Skip to Content

Título do tema superposto co logo

Estamos usando o tema friendselectric e hai un problema. O título xeral (IES Manuel García Barros) superponse co logo do noso centro (que sustitúe ó logo por defecto). Pódese ver o efecto en http://centros.edu.xunta.es/iesmanuelgarciabarros/ ¿Como podemos evitar esto?

Logo

Ese tema non é demasiado bo para engadir un logo.
Pero tendes polo menos dúas solucións:
1.-Facer que o logo incluia o nome. A imaxe do logo será máis alargada, pero incluie o logo e o nome. Probade nese caso distintas resolucións de pantalla e ver o efecto.

2.-En administrar-opcions-opcións xerais. No nome do sitio escribides primeiro un punto e logo espazos ata deixar o logo libre. Incluso mirar se e mellor un punto, ou un acento, etc.

opcións-opcións xerais

estamos a curiosear para tentar facer algo na páxina do centro e gustaríanos incluir un logo propio do centro, pero tal e como se lle explica aquí nos non atopamos esa vía: administrar-opcións-opcións xerais, ¿é problema do tema elexido?, non vai con determinadas plantillas?

Logo do centro

Esa resposta é de Xaneiro de 2007. Por aquel tempo estabamos na versión 4.7. Agora na vesión 5.x os logos personalizados inclúense na configuración de cada PLANTILLA.

Hai que ter en conta que cada plantilla admite un tamaño de logo, pero dende logo nunca superior a 100x100 pixeles. E nun casos e un jpeg e noutros png. Eso vese en cada plantilla, fixandose o que ten como predeterminado.



forum | by Dr. Radut