Para saber algo mais: Diferenzas dos formatos de imaxe.

Para saber algo mais: Diferenzas dos formatos de imaxe.


GIF e as súas 256 cores

Son as siglas para Graphics Interchange Format. Este formato pode conter ata 256 cores.

Por esta razón, GIF non é un bo formato para gardar fotografías que poidan ter máis que esa cantidade de cores, posto que perderían gravemente a súa calidade.

É útil para gardar imaxes que teñan grandes bloques de cores planas como ilustracións simples ou logotipos para algunha compañía. Ademais, permite preservar a transparencia.

O formato GIF usa un algoritmo de compresión LZW. Esta é unha das razóns polas que o uso do formato PNG se está a volver máis popular, posto que este algoritmo estaba patentado e os fabricantes de software que utilizaban imaxes GIF debían pagar regalías a Unisys, a propietaria dos dereitos.

Características do formato JPEG

Son as siglas para Joint Photographic Experts Group, un formato utilizado para compartir fotografías e outras imaxes con tons continuos na web.

O formato JPEG comprime o tamaño do arquivo final utilizando un algoritmo de compresión con perda. É dicir, que para representar certa cantidade de información (neste caso de cor), se utiliza unha menor cantidade desta.

Na maioría de programas para edición de imaxes é posible especificar a compresión e perda de calidade que queres para o teu arquivo.

O máis probable é que se utilizas a opción de máxima compresión, a imaxe resultante sexa difícil de recoñecer, pero pódese utilizar unha configuración que reduza o tamaño de arquivo pero que produza unha imaxe relativamente boa.

Transparencias usando PNG

Son as siglas para Portable Network Graphics, que intenta reunir características dos anteriores formatos. O seu desenvolvemento baseouse en GIF, para evitar a perda de información ao comprimir os arquivos e é un formato con crecente popularidade na web.

Non obstante, a diferenza de GIF, PNG soporta imaxes de 24 bits e permite preservar a transparencia sen asperezas nos bordes. PNG soporta imaxes RGB, con cores indexadas, en escalas de grises e en modo de mapa de bits.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro do 2015, 10:06