Imaxe

Imaxe

Este contido é ideal para publicar fotografías ou capturas de pantalla.

A estrutura da súa ficha de creación é semellante ás vistas anteriormente para 'Páxina' e 'Historia' coa diferenza de que este tipo inclúe unha nova opción chamada precisamente 'Imaxe'.

Cargar imaxe

Deberemos seleccionar a imaxe do noso ordenador mediante a opción Seleccionar archivo, completar a ficha coa información necesaria (lémbrese que o 'Título' sempre é obrigatorio) e, para publicar a imaxe, premeremos sobre o botón 'Gardar' situado ao pé da páxina.

Unha vez creado este contido tipo 'Imaxe' creouse automaticamente outra imaxe en miniatura (thumbnail) que será a que apareza na sección onde publicamos a nosa imaxe. Logo, ao premer sobre o título deste contido ou directamente sobre esta miniatura, accederemos ao contido completo onde poderemos observar a imaxe no seu tamaño de Vista previa ou Orixinal, segundo se teña definido por parte dos administradores. Por defecto está establecido para que se vexa a imaxe de tamaño Vista previa: 640 píxeles de ancho ou alto.

Aproveitamos para indicar que unha imaxe para ser empregada na web de Drupal non debería ter un ancho superior aos 640 píxeles. En calquera caso, os adminstradores da web do centro poden especificar cal é o tamaño ao que serán redimensionadas as imaxes automaticamente ao ser subidas por un usuario, sen que este teña que preocuparse excesivamente pola tamaño da imaxe orixinal.

Por defecto, os valores que se establecen para o redimensionado automatico das imaxes son:

  • Orixinal: 1024 píxeles (en ancho ou alto)

  • Miniatura: 100 píxeles (en ancho ou alto)

  • Vista previa: 640 píxeles (en ancho ou alto)

Exemplo de imaxe en miniatura: 92x100

Imaxe en miniatura

Exemplo de imaxe en Vista previa: 590x640

Exemplo de imaxe en Vista previa

Última modificación: Luns, 10 de Abril do 2017, 07:08