Libro: Configurando Coppermine

Explicaremos neste apartado como se configura básicamente a Galería Coppermine en opcións visuais, formatos de imaxes, idiomas, a creacion de roles e usuarios.

Indicaremos tal como instalamos a galerías para os centros educativos e o porqué desta instalación.

Consideramos que resulta máis práctico empregar configuracións seguras que aventurarnos a abrir portas que poidan inutilizar o espazo web.

Premendo no título do libro accederemos aos capítulos de configuración:

Configuración xeral

Premendo no Botón Configuración accederemos a un conxunto de posibilidades de configuración. So señalaremos as que consideramos máis salientables:

  1. Configuración xeral
    Nome da Galería: Centro de marras
    Descrición da Galería: Galería de Imaxes
    Correo-e do Administrador da Galería= centrodemarras@edu.xunta.es
    URL do cartafol da túa galería coppermine (sen 'index.php' ou similar ó remate) =http://centros.edu.xunta.es/centrodemarras/galeria
    URL da túa páxina de inicio= index.php


  2. Eliximos idioma galego.
    • Posiblemente non cambie de idioma, entón teremos que ir á carpeta Langs e cambiarlle o nome ao arquivo galician.php e renombrámolo como spanish.php

  3. Visualización de lista de álbums:
    • O contido da páxina principal=breadcrumb/catlist/alblist/
    • Aquí podemos elixir o número de columnas de álbums que se poden ver. Por defecto son 2. Tres tamén pode ser un bó número pero catro columnas xa nos crean barras de desprazamento horizontais.
    • as categorías poden ordenarse e os albums tamén. Cada un no seu menú.
  4. Configuración de arquivos e miniaturas:
    • Tamaño máximo de envío: 1024 kb
    • Ancho ou alto máxino de miniaturas: 800
    • Auto-redimensionar imaxes que sexan maiores do ancho ou alto máximos: si a todos
    Deste xeito asegurámonos uns tamaños aceptables de imaxes xa que a aplicación redimensiona as imaxes enormes a un tamaño máximo de 800x800
  5. Configuración de arquivos e miniaturas:
           Método para o redimensionado de imaxes  GD Versión 2.x


Creando Categorías

As categorías van a ser contenedores de Álbums. É dicir unha Categoría non contén imaxes, contén álbums que a súa vez terán imaxes.

Para crear unha categoría prememos no botón do mesmo nome e poñémoslle un título e actualizamos.

Poderiamos facer Categorías dentro de categorías pero non é aconsellable xa que estariamos dificultando a navegación.

Se quixeramos facer eso, simplemente teriamos que seleccionar a Categoría nai e logo crear ou colgar dela a categoría filla.

catego

As categorías poden eliminarse, editarse ou cambiar a orde de aparición na páxina de navegación nos botóns da imaxe.

 

 

 

Creando Álbums

Os albumes seran os espazos para albergar as imaxes.

O procedemento para crealos é o seguinte:

  1. Prememos no botóns Álbums

  2. Sleccionamos categoría, dentro da que vai a estar.

  3. Prememos en Novo e sobreescribimos Novo Album co nome que lle queiramos dar.

  4. Aplicamos modificación e o novo álbum xa estará creado na categoría correspondente

    Configuración e permisos

    Agora unha vez creado o álbum, prememos na opción Álbum album
    pero non na de administración, senón na de usuario.Agora veremos todos os álbums creados e no botón propiedades vamos a configuralos de xeito que lle podemos:
    • Cambiar categoría se fose necesario
    • Adxudicar una imaxe de miniatura como logo
    • Dar permisos aos usuarios para subir imaxes
    • Sin permisos de comentario
    • Sin votación ou valoración de imaxes

Grupos - roles - perfís

En Coppermine os Grupos son os chamados en outras aplicacións roles ou perfís.

A aplicación ven inicalmente con tres roles: administrador, rexistrado e invitado.

Nos vamos a crear o grupo de Profesorado

A este grupo vamos a deixarlle publicar imaxes na galería pero só naqueles álbums que o administrador creou como públicos e nos que permite aos usuarios enviar fotos.

Dado que estamos traballando nun centro educativo non consideramos oportuno deixar que os usuarios poidan crear galerías persoais.

Preme na imaxe para ver como quedaría a configuración de grupos:

Aparecen permisos comentarios nas imaxes, pero esa posibilidade estará regulada nos permisos de cada álbum.

 

Altas de usuarios

No botón de usuarios podemos engadilos.

Enviar fotos - Engadir fotos por FTP

Enviar foto

Mediante esta opción poderemos subir fotos aos álbums.
Abrirásenos a opcións de examinar para buscar no noso ordenador as imaxes a subir (de 5 en 5), anque esta opción poderíase cambiar.

Tamén se poden indicar imaxes mediante URL.

As imaxes teñen a limitación de 1024 KB e o tamaño máximo de 800x800.

Xa indicamos anteriormente que a aplicación estaba configurada para redimensionar imaxes que excedesen o tamaño de 800 en ancho ou alto. Imaxes de maior tamaño amais de pesadas serían desprporcionavas para ver nunha pantalla dun ordenador.

Evidentemente son op¡ccións configurables.

Engadir foto por FTP

Poderiamos engadir fotos mediante protocolo FTP se creamos unha carpeta con ditas fotos e as metemos dentro da carpeta albums da galería.

Unha vez no espazo web, premeriamos no botón de Engadir fotos e poderiamos ir elixindo na carpeta que subimos ao espazo web as imaxes desexadas e asignarlles o álbum correspondente.

 

Ferramentas administrativas

É unha das opcións máis peligrosas que podemos manexar na galería xa que podemos perder toda a información ou incluso provocar erros de difícil solución.

O máis interesante que esta utilidade pode facer::