Skip to Content

Imaxe con logo na cabeceira e webform results. Hai algunha conexión?

Ola!

Temos creado un webform na nosa páxina para que os alumnos que desexen solicitar certificados enchan os seus datos e chegue a solicitude por e-mail á secretaria. Con todo, ao crear o formulario, vin que o anonymous user pode ver os resultados, e como son datos persoais podemos ter un problema grave. Para solucionar isto, fun editar os permisos do rol anonymous user e desmarquei a opción "Ver webform results". Ata aquí, perfecto, porque o problema se solucionou, pero ao facer isto desapareceu a imaxe de cabeceira da web, cos logos da consellería e da escola. Como podo facer para que se volvan ver? Hai algunha relación entre ambas cousas?

Grazas de antemán pola axuda :)

Isabel

visita a web

Estou visitando a vosa web e problema que tiñandes cos logos está solucionado.



forum | by Dr. Radut