Publicar libro LIM en Websdinámicas

EducalimEdiLIM http://www.educalim.com/cinicio.htm é unha ferramenta de autor sinxela e doada de utilizar que nos permite crear rapidamente libros LIM con actividades interactivas para clase.

creativecommonsLIM e EdiLim ten unha licenza Creative Commons que permite o seu uso e distribución libre, sempre que se respecte a súa gratuidade e autoría.

O autor é Fran Macías Puente, profesor dun colexio público galego.

Unha vez creado o libro seranos moi útil publicalo na web non só para que os alumnos poidan acceder a el dende calquera sitio, senón tamén para poder compartilo cos demais profesores da comunidade educativa.


Para iso necesitaremos un "sitio" na rede onde poder subir o noso libro. Unha posibilidade é utilizar a Aula Virtual do noso colexio (Moodle), ainda que tamén poderiamos empregar servizos web do estilo de DropBox.

A opción máis recomendable para calquera centro público galego e que explicamos a continuación é empregando a Aula Virtual (Moodle). Noutro caso os pasos a seguir son idénticos a excepción do punto 4, pero obviamente non imos facer aquí unha guía para subir arquivos a DropBox.


Paso a paso:


1. CREAR.
Obviamente o primeiro que temos que facer é crear o noso libro LIM coas páxinas nas que incluímos as actividades.


2. EXPORTAR E EMPAQUETAR.
Exportamos o noso libro a formato html e o empaquetamos en zip, estas opcións están dispoñibles na propia aplicación na pestana "Exportar"


3. EMPAQUETAR EN SCORM.
Se ademais queremos publicalo na Aula Virtual do centro (Moodle) seranos de moita utilidade empaquetalo en SCORM (opción tambén incluida na pestana “Exportar”)


4. SUBIR.
Agora temos que “subir” ese paquete zip á Aula Virtual (Moodle), para elo:

  • Debemos contar cun usuario na Aula Virtual do centro e un curso nesa aula no que teñamos asignado o papel de "profesor" (de non ser así poñerse en contacto co administrador para solicitalo)
  • Nos logueamos no espazo e entramos no noso curso
  • No bloque de "Administración" do curso buscamos "Ficheiros" e acedemos
  • Creamos unha carpeta co nome do libro ou outro que nos pareza oportuno utilizando a opción "Crear un cartafol"
  • Subimos o zip a esa carpeta utilizando o botón "Cargar ficheiros"
  • Unha vez subido descomprimímolo empregando a opción "Descomprimir" que figura á dereita do arquivo.


5. COPIAR O CÓDIGO.
Dende a versión 4 os libros-LIM levan unha opción no menú contextual ( botón dereito do rato) que permite copiar ao portapapeis os códigos HTML do libro.
O único que temos que facer é:

  • facemos dobre clic sobre o noso arquivo html, debe ser un arquivo do tipo nomedolibro.html
  • unha vez se abra no navegador situar o rato sobre el e clicar co botón dereito do rato
  • Elixir a opción "copiar HTML"
  • Abrir un bloc de notas, gedit ou calquera aplicación semellante
  • Pegar
  • Agora veremos os códigos HTML para embeber no noso blog ou na web do colexio, ou na aula virtual...etc






Neste exemplo concreto tomado dun centro participante os códigos serían:

--Object------------

<object type="application/x-shockwave-flash" id="objlim" data="http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/file.php/28/planeta-auga/lim.swf?libro=planeta-auga.lim" width="600" height="500" align="top" >
<param name="allowScriptAccess" value="always" />
<param name="movie" value="http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/file.php/28/planeta-auga/lim.swf?libro=planeta-auga.lim"/>
<param name="quality" value="high" />
<param name="allowFullScreen" value="true" />
<param name="FlashVars" value="libro=planeta-auga.lim"/>
</object>

--Iframe------------

<iframe src="http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/file.php/28/planeta-auga/lim.swf?libro=planeta-auga.lim" frameborder="0" width="600" height="500" scrolling="auto"></iframe>

--Url---------------

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/file.php/28/planeta-auga/lim.swf?libro=planeta-auga.lim

Como vedes temos tres posibilidades diferentes, segundo vaia a empregar a etiqueta<object> ou <iframe>, e ademais está a ruta específica para Drupal (web de centros no proxecto websdinámicas)

6. PUBLICAR.
Publicar o libro na web. Podemos facelo de diferentes formas:

Dentro do proxecto websdinámicas:

  • na web do centro ou nun blog de aula desa web (Drupal)
  • na Aula Virtual (Moodle).

Explicaremos de seguido os pasos a seguir en cada caso:

6.1. Publicalo na web do centro ou nun blog de aula nesa web (Drupal).
Creamos un contido (do tipo páxina ou entrada de blog segundo corresponda) e prememos o botón de “Insertar/editar medio embebido”
Na xanela que se abre pegamos a Url que obtivemos no paso 5.
Para as dimesnións podemos indicar 600x500 ou outra semellante (acordarse de activar a casiña de “bloquear proporcións”)

6.2. Publicalo na Aula Virtual do centro (Mooodle).
A opción máis cómoda es sen dúbida publicalo como unha actividade SCORM.
Para elo:

  • engadimos no noso curso unha actividade
  • seleccionamos tipo Paquete SCORM
  • na xanela que aparece simplemente teremos que seleccionar o noso paquete zip que creamos no punto 3.

A vantaxe deste método ademais da súa sinxeleza é que os resultados obtidos polos alumnos se integran no curso moodle coas súas cualificacións e o profesor pode consultalas e facer un seguimento dos intentos realizados, resultados obtidos...etc.



Última modificación: Martes, 14 de Febreiro do 2017, 12:49