Crear e Administrar os blogs en Drupal 6

7 Creación dun contido do tipo "Artigo de blogue" para o blog. Etiquetado do contido

Nos pasos 1 a 5 anteriores explicouse como configurar Drupal para definir blogs directamente no sitio web do centro educativo.

No paso 6 detallouse o proceso para engadir entradas nos blogs creados mediante contidos de tipo páxina co seu correspondente etiquetado.

Neste apartado analizarase o tipo de contido "Artigo do blogue" e a diferenza que supón crear entradas no blog mediante contidos de tipo "Artigo do blogue" ou de tipo "Páxina", se ben xa podemos anticipar que son moi similares.

Con un usuario pertencente ao rol "autor de blog", crear un contido de tipo "Artigo do blogue":

  • Engadir o título: "3ª entrada do blog de infantil"
  • Vocabulario: Blogs do centro, seleccionar "Blog de infantil".
  • En "Etiquetas dos blogs", introducir as seguintes etiquetas separadas por comas: "infantil, nadal 2016".
  • No corpo do documento: "Texto para a 3ª entrada do blog de infantil".

Observar que aparentemente todas as opcións son idénticas ás explicadas para o tipo de contido páxina, tal e como se pode apreciar na imaxe seguinte:

crear contido artigo do blogue no blog

ENTÓN... CAL E DIFERENZA?

Debemos ter en conta as seguintes cuestións:

  • Drupal xera de xeito automático un blog de carácter persoal para cada usuario. É dicir, todo usuario de Drupal ten inherentemente un blog asociado.
  • Neste blog de carácter persoal, só pode publicar o propio usuario.
  • A única posibilidade de publicar unha entrada no blog persoal de usuario é mediante o tipo de contido "Artigo do blogue".
  • Drupal xera automaticamente unha ruta para o blog persoal de cada usuario de acordo coa seguinte ruta: http://www.edu.xunta.gal/centros/nome-do-centro/blog/número-identificador-do-usuario. (Cada usuario en Drupal ten un identificador único na plataforma.  Trátase dun número natural que se vai incrementando a medida que se van definindo novos usuarios).
  • Unha vez publicado un contido do tipo "Artigo do blogue", ademais das etiquetas especificadas entre comas como xa se viu nos pasos anteriores crearase automaticamente un enlace denominado >> blogue de nome-usuario. 

publicacion dun artigo de blogue

  •  Premendo sobre o enlace >> blogue de nome-usuario accederase a todas as entradas do blog persoal do devandito usuario.

blogue de blogueiro

Así pois, a diferenza entre publicar contidos de tipo "Páxina" e contidos de tipo "Artigo de blogue" é que no segundo caso crearase automaticamente un enlace que levará ao blog persoal do usuario, onde se poderán consultar todas as entradas publicadas por dito usuario.

NOTA: Mediante o módulo Themekey é posible asignar un tema ou plantilla diferente para amosar as entradas do blog persoal de cada usuario. A regra a utilizar neste caso sería drupal:path = blog/número-identificador-do-usuario