobre a opción Configurar -> Configuracións globais .No segundo caso, seleccionamos primeiro da lista o persoal á que queremos cambiarlle o logotipo e logo eliximos a opción de Configurar
  3. Desprazámonos ata a sección de Configuración da imaxe do logotipo
  4. Desmarcamos a opción Usa-o logotipo por defecto
  5. Na opción Ruta á icona personalizada: borramos a dirección que figure e pegamos a url dá imaxe que copiamos anteriormente.
  6. Borramos toda a primeira parte da dirección ata chegar a palabra system
  7. Quedará unha dirección parecida a esta: system/files/images/nombredoficheiro.png
  8. pulsamos o botón de "Garda-la configuración" que está ao final da páxina e listo!



by Dr. Radut