Plantillas ou temas da aula virtual

Moodle utiliza un sistema de temas ou plantillas para darlle aspecto á aula virtual e aos seu cursos. Existe un grande número de temas diferentes dispoñibles para a súa instalación entre os que poderemos encontrar algún que se axuste as nosas necesidades e gustos. No proxecto Webs Dinámicas, para a instalación de Moodle 2.6, está instalado un conxunto de temas que polo momento é reducido pero que se irá ampliando segundo se vaian probando novos temas ou os vaian demandando os centros.

Configuración xeral dos temas de Moodle

Na ruta Administración do sitio > Apariencia > Temas: Configuración do tema, podemos modificar unha serie de parámetros que regulan o comportamento xeral dos temas en Moodle.

Configuración do tema

Figura: Configuración do tema

Neste formularios poderemos configurar, entre outros, estes aspectos:

  • Lista de temas. Que temas estarán dispoñibles dentro dos que están instalados. Con esto podemos restrinxir o uso dos temas a un subconxunto reducido.
  • Permitir temas de usuario. Activando esta opción, cada usuario poderá elixir con que tema ve a aula virtual, excepto cando entre nun curso que teña forzado outro tema.
  • Permitir temas por categoría. Activando esta opción, poderase elexir un tema concreto para cada categoría que se aplicará nos cursos contidos nesa categoría e subcategorías.
  • Permitirlle aos usuarios agochar bloques. Cada usuario elixe que bloques da páxina principal ve.
  • Permitir que os bloques utilicen a doca. Esta opción é a que habilita a posibilidade de anclar un bloque nun lateral da ventana para que se comporte coma un menú (Botón anclar).
  • Elementos do menú personalizado. Neste cadro de texto podemos definir a estrucura dun menú con enlaces que leven de xeito directo a sitios concretos da aula virtual, como poderían ser categorías ou mesmo cursos. Cada liña representa un elemento do menú co seu título, a URL de destino e opcionalmente unha descripción; podemos utilizar guións (-) para definir submenús a varios niveis. No propio formulario de Moodle temos un exemplo.
  • Activar a detección de dispositivos. Se imos utilizar distintos temas en función do tipo de dispositivo desde o que se conecta o usuario, debemos ter activa esta opción.
  • Expresións regulares para a detección de dispositivos. Permite definir novos tipos de dispositivos ao selector de temas.

Selector de temas

Moodle 2.x permite a seleción dun tema distinto para visualizar a aula virtual en función do dispositivo desde o que se acceda. En principio define catro tipos de dispositivos, que vemos a continuación, pero é posible engadir novos tipos no formulario de configuración do tema que vimos no apartado anterior:

  • Default. PC de escritorio ou portátiles con navegadores actuais.
  • Legacy. Navegadores antigos (MS Internet Explorer 6)
  • Mobile. Teléfonos móbiles.
  • Tablet. Tabletas Android e iPad

Accedemos ao selector de temas na ruta Administración do sitio >> Apariencia >> Temas: Selector de temas. Donde teremos un formulario cos catro tipos de dispositivo anteriores.

Se para un tipo temos un tema elexido, veremos unha imaxe do mesmo, o nome e nalgúns casos información adicional.

En todo caso teremos un botón Cambiar o tema para elexir outro ou o primeiro se non tiñamos elexido ningún.

Excepto para o tipo Default, se temos un tema elexido, teremos ademáis un botón Tema anulado para deixar de ter un tema determinado para ese tipo de dispositivo.

Logo de elixir un tema distinto para un tipo de dispositivo, é posible que ese cambio non teña efecto inmediatamente debido a que a información está na caché e pode tardar en refrescarse. Para evitar este problema, dipoñemos ao principio do botón Limpar a caché de temas que provocará que os cambios se apliquen inmediatamente.

Configuración dun tema concreto

Os temas de Moodle 2.x permiten a personalización de vários parámetros. Para acceder a configuración de cada tema iremos a Administración do sitio >> Apariencia >> Temas e ahí pincharemos no enlace do tema que queremos configurar, por exemplo o tema Clean:

Imaxe de logotipo:

Moitas das plantillas de Moodle 2.x permiten incorporar unha imaxe de logotipo, cousa que non permitían as de Moodle 1.x

Para engadir un logotipo á unha plantilla na nosa aula virtual simplemente hai que ir a configuración desa plantilla e engadir o ficheiro coa imaxe de logotipo lo apartado Logo. Para facelo, simplemente temos que arrastrar o ficheiro desde unha ventana do explorador de ficheiros do noso ordenador ao cadro que aparece baixo a etiqueta Logo.

Última modificación: Xoves, 24 de Novembro do 2016, 09:17