Publicacion de imaxes en álbums públicos

Publicacion de imaxes en álbums públicos

Os álbums públicos son creados polos administradores e ubicados en diferentes categorías.

Para este curso está creada unha categoría chamada "Centro 79" onde aparece un álbum chamada "Álbum común". Os usuarios rexistrados poderán publicar imaxes nos álbumes públicos nos que os administradores lles teñan concedido permiso. Neste caso sí poderán publicar no "Albúm común".

A modo de exemplo, na galería de imaxes do curso tamén existe un álbum público na categoría "Centro 79" chamado "Álbum público" no cal os alumnos deste curso non poderán publicar imaxes xa que non contan co permiso correspondente.

Deste xeito, na galería do "Centro 79" teremos o seguinte:

  • Categoría: Centro 79
    • Álbum común (os alumnos SI teñen permiso para publicar)
    • Álbum público (os alumnos NON teñen permiso para publicar)

No seguinte capítulo veremos que tamén existe a posibilidade de que cada usuario teña o seu álbum privado.

Enviar foto

Para enviar unha fotografía a un álbum común realizaremos as seguintes accións: en primeiro lugar teremos que premer sobre o enlace "Enviar foto". A continuación presentarásenos un formularios con dúas zonas:

  • Envío de arquivos: esta opción é a máis recomendada, xa que se trata de enviar os arquivos de imaxe que teremos no noso equipo para que queden publicados permanentemente na web da Galería de imaxes.
  • Envío de URI/URL: este outro método permítenos referenciar as imaxes que xa están publicadas nalgún outro sitio en Internet. O problema pode vir cando o autor da imaxe decida quitala da Internet; nese momento tamén desaparecerá da nosa galería.

Enviar foto

Para subir arquivos dispoñemos de cinco casillas que nos permiten navegar polo noso equipo e localizar os cinco ficheiros (imaxes) que desexemos subir á galería. Hai que ter en conta que, por defecto, este envío de arquivos está limitado a un tamaño de 1024 KB cada un. O número de caixas pode ser variado polos administrdores da galería. Non é necesario enviar cinco imaxes, senón que podemos enviar simultáneamente desde 1 ata 5.

Cando teñamos as imaxes localizadas para subir, prememos sobre o botón "Continuar". Este proceso de subida pode tardar máis ou menos dependendo de factores como a velocidade de conexión, o tamaño dos arquivos...

Ao finalizar a carga, aparecerá unha mensaxe indicándonos o número de envíos realizados con éxito (ou a mensaxe de erro correspondente).

Envios realizados

Prememos sobre o botón "Continuar" para completar o proceso acto seguido aparece unha táboa con información da imaxe subida así como un formulario para completar a ubicación e descrición da imaxe.

Envío da foto

Na sección de "album" teremos un despregable que nos amosa as diferentes categorías e álbumes onde temos permiso para publicar a imaxe subida. Neste caso imos a publicala no "Álbum común".

Selección do álbum de destino

Continuamos completando o resto de datos que nos pide o formulario. É importante cubrir todos estes campos si despois queremos aproveitar a potencialidade da ferramenta da Galería de imaxes por completo. Por exemplo, si cubrimos o apartado de Palabras-Chave, despois os visitantes da galería poderán atopar a nosa imaxe a través da busca realizada empregando calquera das palabras-chave que nós asociemos a imaxe subida.

Foto con descrición

Prememos sobre o botón "Continuar". Agora, se temos subido varias imaxes (ata as cinco permitidas inicialmente) aparecerá a ficha da seguinte imaxe, e así ata completalas todas.

Rematada esta catolagación/clasificación, aparecerá unha mensaxe final.

Mensaxe final

Así, agora xa podemos ver a imaxe subida no álbum correspondente.

Imaxe publicada no álbum

Ollo! Na configuración que se envía por defecto aos centros as imaxes subidas non aparecen publicadas ata que os administradores as autorizan.


Última modificación: Mércores, 23 de Decembro do 2015, 10:06